Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 09 de agosto de 2000 Páx. 11.832

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2000, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, para a adquisición de programas didácticos de simulación virtual para centros docentes da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Nome e enderezo do órgano de contratación: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación Servicio de Ensinanzas Náutico e Marítimo-Pesqueiras. Rúa dos Irmandiños, s/n. Salgueiriños, 15771 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 61 39. Fax: 981 54 61 38.

2. Modalidade de adxudicación: concurso por procedemento aberto:

3. a) Lugar de entrega da subministración: Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro de Vigo, Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol e Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira.

b) Natureza e cantidade dos productos que se deban subministrar: programas didácticos de simulación virtual ( 2 lotes).

Orzamento total: sesenta e catro millóns de pesetas (64.000.000 ptas.), IVE incluído (384.647,75 euros).

Lote nº 1: programas de simulación sobre PC para a didáctica no Sistema Mundial de Socorro e Seguridade Marítima (GMDSS): 25.000.000 de ptas.

Lote nº 2: programas de simulación sobre PC para fins didácticos dun sistema integrado de navegación e pesca marítima: 39.000.000 de ptas.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes e/ou polo conxunto da subministración requirida: cada licitador poderá presentar proposicións individuais por só un dos lotes da subministración ou proposición por tódolos lotes.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: prazo máximo dun (1) mes desde a sinatura do correspondente contrato.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse os documentos pertinentes: ver punto 1.

b) Data límite para facer esta solicitude: 30 de agosto de 2000.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 4 de setembro de 2000.

b) Dirección á que deben dirixirse: ver punto 13.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas a asistiren á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da apertura: terá lugar na sala de xuntas da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, edificio administrativo San Caetano, ás 10 horas do día 12 de setembro de 2000.

8. Garantías esixidas:

Provisional:

Lote nº 1: 500.000 ptas.

Lote nº 2: 780.000 ptas.

Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación do lote correspondente.

9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Condicións mínimas de carácter económico e técnico que deben satisface-los subministradores: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Poderanse presentar variantes segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares.

13. Información complementaria: as proposicións serán presentadas ou remitidas por correo ó rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, edificio administrativo San Caetano. Santiago de Compostela. A Coruña.

14. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 13 de xullo de 2000.

15. Data da recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado OPOCE).

16. Os gastos de publicación dos distintos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2000.

Joaquín Mariño Cadarso

Director xeral de Formación Pesqueira e

Investigación