Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 10 de agosto de 2000 Páx. 11.860

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2000, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o proxecto de explotación, o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración do paso á concesión de explotación derivada do permiso de investigación Fracción primeira a San Sebastián, 2.646, da provincia de Pontevedra.

O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG número 188, do 25 de setembro), dispón que os estudios de impacto ambiental se someterán ó trámite de información pública, durante trinta días hábiles,

mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de trinta días hábiles, contados a partir da publicación da presente resolución, o proxecto de explotación, o estudio de impacto ambiental e plan de restauración do paso á concesión de explotación derivada do permiso de investigación Fracción primeira a San Sebastián, 2.646, situada en terreos dos concellos de San Sebastián de Covelo e A Lama, provincia de Pontevedra, e solicitado pola comunidade de veciños de San Sebastián de Covelo.

Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que o soliciten un exemplar do proxecto para consulta nas oficinas desta delegación xeral, así como as dependencias da delegación provincial de Industria correspondente e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2000.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria