Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 14 de agosto de 2000 Páx. 11.936

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2000 polo que se acorda o sinalamento para a celebración dunha poxa de bens inmobles.

Autorizada por acordo desta dirección xeral, de data do 30 de maio de 2000, o alleamento en pública poxa dos bens inmobles embargados no procedemento de constrinximento pola zona de recadación de Lugo como da propiedade do debedor John Martínez NIF X-0749105-H, que a continuación se describen:

Lote 1:

Praza de garaxe sinalada co nº 5 (superficie aproximada 9,9 m) e rocho sinalado co nº 13 (superficie 2,61 m) sitos no soto da casa nº 69-71 da vivenda Montero Ríos-Lugo.

1/19 Parte indivisa do predio 79.231, folio 78, libro tomo 1.224, inscrición 3ª.

Tipo: 1.087.380 ptas.

E, de conformidade coa competencia atribuída polo artigo 7.1º f) do Decreto 51/2000, do 25 de febreiro, polo que se establece a organización recadatoria da Xunta de Galicia e o Estatuto dos recadadores de zona,

DISPOÑO:

Que o día 4 de setembro de 2000 ás 9.30 horas, no salón de actos do Edificio Administrativo múltiple Ronda da Muralla, 70, baixo a presidencia do delegado territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo, se celebre a dita poxa.

Así mesmo, e en cumprimento do disposto no artigo 146 do Regulamento xeral de recadación, faise consta-lo seguinte:

1. Que obra en poder da zona de recadación de Lugo o expediente de constrinximento no que consta a titularidade dos bens poxados e o estado das súas cargas e gravames, onde poden ser examinados, debendo conformarse con eles, sen ter dereito a esixir outros, e que as cargas e gravames preferentes, se os houbese, ó crédito dos executantes, continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda obrigado nas responsabilidades destes, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

2. Que todo licitador deberá constituír ante a mesa de poxa o preceptivo depósito de garantía, que será polo menos do 20 por 100 do tipo daquela, coa advertencia de que o dito depósito se ingresará en firme no Tesouro se os adxudicatarios non satisfan o prezo do remate, sen prexuízo das responsabilidades en que incorrerán polos maiores prexuízos que sobre o importe orixine a inefectividade da adxudicación.

3. Que a poxa se suspenderá en calquera momento anterior á adxudicación de bens, se se fai o pagamento da débeda, xuros e custas do procedemento.

4. Que o rematante ten a obriga de entregar no acto da adxudicación ou dentro dos cinco días seguintes a diferencia entre o depósito constituído e o prezo de adxudicación.

5. Que se admitirán ofertas en sobre pechado, debendo axustarse ó disposto no punto 3 do artigo 147 do Regulamento xeral de recadación.

6. Que se realizará unha segunda licitación cando a mesa, ó remata-la primeira, o xulgue pertinente, así como que se poderá realiza-la súa adxudicación directa cando os bens non fosen adxudicados na poxa.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2000.

María Casais Mira

Directora de xeral de Tributos