Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Xoves, 03 de agosto de 2000 Páx. 11.564

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

DECRETO 202/2000, do 21 de xullo, polo que se modifica o Decreto 488/1997, do 26 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Con aprobación do Decreto 347/1997, do 9 de decembro, estableceuse a actual estructura orgánica da Xunta de Galicia, co Decreto 351/1997, do 10 de decembro, a dos seus departamentos, establecendo no seu artigo 11 a estructura orgánica básica da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, estructura que se desenvolve polo Decreto 488/1997, do 26 de decembro, modificado polo Decreto 117/1999, do 23 de abril.

Segundo o disposto no artigo 1 do antedito Decreto 488/1997, do 26 de decembro, esta consellería é o órgano da Administración autónomica ó que lle corresponde o exercicio das competencias e funcións en materia e políticas activas de emprego, entre outras, de acordo co establecido no Estatuto de autonomía de Galicia e nos termos sinalados pola Constitución española.

Na estructura orgánica, a Dirección Xeral de Fomento do Emprego desenvolve as funcións en materia de promoción do emprego e da economía social, así como a programación, seguimento e control das escolas obradoiro e casas de oficio a través das subdireccións xerais de Promoción da Economía Social e de Contratación e de Escolas Obradoiro e Programas de Cooperación.

As medidas activas de emprego postas en marcha pola Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, no marco dos Acordos para o Crecemento e o Emprego en Galicia 1998-2001 supuxeron un importante incremento, tanto cualitativo (implantación de novos programas) como cuantitativo (número de expedientes e beneficiarios), no volume de traballo e no nivel de xestión dos programas de fomento da contratación por conta allea e da promoción do emprego autónomo, da economía social e da iniciativa empresarial no ámbito local e rural, tanto na fase de tramitación e concesión de axudas, como na de seguimento e control a posteriori, tratamento estatístico e de xestión dos programas.

Na actual estructura da Dirección Xeral de Fomento do Emprego, as funcións relacionadas con este ámbito de actuación están incardinadas na Subdirección Xeral de Promoción da Economía Social e da Contratación, que conta co Servicio de Programación e Xestión. Dentro da área funcional da dita unidade administrativa distínguense dúas grandes áreas de actuación: actuacións para o fomento do

emprego e da estabilidade (programas de fomento da contratación por conta allea) e actuacións de apoio a emprendedores, á economía social e á iniciativa empresarial no ámbito local e rural.

O volume de xestión así como a especialidade destas dúas grandes liñas de actuación e a complexidade das funcións interrelacionadas dos distintos programas xustifican a necesidade de contar con unidades administrativas, en cada unha das ditas áreas de acción, sendo necesaria a creación dun novo servicio, coa denominación de Servicio de Apoio a Emprendedores.

Por outra banda, a Dirección Xeral de Fomento do Emprego, a través da Subdirección Xeral de Escolas Obradoiro e Programas de Cooperación, vén desempeñando as funcións de programación, coordinación, execución, seguimento, avaliación e control dos programas de escolas obradoiro e casas de oficios, dos programas de cooperación con entidades locais e con outras administracións, universidades e entidades sen ánimo de lucro.

Nesta área engadiuse recentemente a xestión dos programas de obradoiros de emprego, o que, unido á aparición de programas experimentais xurdidos dos correspondentes plans de emprego, leva consigo un incremento das cargas de traballo e uns investimentos adicionais e extraordinarios en Galicia en materia de políticas activas de emprego.

O volume de xestión, así como a especialidade singular dos programas experimentais xustifican a necesidade de adecua-la estructura orgánica da consellería a través da creación dunha unidade de xestión específica, con nivel de servicio, na Subdirección Xeral de Escolas Obradoiro e Programas de Cooperación, para abordar con éxito a implantación dos novos programas experimentais e de obradoiros de emprego.

Por conseguinte, co incremento do volume de traballo, na área de emprego, consecuencia das novidades apuntadas, é preciso a reforma do Decreto 488/1997, do 26 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, modificado polo Decreto 117/1999, do 23 de abril.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, tralo informe das consellerías da Presidencia e Administracion Pública e de Economía e Facenda, de conformidade co disposto no artigo 34.3º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 1/1998 e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinteún de xullo de dous mil,

DISPOÑO:

Artigo único.-O artigo 7 quedará redactado como segue:

«Un. Corresponderalle a esta dirección xeral o desenvolvemento das funcións atribuídas á conse

llería en materia de fomento do emprego e da economía social, sen prexuízo das competencias da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria en materia de cooperativas e da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais con respecto ó réxime xurídico das cooperativas. Así mesmo, levará a cabo a programación, seguimento, control e, se é o caso, a xestión das escolas obradoiro, casas de oficios e obradoiros de emprego.

En relación cos centros, tanto propios como dependentes doutras entidades, sen prexuízo das competencias atribuídas á secretaría xeral, corresponderalle coordina-la súa xestión, supervisando o seu funcionamento, e prestaralle a asistencia técnica necesaria para o correcto desenvolvemento da súa actividade.

Dous. Para o desenvolvemento das súas funcións, a Dirección Xeral de Fomento do Emprego estructurarase nas seguintes unidades:

1. Subdirección Xeral de Promoción da Economía Social e da Contratación.

Levará a cabo as funcións de programación, coordinación, execución, seguimento, avaliación e control dos programas de fomento do emprego correspondentes á incentivación da contratación por conta allea e ó apoio ó autoemprego, ó emprego en entidades de economía social e nas iniciativas empresariais no ámbito local e rural, ós programas dirixidos á integración laboral das persoas con discapacidade, así como das accións correspondentes ó seu ámbito competencial recollidas nos plans de emprego e a elaboración das estatísticas correspondentes, sen prexuízo das competencias atribuídas ó Instituto Galego de Estatística.

1.1. Servicio de Programación e Xestión.

A este servicio corresponderalle a xestión dos programas e accións para o fomento da contratación por conta allea, a coordinación dos labores de difusión, formación e información correspondentes ós programas, e daqueloutros que se lle asignen dentro da súa área funcional, así como a elaboración de estatísticas relativas a eles e a execución, control e avaliación, seguimento contable e xustificación das partidas orzamentarias correspondentes.

1.2. Servicio de Apoio a Emprendedores.

A este servicio corresponderalle a xestión dos programas e accións de apoio a emprendedores, á economía social e á iniciativa empresarial no ámbito local e rural, a coordinación dos labores de difusión, formación e información, asesoramento a emprendedores e empresas familiares e Pemes, e daqueloutros que se lle asignen dentro da súa área funcional, así como a elaboración de estatísticas relativas a eles e a execución, control e avaliación, seguimento contable e xustificación das partidas orzamentarias correspondentes.

2. Subdirección Xeral de Escolas Obradoiro e Programas de Cooperación.

Levará a cabo as funcións de programación, coordinación, execución, seguimento, avaliación, control e, se é o caso, a xestión dos programas de escolas obradoiro, casas de oficios e obradoiros de emprego, dos de promoción do emprego no ámbito local e daqueloutros programas de cooperación competencia da dirección xeral. Exercerá, así mesmo, esas funcións en relación coas accións correspondentes ó seu ámbito competencial recollidas nos plans de emprego.

2.1 Servicio de Xestión de Escolas Obradoiro.

A este servicio corresponderalle a xestión técnica dos programas de escolas obradoiro, casas de oficios e obradoiros de emprego, a elaboración de estatísticas relativas a eles e a execución, control e avaliación, seguimento contable e xustificación das partidas orzamentarias correspondentes.

2.2. Servicio de Programas de Cooperación.

A este servicio corresponderalle a xestión técnica dos programas de promoción do emprego no ámbito local e daqueloutras accións e programas de cooperación que sexan da competencia da subdirección xeral, a elaboración de estatísticas relativas a eles e a execución, seguimento contable e xustificación das partidas orzamentarias correspondentes.

2.3. Servicio de Administración e Xestión.

A este servicio corresponderalle a administración dos programas de xestión centralizada e, especialmente, dos experimentais que xurdan nos plans de emprego e que sexan da competencia da subdirección xeral, a elaboración de estatísticas relativas a eles e a execución, seguimento contable e xustificación das partidas orzamentarias correspondentes».

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude para dictar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento e execución deste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinteún de xullo de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego,

Muller e Xuventude