Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 10 de agosto de 2000 Páx. 11.879

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEDEUME

ANUNCIO.

Aprobada inicialmente polo pleno municipal, en sesión do 29 de xuño de 2000, a modificación puntual das normas subsidiarias do planeamento municipal, sométese a información pública polo prazo dun mes, contado a partir da inserción deste anuncio no DOG; durante tal prazo calquera persoa física ou xurídica poderá examina-lo expediente nos servicios técnicos municipais, en horario de oficina, para formula-las alegacións ou observacións que coiden oportunas.

Na área que a seguir se indica, á que se contrae a modificación, queda suspendido o outorgamento de licencias, dado que as novas determiancións do planeamento supoñen modificación do réxime urbanístico vixente.

Concluencia de praza do Conde, rúa da Inmaculada, avda. do Torreón e avda. de Saavedra Meneses.

Pontedeume, 7 de xullo de 2000.

Belarmino Freire Bujía

Alcalde