Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Mércores, 16 de agosto de 2000 Páx. 11.985

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

ANUNCIO de concurso para a venda de parcelas do parque empresarial de Bóveda (fases 1ª e 2ª).

A resolución pola que se fixan os criterios de alleamento e demais documentación poderá ser examinada nas oficinas de Xestión Urbanística de Lugo, S.A. (Xestur-Lugo), sita en na praza de Sto. Domingo, nº 6-5º de Lugo, nas horas de 10 a 14, de luns a venres.

O prazo de presentación de proposicións para participar no concurso é de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio, no Diario Oficial de Galicia, podendo facerse a presentación nas citadas oficinas de Xestur-Lugo, ata as 14 horas do último día do prazo, ou o inmediato hábil seguinte se o vixésimo día natural cae en sábado, domingo ou festivo.

A apertura das proposicións realizarase ás 14 horas, na sala de xuntas de Xestur-Lugo o terceiro día hábil seguinte (excepto sábados), contado desde o último para a presentación das proposicións.

Lugo, 8 de agosto de 2000.

Antonio Boné Pina

Delegado provincial de Lugo