Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 10 de agosto de 2000 Páx. 11.871

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 11 de xullo de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a incoación do expediente sancionador de incendios 375/2000-I relacionado no anexo e devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase á persoa que no anexo se menciona a incoación de expediente sancionador por presunta infracción á Lei sobre incendios forestais 81/1968, do 5 de decembro e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, en relación coa Resolución do 21-12-1998 (DOG nº 1, do 4-1-1999) da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, sobre medidas para a prevención de incendios forestais durante o ano 1999, por non ser posible a súa notificación polo servicio de correos.

Considerando que a resolución dictada polo conselleiro de Medio Ambiente no expediente nº 83/1999-I, seguido por estes mesmos feitos que declaraba a caducidade do procedemento sen prexuízo da procedencia de incoar un novo expediente polos mesmos feitos, ó non ter transcorrido o prazo establecido para a prescrición da infracción tal e como determina o artigo 132 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Noméase instructora do expediente a Míriam Areal López, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

O expediente tramitarase coa referencia nº 375/2000-I, incorporando a el os documentos que constan no expediente nº 83/1999-I na súa integridade.

Para os efectos previstos na lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta noficación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar e achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos.

De conformidade co artigo 42.4º, da Lei 30/1992, en relación coa Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, infórmase de que no caso de non resolve-lo presente expediente no prazo de seis meses, tendo en conta as posibles interrupcións do seu cómputo por causas imputables ó expedientado producirase a súa caducidade. A resolución que declare a caducidade ordenará o arquivo das actuacións cos efectos previstos no artigo 92 desta lei.

De non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, determinándose para estes efectos os importes da sancións indicados no anexo.

O expedientado ten dereito a coñecer, en calquera momento do procedemento, o estado de tramitación en que se encontra o expediente e a acceder a el e obter copias dos documentos ou das informacións incluídas nel, tralo pago das taxas correspondentes, polo que se pon de manifesto o expediente durante o mesmo prazo que se citou con anterioridade.

Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa o conselleiro de Medio Ambiente de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo na conta número 2091-0388-90-3110001181 de Caixa Galicia, empregando o impreso oficial que se facilitará na delegación provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia.

Ourense, 11 xullo de 2000.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: 375/2000-I.

Denunciado: Manuel Corral Naval.

DNI: 34.438.779.

Ultimo enderezo coñecido: Rúa Fonte do Monte, nº 9, Ourense.

Feito denunciado: queima sen autorización en época de máximo perigo sendo pastos das chamas sobre unha área de superficie arboreda con pinos entre 30 e 35 anos de idade, afectando coma danos nun poste do tendido eléctrico e un anaco de panal carbonizado dun avesporeiro.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 138 a) do Regulamento de 23 de decembro de 1972, en relación coa Resolución do 21 de decembro de 1998, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural sobre medidas para a prevención de incendios forestais durante o ano 1999.

Sanción: 100.000 ptas.