Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 09 de agosto de 2000 Páx. 11.833

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 7 de xullo de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a incoación do expediente sancionador de incendios 253/2000-I relacionado no anexo e devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase á persoa que no anexo se menciona a incoación de expediente sancionador por presunta infracción á Lei sobre incendios forestais 81/1968, do 5 de decembro e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, en relación coa Resolución do 14-1-2000 sobre medidas para a prevención de incendios forestais durante o ano 2000 por non ser posible a súa notificación polo servicio de correos.

Noméase instructora dos expedientes a Míriam Areal López, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o expedientado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar e

achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos.

De conformidade co artigo 42.4º, da Lei 30/1992, en relación coa Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, infórmase de que no caso de non resolve-lo presente expediente no prazo de seis meses, tendo en conta as posibles interrupcións do seu cómputo por causas imputables ó expedientado producirase a súa caducidade. A resolución que declare a caducidade ordenará o arquivo das actuacións cos efectos previstos no artigo 92 desta lei.

De non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, determinándose para estes efectos os importes da sancións indicados no anexo.

O expedientado ten dereito a coñecer, en calquera momento do procedemento o estado de tramitación en que se encontra o expediente e a acceder a el e obter copias dos documentos ou das informacións incluídas nel, tralo pago das taxas correspondentes, polo que se pon de manifesto o expediente durante o mesmo prazo que se citou con anterioridade.

Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa o delegado provincial desta consellería de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo na conta número 2091-0388-90-3110001181 de Caixa Galicia, empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia.

Ourense, 7 xullo de 2000.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: 253/2000-I.

Denunciado: Eladio González Abad.

DNI: 34.911.909.

Derradeiro enderezo coñecido: r/ San Antón. Verín.

Feitos probados: queima de maleza sen autorización.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 137 b) do Regulamento do 23 de decembro de 1972 en relación coa Resoluciòn do 14 de xaneiro de 2000 da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.

Sanción: 8.000 ptas.