Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 14 de agosto de 2000 Páx. 11.936

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2000 polo que se acorda o sinalamento para a celebración dunha poxa de bens mobles.

Autorizada por acordo desta dirección xeral, con data do 21 de xuño de 2000, o alleamento en pública poxa dos bens mobles embargados no procedemento de constrinximento pola zona de recadación de Lugo como da propiedade do debedor Oliva Fernández Monasterio, NIF 33798639-R, que a continuación se describen:

Lote 1:

Furgoneta marca Seat, modelo Terra, gasolina, matrícula LU-6621-K, bastidor VSS024AZ009124177 año de matriculación 1989.

Tipo: 80.000 ptas.

E, de conformidade coa competencia atribuída polo artigo 7.1º f) do Decreto 51/2000, do 25 de febreiro, polo que se establece a organización recadatoria da Xunta de Galicia e o Estatuto dos recadadores de zona,

DISPOÑO:

Que o día 4 de setembro de 2000 ás 10.30 horas, no salón de actos do Edificio Administrativo Múltiple Ronda da Muralla, 70, baixo a presidencia do delegado territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo, se celebre a dita poxa.

Así mesmo, e en cumprimento do disposto no artigo 146 do Regulamento xeral de recadación, faise consta-lo seguinte:

1. Que o dito ben se encontra, para o seu exame, depositado en Paco Méndez, S.L. con domicilio en Rúa da Industria, 87-88, Polígono do Ceao. Lugo.

2. Que obra en poder da zona de recadación de Lugo o expediente de constrinximento no que consta

a titularidade dos bens poxados e o estado das súas cargas e gravames, onde poden ser examinados, debendo conformarse con eles, sen ter dereito a esixir outros, e que as cargas e gravames preferentes, se os houbese, ó crédito dos executantes, continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda obrigado nas responsabilidades destes, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

3. Que todo licitador deberá constituír ante a mesa de poxa o preceptivo depósito de garantía, que será polo menos do 20 por 100 do tipo daquela, coa advertencia de que o dito depósito se ingresará en firme no Tesouro se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, sen prexuízo das responsabilidades en que incorrerán polos maiores prexuízos que sobre o importe orixine a inefectividade da adxudicación.

4. Que a poxa se suspenderá en calquera momento anterior á adxudicación de bens, se se fai o pago da débeda, xuros e custas do procedemento.

5. Que o rematante ten a obriga de entregar no acto da adxudicación ou dentro dos cinco días seguintes a diferencia entre o depósito constituído e o prezo de adxudicación.

6. Que se admitirán ofertas en sobre pechado, debendo axustarse ó disposto no punto 3 do artigo 147 do Regulamento xeral de recadación.

7. Que se realizará unha segunda licitación cando a mesa, ó remata-la primeira, o xulgue pertinente, así como que se poderá realiza-lla súa adxudicación directa cando os bens non fosen adxudicados na poxa.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2000.

María Casais Mira

Directora de xeral de Tributos