Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 08 de agosto de 2000 Páx. 11.768

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2000 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento de concurso aberto, para a redacción do proxecto técnico de accesibilidade ó claustro de San Francisco desde o centro histórico en Ourense e para a dirección facultativa das obras.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Urbanismo.

Número de expediente: 0025ESUR.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: redacción proxecto técnico de accesibilidade ó claustro de San Francisco desde o centro histórico en Ourense e para a dirección facultativa das obras.

Lugar de execución: Ourense.

Prazo de execución ou data límite de entrega (meses):

Para a redacción de proxecto: corenta e cinco (45) días.

Para a dirección facultativa das obras: Igual ó prazo que resulte para a execución das obras.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: catro millóns (4.000.000) de pesetas (24.040,48 euros).

5. Garantías.

Provisional: oitenta mil (80.000) pesetas (480,81 euros) segundo o definido na letra H do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

Definitiva: o 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Dirección Xeral de Urbanismo.

b) Enderezo: edif. adtvos. San Caetano.

c) Localidade e código postal: 15704-Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Teléfono: 981 54 43 82/981 54 43 71.

e) Telefax: 981 54 43 43.

f) Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

Outros requisitos:

Os licitadores deberán acredita-la súa solvencia económica e financeira e a súa solvencia técnico-profesional por aplicación do disposto no artigo 16 do texto refundido da LCAP, sobre solvencia económica e financeira e no artigo 19 sobre a solvencia técnica ou profesional.

A solvencia económica e financeira acreditarase mediante informe de institucións financeiras (artigo 16.1º do texto refundido da LCAP).

A solvencia técnica e profesional acreditarase, de acordo co artigo 19 do texto refundido da LCAP, mediante a presentación dos seguintes documentos:

Descrición do equipo humano que se propón para a realización do traballo, expresando a titulación académica, acreditándoa mediante copia compulsada do título ou certificación académica, e experiencia profesional de cada un dos seus integrantes. É condición indispensable que no equipo figure un arquitecto superior, como responsable do asinamento do proxecto.

No caso de non pertencer ó cadro de persoal da empresa, documento de colaboración, aceptado e asinado polo arquitecto superior responsable da redacción do proxecto e da dirección facultativa das obras.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: vinteseis (26) días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares e prego de prescricións técnicas que rexen para o concurso.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral.

1ª Entidade: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Dirección Xeral de Urbanismo.

2ª Enderezo: edificios administrativos San Caetano.

3ª Localidade e código postal: 15704-Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres (3) meses desde a apertura de proposicións, de conformidade co artigo 116 do Regulamento xeral de contratación.

e) Admisión de variantes (concurso): ver prego de cláusulas administrativas particulares (apartado 1.1.1).

9. Apertura das ofertas.

Acto público.

a) Entidade: sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Enderezo: edificios administrativos San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: o décimo día desde o remate de presentación de ofertas.

Hora: ás 12 horas.

10. Outras informacións.

Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos do anuncio.

Os gastos do presente anuncio serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2000.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda