Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 14 de agosto de 2000 Páx. 11.926

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 11 de xullo de 2000 pola que se declara de interese galego a Fundación Progreso. Amigos da Escola Pública e se inscribe no Rexistro Auxiliar de Fundacións deste protectorado.

Visto o expediente tramitado por instancia da Fundación Progreso. Amigos da Escola Pública para a súa declaración de interese galego e a conseguinte inscrición no Rexistro de Fundacións da Xunta de Galicia.

Resultando que a Consellería da Presidencia e Administración Pública, pola súa Orde do 27 de

abril de 2000 (DOG do 8 de maio), clasificou como benéfico-docente á citada fundación e adscribiuna á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Vista a Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da Lei 7/1983; así como o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, aprobado por Decreto 248/1992, do 18 de xuño, e as demais disposicións de xeral e pertinente aplicación, e máis concretamente as normas básicas contidas na Lei 30/1994, do 24 de novembro, de fundacións e de incentivos fiscais á participación privada en actividades de interese xeral.

Considerando que a correspondente escritura fundacional e de aprobación dos estatutos, son conformes co establecido nos artigos 5, 6 e 7 da Lei 7/1983, do 22 de xuño (DOG nº 89, do 20 de xullo), e coas demais disposicións aplicables.

Considerando que os fins e demais elementos organizativos da Fundación Progreso. Amigos da Escola Pública cumpren cos requisitos e condicións sinalados nos artigos 1 e 13 da mencionada Lei 11/1991, (DOG nº 219, do 12 de novembro), para a súa declaración de interese galego, así como coas condicións básicas determinadas na devandita Lei 30/1994.

Considerando que o presente expediente o promoveron persoas lexitimadas para iso, e que na súa tramitación se cumpriron os requisitos legais e regulamentarios esixidos, tanto pola lexislación autonómica en materia de fundacións de interese galego como polas normas básicas establecidas na Lei 30/1994.

Esta consellería, consonte o disposto no artigo 32.3º do devandito regulamento, logo do informe da asesoría xurídica deste departamento

RESOLVE:

Primeiro.-Declarar de interese galego a Fundación Progreso. Amigos da Escola Pública coa conseguinte aprobación dos seus estatutos e dos demais aspectos recollidos na orde de clasificación publicada no DOG do 8 de maio de 2000.

Segundo.-Ordena-la súa inscrición no Rexistro Auxiliar de Fundacións deste protectorado, logo da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia; tendo esta publicación e inscrición o carácter constitutivo que determinan os artigos 33.3º do Decreto 248/1992 e o 8 da Lei 7/1983, así como o artigo 3 da referida Lei 30/1994.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e

Ordenación Universitaria