Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 07 de agosto de 2000 Páx. 11.692

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 28 de xullo de 2000 pola que se resolve o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia 5/1999, convocado pola Orde do 1 de decembro de 1999.

Convocado o concurso 5/1999 pola orde desta consellería do 1 de decembro de 1999 (DOG nº 235, do 7 de decembro), e á vista da proposta de adxudicacións de vacantes ós participantes no concurso, elevada pola comisión de valoración de méritos, mediante acordo adoptado na correspondente sesión, esta consellería, de conformidade co previsto na base VI.6 da convocatoria,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver definitivamente o concurso 5/1999, adxudicando ós/ás funcionarios/as que se relacionan no anexo os postos de traballo que se especifican nel, adxudicacións que son irrenunciables de conformidade coa base IV.4.

Segundo.-De conformidade co disposto no Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna e na base VIII.1 da convocatoria do concurso, a toma de posesión dos funcionarios/as que obtiveran un posto de traballo como consecuencia da resolución do concurso efectuarase nos prazos establecidos no artigo 14 do citado regulamento, computándose estos a partir do día 18 de setembro de 2000.

Terceiro.-Contra a presente orde que pon fin á vía administrativa poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante esta consellería no prazo de un mes a contar desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, no prazo de dous meses a contar desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

Relación de consellerías (correspóndense cos dous primeiros caracteres do código do posto):

AG: Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

CU: Cultura, Comunicación Social e Turismo.

ED: Educación e Ordenación Universitaria.

EF: Economía e Facenda.

FA: Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

IC: Industria e Comercio.

MA: Medio Ambiente.

OT: Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

PE: Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

PR: Presidencia e Administración Pública.

SA: Sanidade e Servicios Sociais.

XU: Xustiza, Interior e Relacións Laborais.