Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 10 de agosto de 2000 Páx. 11.860

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2000 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, das obras consistentes na cubrición da sala da adega, reforma de aseos e creación de local para usos múltiples no Centro de Experimentación de Viticultura e Enoloxía de Ribadumia, provincia de Pontevedra (EX027).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Extensión e Capacitación Agraria.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: cubrición da sala da adega, reforma de aseos e creación de local para usos múltiples no Centro de Experimentación de Viticultura e Enoloxía de Ribadumia (Pontevedra), de acordo cos pregos que rexen esta contratación.

b) División por lotes e número: un.

c) Lugar de execución: o que se especifica no prego de prescricións técnicas.

d) Prazo de execución: cinco meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: trece millóns de pesetas (13.000.000 de ptas.) (78.131,57 euros).

5. Garantías.

Provisional: exenta.

Definitiva: o 4 % do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Subdirección Xeral de Extensión e Capacitación Agraria da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: 981 54 66 60.

e) Telefax: 981 54 66 51.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborais, agás sábados, desde as 9 ás 14 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través de Internet na dirección: http://www.xunta.es/conselle/ag/index.htm.

7. Clasificación: categoría C, grupo C.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do día 30 de agosto de 2000.

b) Documentación que se presentará: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15771) ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Posibilidad de variantes.

Non se admiten.

10. Apertura das ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: 11 de setembro de 2000.

e) Hora: 13 horas.

11. Gastos de anuncios.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2000.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243,

do 17 de decembro)

Ángel Bernardo Tahoces

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Política Agroalimentaria