Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 10 de agosto de 2000 Páx. 11.879

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de urbanización parcial do Camiño Vello de Castela.

A Comisión de Goberno, en sesión do 24 de xullo de 2000, prestou aprobación, con carácter inicial, ó proxecto de urbanización parcial do Camiño Vello de Castela, formulado por Priseca, Sociedad Limitada e subscrito polos arquitectos Eugenio Jiménez Passolas e Gustavo Pérez Álvarez, visado pola delegación de Pontevedra do COAG con data do 6-9-1999, coa finalidade de levar á práctica as determinacións de urbanización do Plan xeral de ordenación urbana, fronte á parcela desta sociedade situada con fronte á curva do trazado do camiño vello de Castela, dispoñéndose o seu sometemento a información pública.

Durante o prazo dun mes contado a partir da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examina-lo expediente no Servicio Municipal de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico (rúa Churruchaos), e formula-las alegacións e xustificacións que estime procedentes.

Pontevedra, 28 de xullo de 2000.

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo e Medio Ambiente

Julio Dapena Outumuro

Secretario xeral