Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Xoves, 03 de agosto de 2000 Páx. 11.611

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/63-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Domicilio social: avda. de García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. sub. Cangas-S. Pedro-Ximeu-Rúa Real e centro de seccionamento.

Situación: Cangas.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 2.749 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a Sub. de Cangas ata o C.T. de San Pedro, continuando ata o C.T. Ximeu e segue ata o C.T. da rúa Real, no concello de Cangas. Centro de seccionamento situado no barrio de San Pedro, con 3 liñas de manobra exterior.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Pontevedra, 14 de xuño de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra