Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Mércores, 16 de agosto de 2000 Páx. 11.954

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emplazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo procedemento abreviado 93/2000, interposto por Luz Hermilla Porto.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu no Xulgado do Contencioso-Administrativo número dous da Coruña providencia pola que se admite a trámite a demanda correspondente ó recurso contencioso-administrativo procedemento abreviado 93/2000, interposto por Luz Hermilla Porto contra a Orde do 1 de decembro de 1999, pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia (DOG nº 235, do 7 de decembro).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ó referido xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, e emprázanse para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número dous da Coruña no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública