Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa, S.A.
Domicilio social: avda. de García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Veiguiña-Sensat.
Situación: Vigo.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 535 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o C.T. da rúa Castaña ata o C.T. que se proxecta na subida ó colexio Xavier Sensat, no concello de Vigo. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V. R.B.T., subterránea, de 300 m de lonxitude, con conductor tipo R.V. Reforma do C.T. de Veiguiña con 3 celas de liña C.M.L.-SF6.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade esta
blecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Pontevedra, 13 de xuño de 2000.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra