Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 07 de agosto de 2000 Páx. 11.708

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade ó acordo da Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral, para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, constituída ó amparo do Decreto 89/1997, do 10 de abril, polo que se fai pública a relación de excluídos da categoría 003 (controlador pecuario, axudante técnico/a pecuario/a) do grupo III (lista B) que emendan a causa de exclusión.

Finalizado o prazo fixado na resolución da Dirección Xeral da Función Pública pola que se fan públi

cas as listas provisionais para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo correspondentes á categoría 003 (controlador pecuario, axudante técnico/a pecuario/a) do grupo III (lista B) e vistas pola Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral, na súa sesión do día 26 de xullo de 2000, as alegacións formuladas polos interesados, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer público o anexo a esta resolución coa relación de aspirantes que foron excluídos nas listas provisionais, do grupo III categoría 003 (controlador pecuario, axudante técnico/a pecuario/a) (lista B), e que emendaron a causa de exclusión en tempo e forma.

Segundo.-Os solicitantes relacionados estarán obrigados, no prazo de 5 días hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, a remitirlle á Dirección Xeral da Función Pública o xustificante do aboamento das taxas correspondentes.

Os que así non o fixesen no prazo indicado serán excluídos automaticamente das listas.

Estarán exentos do aboamento de taxas por dereito de inscrición os que foron admitidos no último proceso selectivo para o acceso á mesma categoría, de acordo coa base terceira da resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 30 de xuño de 1999, e corrección de erros do 13 de outubro de 1999.

Así mesmo, gozarán da exención desta taxa as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33%, logo de xustificación documental.

Os que non o fixesen así no prazo sinalado serán excluídos automaticamente das listas.

Os interesados disporán dun prazo de cinco día hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, para a emenda de erros que puidesen existir na puntuación relacionada no anexo ou formula-las alegacións que consideren oportunas, que deberán dirixir á Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral (Dirección Xeral da Función Pública).

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

ANEXO

Grupo III-categoría 003

DNIApelidosNomeB1B2B3B4B5B6B7B8Total

33.330.265Vega IglesiasJosé Carlos00000000