Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 14 de agosto de 2000 Páx. 11.937

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 4 de xullo de 2000, do Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 426/1999 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que se citan a continuación a apertura dos expedientes instruídos por infraccións da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia (DOG nº 210, do 31 de outubro).

Nº de expediente: 426/1999.

Denunciado: José Brandariz Soto.

Enderezo: Moscova, s/n, Santiago de Compostela (A Coruña).

Nº de expediente: 480/1999.

Denunciada: Mª Deolinda Albán Outeiro.

Enderezo: Iglesia, Teis, 75, 36205, Vigo (Pontevedra).

Nº de expediente: 53/2000.

Denunciado Tecno Fish, S.L

Enderezo: rúa Gregorio Espino, 19, 36205 Vigo (Pontevedra).

Os ditos interesados dispoñen dun prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da publicación deste edicto para poderen examina-los expedientes no Servicio de Estradas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda (rúa Said Armesto, 1, Pontevedra) e presentar ante o citado servicio as alegacións que consideren pertinentes.

Pontevedra, 4 de xullo de 2000.

Fausto Núñez Vilar

Xefe do Servicio Provincial de Estradas

de Pontevedra