Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 10 de agosto de 2000 Páx. 11.880

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO do 27 de xullo de 2000 polo que se fai público o acordo de nomeamento de secretarías en réxime de provisión temporal de diversos órganos xudiciais de Galicia.

En cumprimento do acordo adoptado no día de hoxe dimanante de comunicación da Xerencia Territorial do Ministerio de Xustiza en Galicia, sobre nomeamentos de secretarias en réxime de provisión temporal, que literalmente di:

«Data do 20 de xullo de 2000 -Ministerio de Xustiza. Xerencia Territorial de Galicia. n/ref. Secretario deprovisión temporal. Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Pazo da Audiencia r/ Capitán Juan Varela s/n -A Coruña. Confírmase o acordo da sala de goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con data do 14-7-2000, polo cal se nomea secretarios en réxime de provisión temporal. Esta xerencia territorial no uso das atribucións que lle confire a O.M. do 26 de xuño de 1991 (BOE 28 de xuño) e de conformidade co previsto no artigo 38 do Real decreto 429/1988, do 29 de abril, polo que se aproba o Regulamento do corpo de secretarios xudiciais:

Provincia de Lugo

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Mondoñedo: Ana Rodríguez Puga.

Provincia de Ourense

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Ribadavia: María Dolores Chapela Pérez.

Provincia de Pontevedra

Xulgado de Primeira Insancia e Instrucción número dous de Ponteareas: Carolina Elvira Vázquez Fernández.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Relacións coa Administración de Xustiza. O cal comunico para o seu coñecemento e demais efectos. Manuel Olmo Peláez, secretario territorial. Rubricado. Hai un carimbo da xerencia territorial».

Asimesmo faise constar que contra o acordo dos ditos nomeamentos efectuados pola sala de goberno do 14-7-2000, cabe interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Relacións coa Administración de Xustiza, no prazo dun mes, a partir da publicación da presente no Diario Oficial de Galicia, pregándolle envía a este presidencia un exemplar do mesmo no que se faga, para a súa constancia no expediente.

A Coruña, 27 de xullo de 2000.

Jesús Souto Prieto

Presidente