Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 10 de agosto de 2000 Páx. 11.880

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TRAZO

ANUNCIO.

No BOP da Coruña número 172, do 28 de xullo de 2000, aparece publicado o texto íntegro do acordo do pleno municipal do 17 de xuño, de aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal, así como o contido da normativa urbanística do referido plan.

O que se fai público para os efectos oportunos, facendo constar que este acordo pon fin á vía administrativa e que, en contra del se pode interpoñer potestativamente o recurso de reposición ante o pleno municipal, no prazo dun mes, como trámite previo ó contencioso-administrativo, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, todo isto de conformidade co disposto no artigo 52 da Lei 7/1985, 116 e 117 da Lei 4/1999 da Lei 29/1999 e 46 da Lei 29/1998 e demais lexislación concordante, sen prexuízo de que se poida utilizar calquera outro recurso que os interesados consideren pertinente.

Coa publicación deste anuncio no BOP da Coruña e no DOG, queda cumprida a esixencia do artigo 59.3º a) da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.

Trazo, 31 de xullo de 2000.

Jesús Dubra Rama

Alcalde