Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Mércores, 16 de agosto de 2000 Páx. 11.968

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á corrección de erros nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativa á categoría 16 do grupo IV (conductor/a) (lista B) publicada por Resolución do 27 de xuño de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 132, do 7 de xullo).

Advertidos erros materiais nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativas á categoría 16 do grupo IV (conductor/a) (lista B) publicada por Resolución do 27 de xuño de 2000 (Diario Oficial de Galicia nº 132, do 7 de xullo), esta dirección xeral, en aplicación do establecido no artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

RESOLVE:

Publica-la rectificación dos erros materiais indicados no sentido de:

Incluír a Carlos Sánchez Pazos, con DNI nº 76.575.241, no ámbito xeográfico D2700 no número de orde 39 cunha puntuación de 1,010 puntos.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores na lista correspondente.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública