Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 10 de agosto de 2000 Páx. 11.862

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 28 de xuño de 2000, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación dos montes Forqueiros do Norte e outros, pertencentes á parroquia de Beluso (concello de Bueu).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día 27 de maio de 1998, acordou inicia-los trámites para a clasificación como veciñais en man común dos seguintes montes:

Concello: Bueu.

Parroquia: Beluso.

Nome do monte: Forqueiros do Norte parcela nº 1.B.103.

Lugar: Bon de Arriba.

Cabida: 800 m.

Estremas:

Norte: propiedades particulares (herdeiros de Massó).

Sur: estrada da Portela.

Leste: propiedades particulares.

Oeste: propiedade particular (nave industrial do polígono).

Descrición:

Para acceder a esta parcela pódese facer mediante a estrada que vai desde Beluso ó alto da Portela e xusto despois de pasar a entrada da Quinta de Massó, a man dereita, ó lado dunna nave industrial, esta parcela é moi pequena e composta por Eucaliptus globulus e silvas. Non se ofrecía ningún tipo de aproveitamento.

Nome do monte: Forqueiros do Sur parcela nº 1.B.102.

Lugar: Bon de Arriba.

Cabida: 600 m.

Estremas:

Norte: propiedad particular (herdeiros de Massó).

Sur: estrada da Portela.

Leste: propiedades particulares.

Oeste: estrada da Portela.

Descrición:

Esta parcela atópase a seguir da anterior, na mesma estrada. É unha tira de terreo moi estreita delimitada por un valo de pedra e a estrada. Atópase repoboada de eucaliptos. Tanto nesta parcela como na de Forqueiros do Norte non se ofrecía ningún tipo de aproveitamento por parte dos veciños.

Nome do monte: Rego de Auga parcela nº 1.B.105.

Lugar: Bon de Arriba.

Cabida: 2000 m.

Estremas:

Norte: propiedades particulares.

Sur: camiño de Castiñeiras.

Leste: camino comunal.

Oeste: propiedades particulares.

Descrición:

O seu nome vénlle dado porque hai un pequeno regato de auga que nace en Forqueiros do Norte. Atópase poboada de Eucaliptus globulus, non observando ningún aproveitamento por parte dos veciños. Atópase ben delimitada por pista e camiño veciñal.

Nome do monte: baixo Capela de Sanomedio parcela nº 1.B.100.

Lugar: Bon de Arriba.

Cabida: 1.000 m.

Estremas:

Norte: predios particulares.

Sur: predios particulares.

Leste: capela de Sanomedio.

Oeste: camiño veciñal.

Descrición:

Rodeada de casas, atópase no corazón de Sanomedio; lugar onde se realiza unha romaría facendo uso os veciños dela para este fin. A parcela atópase limpa de maleza e carente de arboredo.

Nome do monte: Borrallido parcela nº 1.B.009.

Lugar: Bon de Abaixo.

Cabida: esta parcela dá continuidade a outras tres: Braceira, Mareliña e Queimada sendo a superficie total de 33,5 ha.

Estremas:

Norte: propiedades particulares de: Isabel Portela Menduiña, Perfecto García Lemos, Manuel Quinteiro Paz e irmáns Cagide.

Sur: carreiro e terreos particulares pertencentes ó concello de Cangas (límite concellos).

Leste: polígono industrial e predios particulares de Manuel Casaleiro Pereira e Monte de Belén.

Oeste: parcelas de Braceira e Mareliña.

Descrición:

Pódese acceder a ela pola estrada que vai de Beluso ó alto da Portela; xusto onde está o polígono industrial entramos á dereita, onde hai un taller de reparación de barcos. Esta parcela está atravesada por un carreiro que tamén dá acceso a outras parcelas denominadas Braceira e Mareliña. Como especies arbóreas codominantes temos Pinus pinaster e Eucaliptus globulus. Como especies arbustivas hai toxos, fentos e silvas. Obsérvase un aproveitamento do matorreira por parte dos comuneiros.

Nome do monte: Braceira parcela nº 1.B.010.

Lugar: Bon de Abaixo.

Cabida: esta parcela está unida a outras tres denominadas Mareliña, Queimada e Borrallido, sendo a superficie total de 33,5 ha.

Estremas:

Norte: estrada que vai de Bon a Aldán e Cangas e predio particular de José Pazos González.

Leste: parcela de Borrallido e predios particulares de Josefa Comesaña Estévez e Antonio Molanes Ferradas.

Sur: marcos que delimitan o municipio de Bueu con Cangas.

Oeste: daría continuidade á parcela denominada Mareliña e a estrada de Bueu a Cangas por Aldán.

Descrición:

Ten varios accesos ben pola zona do polígono ou ben pola estrada de Aldán. É unha das parcelas máis grandes e está unida a Mareliña, Queimada e Borrallido. Ten grandes zonas desprovistas de arboredo e afloramentos rochosos. As zonas arborizadas están cubertas de Pinus pinaster e Eucaliptus globulus. Pódese observar un aproveitamento da matorreira por parte dos comuneiros.

Nome do monte: Mareliña parcela nº 1.B.008.

Lugar: Bon de Abaixo.

Cabida: unida a Borrallido, Braceira e Queimada fan un total de 33,5 ha.

Estremas:

Norte: estrada comarcal de Bon a Aldán.

Sur: marcos que delimitan os municipios de Bueu e Cangas.

Leste: un carreiro e a parcela de Borrallido.

Oeste: camiño rural, predios particulares de Josefa Ferradás Estévez, Antonio Molanes Ferradás, Manuel Estévez Masenlle e Antonio Troncoso, parcela Queimada e a estrada de Bueu a Cangas por Aldán.

Descrición:

Igual que a anterior, ten varios accesos desde a estrada comarcal (Bon-Aldán) ou desde as zonas altas pasando por Braceira. Ten como especies arbóreas Pinus pinaster e Eucaliptus globulus predominando este último nas zonas baixas mentres que, nas zonas altas temos afloramentos rochosos e zonas rasas con toxos. A parcela vese cortada pola estrada comarcal que pertence á ela pero que está moi perimetrada pola dita estrada na súa parte superior (sur) e por un camiño na súa parte inferior (norte) toda ela de Eucaliptus globulus.

Nome do monte: Queimada parcela nº 1.B.014.

Lugar: Bon de Abaixo.

Cabida: está unida a outras tres, formando todas elas un conxunto xa que, non existe no terreo ningunha líña que as delimite. O total é de 33,5 ha.

Estremas:

Norte: estrada comarcal de Bueu a Cangas por Aldán e predios particulares de irmáns de Camilo Fdez., Manuel Casaleiro Pereira e Agustina Estévez Martínez.

Leste: carreiro e predios particulares de Elvira Estévez Ferradás e outros.

Sur: marcos que delimitan os municipios de Bueu e Cangas e unha parcela dos irmáns de Luis Bolívar.

Oeste: estrada comarcal de Bueu a Cangas por Aldán a predio de José Estévez Portela.

Descrición:

Continúa coas mesmas características que as anteriores, con afloramentos rochosos na súa parte alta (máis cara ó oeste) con Pinus pinaster e Eucaliptus globulus como especies arbóreas e toxos e silvas como arbustivas. Ten unha pequena cuña da estrada cara abaixo (norte da parcela) no punto quilométrico 106 atopándose perimetrada por unha pista na súa parte inferior (norte). Obsérvase pouco aproveitamento por parte dos comuneiros, só nalgunha zonas de toxo e fentos.

Nome do monte: Lavandeira parcela nº 1.B.013.

Lugar: Bon de Abaixo.

Cabida: 1,6 ha.

Estremas:

Norte: marcado cun valo de pedra que separa os predios particulares de Jesús Malvido Menduíña e outros e un pequeno regato chamado Nocedo.

Sur: camiño de terra e valo de pedras de predios particulares de Argentina Estévez Pousa, José Estévez Ferradás, Marcelina Estévez e Dolores Estévez Pousa.

Leste: valo de pedra de predios particulares de Adela Santos Villar, Sara Estévez Estévez, irmáns de José Acuña e Juana Estévez Martínez.

Oeste: camiño de pedra e predios particulares de Amalia Acuña Carballo, Aurelia Cores Comesaña e Juana Comesaña Estévez.

Descrición:

Accédese pola estrada de Bueu a Cangas por Aldán (comarcal 550), pásase unha ponte sobre o río Nocedo e a uns 60 m á dereita, un camiño de terra que vai a dar a uns antigos muíños de auga. Atópase arborizada con Pinus pinaster. O único aproveitamento que se fai no monte é unha zona onde quitan pedra para cachotes. Esta parcela sufriu un pequeno incendio que afectou o 50% dela.

Nome do monte: Cidreiros parcela nº 1.B.011.

Lugar: Bon de Abaixo.

Cabida: 3,5 ha.

Estremas:

Norte: marcado cun valo de pedra que o separa dos predios particulares, sendo os propietarios Juan Menduiña Pastoriza e Marcelina Estévez Estévez.

Sur: marcos de predios particulares de Adolfo Ferradás Pastoriza e outros.

Leste: pequeno regato de auga e predios particulares de Marcelina Estévez Estévez, Manuel Estévez Ferradás, Dolores Estévez Pousa e Dorinda Estévez Pousa.

Oeste: valo de pedra de predios particulares de Rosario Muíños Martínez, José Ferradás Cerviño e irmáns de Camilo Fdez. Álvarez.

Descrición:

Accédese a ela a través dun camiño de carro que arranca da marxe dereita da estrada comarcal 550, uns 200 m antes de chegar ó límite co termo municipal de Cangas. Atópase repoboada de Eucaliptus globulus de curta idade (5-10 anos) e o resto é pedra e toxo. Non hai ningún tipo de aproveitamento por parte dos comuneiros.

Nome do monte: Borgán parcela nº 1.B.002.

Lugar: Bon de Abaixo.

Cabida: 1000 m.

Estremas:

Norte: predios particulares.

Sur: marcos que delimitan os municipios de Bueu e Cangas.

Leste: predios particulares.

Oeste: predios particulares.

Descrición:

Parcela moi pequena que se atopa cuberta na súa totalidade de Eucaliptus globulus como especie arbórea e toxos como especie arbustiva. Non se aprecia aproveitamento de ningún tipo.

Nome do monte: Catuxo parcela nº 1.B.012.

Lugar: Bon de Abaixo.

Cabida: 1,3 ha.

Estremas:

Norte: antigo camiño de carros e predios particulares de Josefa Comesaña Estévez e Marcelina Estévez Estévez.

Sur: propiedades particulares de Eligio Ferradás Cerviño e Manuel Pousa Estévez.

Leste: valo de pedra de predios particulares de Josefa Estévez Pousa e Agustín Otero Estévez.

Oeste: propiedades particulares de José Ferradás Cerviño e José Estévez Portela.

Descrición:

Ten unha pista de acceso rodeada de predios particulares e repoboada de Eucaliptus globulus de 5-10 anos. Na súa parte máis alta hai afloramentos rochosos. Non se observa ningún tipo de aproveitamento.

Nome do monte: Rebentóns parcela nº 1.B.015.

Lugar: Bon de Abaixo.

Cabida: 10 ha.

Estremas:

Norte: coa parcela Sobordomar e predios particulares de Aurelia Cores Comesaña, Josefa Comesaña Estévez e Lino Estévez Acuña.

Sur: marcos de límites de municipio entre Bueu e Cangas e predios particulares de José Estévez Portela e Benito Portela Menduiña.

Leste: propiedades particulares de Tomás Bolivar Massó.

Oeste: liña de costa xa que limita co mar.

Descrición:

Carece de arboredo xa que é todo un pedregal unido ó mar.

Nome do monte: Sobordomar parcela nº 1.B.0005.

Lugar: Bon de Abaixo.

Cabida: 5000 m.

Estremas:

Norte: propiedades particulares e a estrada que baixa ás praias da zona.

Sur: na parte máis suroeste limita coa parcela de Rebentóns e na parte sureste con propiedades particulares.

Leste: propiedades particulares e zona de construcción de chalés.

Oeste: liña de costa, xa que dá ó mar.

Descrición:

É unha tira moi estreita de terreo que discorre entre cantís rochosos. Non hai ningún tipo de especies arbóreas nin de aproveitamento por parte dos veciños.

Nome do monte: Baldío de Area de Bon parcela nº 1.B.001.

Lugar: Bon de Abaixo.

Cabida: 2000 m.

Estremas:

Norte: propiedades particulares.

Sur: liña de costas.

Leste: zona areosa de praia.

Oeste: zona areosa de praia.

Descrición:

Zona encravada na praia de Bon, terreo areoso no que se atopan seis Pinus pinaster.

Nome do monte: Robaleira parcela nº 1.B.078.

Lugar: Montemogos.

Cabida: 3,5 ha.

Estremas:

Norte: coa parcela Palancal e predios particulares dos irmáns de Rogelio Pastoriza Cabodevila, Emilio Camiña Pastoriza, Camilo Glez. Pastoriza e outros.

Sur: co mar (liña de costas).

Leste: propiedades particulares de Camilo Glez. Pastoriza, Ifigenia Molares Villaverde, irmáns de Herundina Pastoriza Pastoriza, irmáns de Benito

Regueira Pastoriza, Manuel Ferradás de la Torre e Aureliano Davila Davila.

Oeste: co mar e predios particulares de Camilo Glez. Pastoriza e irmáns de Rogelio Pastoriza Cabodevila.

Descrición:

Atópase unida ó mar. Carece de arboredo, sendo toda ela un pedregal. A única especie arbustiva é o toxo do que se aproveitan os veciños.

Nome do monte: Palancal parcela nº 1.B.075.

Lugar: Montemogos.

Cabida: 4,5 ha.

Estremas:

Norte: coa parcela de Lagos de Abaixo e o camiño veciñal de Lago á Portela. Logo temos predios particulares propiedade de Enriqueta Glez. Pousa, un camiño e o predio de Teresa Glez. Soliño, Carmen Pastoriza Seijas e Rogelio Pastoriza Gestido.

Sur: mar (liña de costas) e a parcela de Robaleira.

Leste: predios particulares de José Barreiro Piñeiro, Rogelio Pastoriza Gestido, Carmen Ríos, Francisco Piñeiro Docampo e José Graña Novas.

Oeste: mar (liña de costas).

Descrición:

Ten as mesmas características que a parcela anterior, é dicir, pedregal e toxo. Perde continuidade coa anterior de Robaleira porque en medio hai catro predios particulares.

Nome do monte: Lagos de Abaixo parcela nº 1.B.064.

Lugar: Montemogos.

Cabida: 1,5 ha.

Estremas:

Norte: estrada que vai ás praias da zona, propiedades particulares da familia Massó e praia de Lagos.

Sur: propiedades particulares que a separan da parcela Palancal; as ditas propiedades son de Enriqueta Glez. Pousa, Carmen Pastoriza Seijas e Rogelio Pastoriza Gestido.

Leste: estrada que vai ás praias.

Oeste: mar (liña de costa).

Descrición:

É a máis pequena das tres. Está encravada nunha zona de praias cuns vintetrés Pinus pinaster. O aproveitamento que fan os veciños é o de ir á praia.

Nome do monte: Esquina de Pezós parcela nº 1.B.059.

Lugar: Montemogos.

Cabida: 150 m.

Estremas:

Norte: propiedades particulares.

Sur: estrada asfaltada que vai ás praias da zona.

Leste: propiedades particulares.

Oeste: valo de pedra de propiedades particulares.

Descrición:

Non se ve ningún tipo de aproveitamento por parte dos comuneiros. Como especies arbóreas hai vinteseis Pinus pinaster e como especies arbustivas máis destacables, silvas.

Nome do monte: Lagos de Riba parcela nº 1.B.065.

Lugar: Montemogos.

Cabida: 2.000 m.

Estremas:

Norte: estrada de Beluso que vai ás praias e propiedades particulares da familia Massó.

Sur: propiedades particulares.

Leste: propiedades particulares de familia Massó.

Oeste: propiedades particulares.

Descrición:

Atópase á esquerda da estrada que baixa á praia de Lagos; é moi pequena, conta con tres Pinus pinaster e un Eucaliptus globulus e como especies arbustivas, silvas. Non hai ningún tipo de aproveitamento.

Nome do monte: Escadiña parcela nº 1.B.070.

Lugar: Montemogos.

Cabida: 6,5 ha.

Estremas:

Norte: coa parcela Puxo e propiedades particulares de Eloy Pastoriza Novas, irmáns de José Pastoriza Ferradás, José Regueira Otero, irmáns de José de la Torre, Carmen Pastoriza Seijas e Marcelino Muíños.

Sur: coa parcela denominada Cabrafigo e propiedades particulares de irmáns de Francisco Seijas e irmáns de Ramón Pastoriza.

Leste: propiedades particulares de Juana Estévez Ferradás, irmáns de Manuel Pastoriza, José Regueira Estévez e irmáns de Aurora Fariña Ferradás.

Oeste: con carreiro e mar (liña de costa).

Descrición:

Zona rochosa pegada á praia na que temos Pinus pinaster e toxos. Pódese apreciar nalgunha zonas cortas de esquilmo por parte dos comuneiros.

Nome do monte: Brazás parcela número 1.B.075/067/068.

Lugar: Montemogos.

Cabida: 1 ha.

Estremas:

Norte: propiedades particulares de Antonio Torres Vizoso, Rosario Soliño Martinez, Silvestre Glez. López e Teresa Glez. Soliño.

Sur: coa parcela Cabrafigo.

Leste: coa parcela Pezós e propiedades particulares de Camilo Glez. Pastoriza, Francisco Regueira Ferradás e Rosario Soliño Martínez.

Oeste: carreiro que vai á praia de Lagos e ás propiedades particulares de Camilo Glez. Pastoriza e Dolores Cabral Estévez.

Descrición:

Atópase unida ás parcelas Cabrafigo e Pezós formando un couto cerrado onde podemos encontrar Pinus pinaster, Eucaliptus globulus, silvas e fentos. Obsérvase unha corta de esquilmo por parte dos comuneiros.

Nome do monte: Cabrafigo parcela nº 1.B.068.

Lugar: Montemogos.

Cabida: 4 ha.

Estremas:

Norte: coa parcela de Brazós e un carreiro que a separa das propiedades particulares de José Regueira Estévez, Juana Estévez Ferradás e Josefa Novas Novas.

Sur: coa parcela Pezós.

Leste: coa parcela Pezós e a propiedade de irmáns de Joaquín Buch.

Oeste: carreiro que vai á praia de Lagos e que serve para separa-las propiedades particulares de Catalina Cabral Estévez, Rosario Soliño Martínez, Rosa Magdalena Pastoriza, Francisco Torres e outros.

Descrición:

Poboada de Eucaliptus globulus e Pinus pinaster. Obsérvase unha corta de esquilmo por parte dos veciños da zona.

Nome do monte: Pezós parcela nº 1.B.075.

Lugar: Montemogos.

Cabida: 2 ha.

Estremas:

Norte: coa parcela de Cabrafigo.

Sur: estrada que vai de Lagos a Portela.

Leste: propiedades particulares de irmáns de Joaquín Buch Carsi.

Oeste: carreiro que vai á praia de Lagos, parcela de Cabrafigo e predios particulares de José María e Antonio Massó García, Dolores Cabral Estévez, Camilo Glez. Pastoriza e María Lamosa Ríos.

Descrición:

Ten as mesmas características que as dúas anteriores xa que está nun mesmo couto cerrado onde

atopamos Pinus pinaster e Eucaliptus globulus. Hai cortas de esquilmo por parte dos veciños.

Nome do monte: Ferrada parcela nº 1.B.075.

Lugar: Montemogos.

Cabida: 3.000 m.

Estremas:

Norte: propiedades particulares de Manuel Otero Cerviño, Antonio Fiel Pérez, Carmen Pastoriza Seijas e outros.

Sur: propiedades particulares de José María e Antonio Massó García.

Leste: carreiro e propiedades particulares de Ramón Corredoiro Rey, José María e Antonio Massó García.

Oeste: propiedades particulares de Ramón Glez. Soliño e praia de Lagos.

Descrición:

Ten dous carreiros que a atravesan servindo de paso ás propiedades e de acceso á praia. Hai poucos pés de Eucaliptus globulus. O único servicio que ten a comunidade é que serve de paso ós transeúntes que van ás leiras e á praia.

Nome do monte: Monte Udra parcela nº 1.B.117.

Lugar: A Rosa.

Cabida: 53 ha.

Estremas:

Norte: co mar (límite de costas) e propiedades particulares de irmáns de Teresa Novas Seijo, Adolfo Mundín García e outros.

Sur: co mar (liña de costa).

Leste: coa praia (liña de costas) e propiedades particulares de Carmen de la Rúa Catani; un camiño que leva ás baterías do Exército e propiedades de Anselmo Pastoriza Martínez; un camiño rural que leva a Sar e separa a parcela das propiedades de Adolfo Mundín e outros.

Oeste: co mar (liña de costa) onde se atopan as baterías do Exército de punta Udra.

Descrición:

Atópase na parte máis noroeste de Bueu, sendo de extensión considerable. Accédese polo camiño veciñal asfaltado que arranca da estrada comarcal 550 no lugar de Montemogos (Beluso) no que se sitúa unha batería de costas. Dentro da parcela hai un núcleo de propiedades particulares perimetradas por marcos de pedra, o que permite localizalas perfectamente. Estas parcelas atópanse moi próximas ó campo de fútbol. Toda a zona é rochosa con tan só un 2% de Pinus pinaster e un 5% de Eucaliptus globulus, sendo a matorreira máis representativa o toxo. Pódese observar unha corta de esquilmo nas zonas máis chás.

Nome do monte: Pedrón e Punta de Pedrón parcela nº 1.B.118/120.

Lugar: A Rosa.

Cabida: 5.000 m.

Estremas:

Norte: co mar (liña de costa).

Sur: coa praia (liña de costa).

Leste: mar (liña de costa).

Oeste: propiedades particulares de Carmen de la Rúa Catani, Anselmo Pastoriza Martínez, Adolfo Mandín e outros.

Descrición:

Zona rochosa pegada ó mar con algúns Pinus pinaster e Eucaliptus globulus. Non hai ningún tipo de aproveitamento.

Nome do monte: Poleiro parcela nº 1.B.119.

Lugar: A Rosa.

Cabida: 2.400 m.

Estremas:

Norte: propiedades particulares de Anselmo Pastoriza Martínez, Adolfo Mundín e outros e estrada asfaltada que vai a Udra.

Sur: propiedades particulares.

Leste: propiedades particulares.

Oeste: parcela de Udra.

Descrición:

De reducida superficie atópase pegada á parcela de Udra na súa parte oeste, polo que poderíamos considerala parte dela.

Nome do monte: Cabreira parcela nº 1.B.114.

Lugar: A Rosa.

Cabida: 1,5 ha.

Estremas:

Norte: estrada asfaltada que baixa a Udra e que leva ás baterías militares, predios de María Ferradás Pastoriza e Juana Ferradás Estévez.

Leste: propiedades particulares de irmáns de Teresa Novas Seijo, Joaquín Novas Seijo e outros

Sur: pista de acceso á parcela Udra separándoa das propiedades particulares de irmáns de Tomás Glez., Carmen Rey Martínez e outros.

Oeste: camiño a Udra e parcela de Udra; propiedades particulares de Pedro Pastoriza Piñeiro, Carmen de la Rúa e outros.

Descrición:

Mogote con moita pedra, un 20% de Pinus pinaster e un 30 % de Eucaliptus globulus. Non se observa ningún tipo de aproveitamento ou corta de esquilmo por parte dos veciños.

Nome do monte: Puxo parcela nº 1.B.116.

Lugar: A Rosa.

Cabida: 2 ha.

Estremas:

Norte: propiedades particulares cerradas cun valo de formigón e partes metálicas de Carmen de la Rúa Catani, Elena Piñeiro Gandán, José Regueira Estévez e outros.

Sur: propiedades particulares de irmáns de José Pastoriza Ferradás, Antonio Torres Vizoso, Manuel Seijas e un pequeno estanque coñecido como Veliñas.

Leste: pista de pedras e propiedades de Plácido Fdez. Rguez., Rosa Ramos Pérez, Maximino Otero Troncoso, Rosario Soliño Martínez, José Magdaleno Pastoriza, Raimundo Pastoriza García, Joaquín Martínez Soliño e outros.

Oeste: co mar (límite de costa).

Descrición:

Zona pegada ó mar con moita pedra e ninguna especie arbórea. Como especie arbustiva máis representativa hai toxo, con cortas de esquilmo por parte dos comuneiros. Como dato destacable, unha pequena parcela duns 1.200 m que se atopa encravada case no medio da dita parcela.

Nome do monte: Sobrante de Mourisca parcela nº 1.B.121.

Lugar: de Sar.

Cabida: 300 m.

Estremas:

Norte: pista asfaltada que baixa á praia de Mourisca.

Sur: propiedades particulares.

Leste: propiedades particulares e praia de Mourisca.

Oeste: pista que baixa á praia de Mourisca e zona de aparcadoiros.

Descrición:

Zona areosa na que se atopan oito Pinus pinaster; na súa parte sur hai unha rampla de acceso a unha propiedade particular.

Nome do monte: Canizo Grande e Pequeno parcela nº 1.B.115/091.

Lugar: A Rosa.

Cabida: 2.000 m.

Estremas:

Norte: un camiño.

Leste: un camiño.

Sur: estrada asfaltada.

Oeste: propiedades particulares.

Descrición:

Zona na que se realizan verteduras incontroladas. Actualmente atópase limpa e con terra de recheo.

Nome do monte: Esquina de Novas parcela nº 1.B.112.

Lugar: A Rosa.

Cabida: 400 m.

Estremas:

Norte: carreiro.

Sur: estrada asfaltada que baixa a Udra.

Leste: propiedades particulares.

Oeste: camiño vecinal.

Descrición:

Antiga zona de verteduras. Na actualidade atópase limpa. Está carente de arboredo.

Nome do monte: Monte de Vela parcela nº 1.B.092.

Lugar: A Rosa.

Cabida: 2,2 ha.

Estremas:

Norte: propiedades particulares de Juan Estévez e outros.

Sur: propiedades particulares de Bernarda Otero e outros.

Leste: coa parcela denominada Fariño e propiedades particulares.

Oeste: propiedades particulares.

Descrición:

Atópase moi ben delimitada xa que na súa parte baixa ten unha pista e marcos e, na súa parte alta, propiedades particulares con parte de formigón. Nela atopamos Pinus pinaster e obsérvase un aproveitamento do matorreira por parte dos veciños.

Nome do monte: Fariño parcela nº 1.B.071.

Lugar: Montemogos.

Cabida: 6.500 m.

Estremas:

Norte: propiedades particulares de Ramón Seijas Camiña, Julia Seijas, irmáns de Antonio Seijas, Carmen Pastoriza Seijas, Manuel Seijas Martínez e outros.

Sur: propiedades particulares de Dolores Cabral Estévez e Lino Pérez Paz.

Leste: propiedades particulares de Manuel Seijas Martínez, Rogelio Pastoriza Gestido, irmáns de Isolina Gandán e Camilo Glez. Pastoriza.

Oeste: propiedades particulares de Amelia Ferradás Camiña, Salvador Ferradás Camiña, Carmen Pastoriza Seijas, irmáns de Salvador Ferradás e outros.

Descrición:

Está case unida a Monte da Vela. Atópase rodeada de predios particulares. Como especie máis representativa hai Pinus pinaster. Obsérvase unha corta de esquilmo por parte dos veciños.

Nome do monte: Monte Redondo parcela nº 1.B.077.

Lugar: Montemogos.

Cabida: 2,4 ha.

Estremas:

Norte: propiedades particulares de Rosario Soliño Martínez, Manuel Seijas Martínez e outros.

Sur: cun carreiro e propiedades particulares de José Villanueva Regueira, Eloy Pastoriza Novas, Pedro Pastoriza Piñeiro e outros.

Leste: propiedades particulares de irmáns de Antonio Seijas Martínez e outros.

Oeste: propiedades particulares de irmáns de Teresa Novas Seijas, irmáns de Peregrina Cabodevila Rosas, Carmen Pastoriza Seijas, Josefa Cruz e outro.

Descrición:

Porción de terreo en forma de magote rodeada na súa totalidade de predios particulares con valo de pedra. Na súa parte máis alta destacan os afloramentos rochosos e a abundancia de toxo. Como especie arbórea temos Eucaliptus globulus.

Nome do monte: Cerrolaxe parcela nº 1.B.069.

Lugar: Montemogos.

Cabida: 3.500 m.

Estremas:

Norte: camiño que baixa á praia de Lagos e que a separa do predio dos irmáns de Joaquín Buch.

Leste: propiedades particulares de Emilio Camiña, Vicente Otero Cerviño e outros e un camiño que vai á Area de Bon.

Sur: propiedades particulares de Laura Piñeiro e outros.

Oeste: camiño que vai á praia de Lagos; propiedades particulares de irmáns de Joaquín Buch Carsi, irmáns de Rogelio Pastoriza Cabodevila, Camilo Davila Davila e María Lamosa Ríos.

Descrición:

Zona rodeada de predios particulares cunha lousa de pedra onde antigamente se mallaba o centeo. Actualmente, non se observa ningún tipo de aproveitamento salvo o mencionado.

Nome do monte: Camiño Morto o Seborribas parcela nº 1.B.052.

Lugar: Montemogos.

Cabida: 400 m.

Estremas:

Norte: pista asfaltada que baixa á Area de Bon.

Leste: propiedades particulares.

Sur: propiedades particulares.

Oeste: propiedades particulares.

Descrición:

Atópase ó lado dunha casa dando acceso ó portal da mesma polo que está en preito co concello de Bueu.

Nome do monte: Labor parcela nº 1.B.073.

Lugar: Montemogos.

Cabida: 400 m.

Estremas:

Norte: camiño público.

Sur: estrada que baixa á praia de Lagos.

Leste: propiedades particulares.

Oeste: propiedades particulares e camiño que baixa á fonte Das Rans.

Descrición:

En realidade a parcela é case un camiño particular. O único fin desta parcela é que dito camiño non pase a ser privado senón que siga sendo público.

Nome do monte: Gurpilleira de Abaixo parcela nº 1.B.074.

Lugar: Montemogos.

Cabida: 200 m.

Estremas:

Norte: propiedades particulares de Juan Glez. e Carmen Pérez.

Leste: propiedades particulares de Juan Glez. e Carmen Pérez.

Sur: estrada que baixa á praia de Lagos.

Oeste: propiedade particular.

Descrición:

Forma parte dun noiro da estrada e está pegada a unha propiedade da cal o dono desfruta. Sen ningún tipo de arboredo.

Nome do monte: Gurpilleira de Arriba parcela nº 1.B.063.

Lugar: Montemogos.

Cabida: 900 m.

Estremas:

Norte: propiedades particulares.

Leste: propiedades particulares.

Sur: camiño de cemento.

Oeste: camino veciñal.

Descrición:

Atópase encravada entre vivendas e na que o concello quere construír un parque con bambáns.

Nome do monte: Coumiñán Longo parcela nº 1.B.053.

Lugar: Montemogos.

Cabida: 1.000 m.

Estremas:

Norte: camiño veciñal.

Sur: propiedade particular.

Leste: camiño vecinal.

Oeste: propiedade particular.

Descrición:

Non existe como terreo veciñal. Actualmente está absorbido por un predio particular.

Nome do monte: Lago Mansiño parcela nº 1.B.051.

Lugar: Montemogos.

Cabida: 1.300 m.

Estremas:

Norte: estrada que vai á praia de Lagos.

Sur: propiedades particulares.

Leste: camiño veciñal.

Oeste: estrada que baixa á praia de Lagos.

Descrición:

Nela hai depositado material de construcción pertencente a un comercio próximo a dita parcela. Na súa parte leste hai construído un alboio de titularidade particular.

Nome do monte: Cabriteña parcela nº 1.B.043.

Lugar: Chan do Piñeiro.

Cabida: 550 m.

Estremas:

Norte: propiedade particular do Pazo de Ouril e irmáns de Tomás Miranda Portas.

Leste: propiedades particulares da familia Massó (Gaspar Massó García).

Sur: propiedades particulares de Rosario Piñeiro Pérez e Gaspar Massó García.

Oeste: camiño veciñal sen asfaltar.

Descrición:

Para acceder a ela farémolo pegados á entrada do Pazo de Ouril. Atópase limpa, xa que serve de camiño e acceso ás propiedades anteriormente mencionadas.

Nome do monte: Souto parcela nº 1.B.108.

Lugar: Chan do Piñeiro.

Cabida: 2.500 m.

Estremas:

Norte: camiño público.

Sur: propiedades particulares de Tomás Ferradás.

Leste: cerramento do predio da propiedade da familia Massó.

Oeste: propiedade particular.

Descrición:

Nela atópase encravado un lavadoiro público e está atravesada por un carreiro. O único aproveitamento que fan os veciños dela é usa-lo carreiro.

Nome do monte: Outeiro do Medio parcela nº 1.B.104.

Lugar: Bon de Arriba.

Cabida: 150 m.

Estremas:

Norte: propiedades particulares.

Sur: camiño veciñal.

Leste: propiedades particulares.

Oeste: propiedades particulares.

Descrición:

É dunha superficie moi pequena. Atópase poboada de Eucaliptus globulus de 5 anos e Pinus pinaster duns 12 anos. Non se observa ningún tipo de aproveitamento por parte dos veciños.

Nome do monte: Chan de Outeiro parcela nº 1.B.020/018.

Lugar: Bon de Arriba.

Cabida: 2.500 m.

Estremas:

Norte: estrada de Bueu a Cangas por Aldán.

Sur: estrada comarcal e propiedades particulares de Avelino Estévez Pousa e Elvira Estévez Ferradás.

Leste: camiño veciñal e propiedades particulares de Lucía Martínez Martínez, Gerónimo Ferreira Lorenzo e outros.

Oeste: estrada de Bueu a Cangas por Aldán.

Descrición:

Poboada de Eucaliptus globulus, toxos e fentos. Non se observa ningún tipo de aproveitamento.

Nome do monte: Baldío de Tulla parcela nº 1.B.111.

Lugar: Sar.

Cabida: 2.500 m.

Estremas:

Norte: co mar (liña de costa).

Sur: coa praia (liña de costa) e camiño da praia.

Leste: coa praia (liña de costa) e camiño da praia.

Oeste: coa praia (liña de costa).

Descrición:

Atópase pegada ó mar. Nela podemos encontrar algún Eucaliptus globulus; hai afloramentos rochosos. O único aproveitamento que fan os veciños é o de estar ó lado da praia.

Nome do monte: Monte Cabalo parcela número 1.B.036/027/025.

Lugar: Cabalo.

Cabida: 4.000 m.

Estremas:

Norte: co mar (liña de costa).

Sur: propiedades particulares de Ángel Estévez Layseca; camiño; propiedades particulares de Salvador Pastoriza Gestido, Miguel Graña Cabral, Manuel Abalo Fdez. e Clementina López.

Leste: propiedades particulares de Concepción Otero Comesaña.

Oeste: parcela de Sartaxéns Nacente e propiedades particulares de irmáns de Josefa Martínez Rey.

Descrición:

Nesta zona atópase unha depuradora de augas fecais de nova construcción realizada pola COTOP e o Concello de Bueu.

Nome do monte: Sartaxéns Nacente e Poente parcela nº 1.B.040/041.

Lugar: Cabalo.

Cabida: 1.800 m.

Estremas:

Norte: co mar (liña de costa).

Sur: coa praia (liña de costa).

Leste: coa parcela de Monte Cabalo.

Oeste: coa praia (liña de costa) e propiedades particulares.

Descrición:

Zona rochosa pegada á praia. Na parte de Nacente abundan as canas e hai un antigo lavadoiro mentres que, na outra parte destacan os Eucaliptus globulus. Non se observa ningún tipo de aproveitamento debido ó seu difícil acceso.

Nome do monte: Roiba parcela nº 1.B.039.

Lugar: Cabalo.

Cabida: 500 m.

Estremas:

Norte: propiedades particulares.

Sur: estrada asfaltada.

Leste: propiedades particulares.

Oeste: propiedades particulares.

Descrición:

Ten unha extensión moi pequena. Atópase desprovista de arboredo e sen ningún tipo de aproveitamento por parte dos veciños.

Nome do monte: Cabalo Leste parcela nº 1.B.025.

Lugar: Cabalo.

Cabida: 2.000 m.

Estremas:

Norte: propiedades particulares.

Sur: estrada asfaltada e propiedades particulares.

Leste: estrada asfaltada.

Oeste: propiedades particulares.

Descrición:

Zona despoboada onde os veciños realizaban verteduras. Actualmente atópase limpa e non se observa ningún tipo de aproveitamento.

O que se pon en coñecemento de tódolos interesados, para efectos de abrir un período de información dun mes de duración contado a partir do día siguiente á publicación deste anuncio para que se poida examina-lo expediente e aducir durante este tempo o que se estime procedente en relación cos montes de referencia, de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 28 de xuño de 2000.

José Luis Díez Yáñez

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra