Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 08 de agosto de 2000 Páx. 11.741

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 180/2000, do 22 de xuño, polo que se modifica a estructura orgánica da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria e do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia, establecida no Decreto 25/1998, do 22 de xaneiro.

Publicado este decreto no Diario Oficial de Galicia nº 131, do 6 de xullo de 2000, cómpre face-la seguinte corrección:

Na páxina 10.529, no penúltimo parágrafo da exposición de motivos, onde di: «Todo o persoal administrativo, que se atopa nas áreas, agrúpase nunha unidade de apoio, e prestará os seus servicios en calquera das oficinas da área a que pertence, en función da carga de traballo de cada unha delas; este persoal depende organicamente do delegado provincial», debe decir: «Todo o persoal administrativo, que se atopa nas áreas, agrúpase nunha unidade de apoio e depende organicamente do delegado provincial».