Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Martes, 01 de agosto de 2000 Páx. 11.496

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADEO

ANUNCIO de licitación.

En cumprimento da resolución da alcaldía do 20-7-2000 e do disposto nos artigos 78 do

R.D.L 2/2000, do 16 de xuño, do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas e 326 da Lei 7/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia, faise pública a licitación do seguinte contrato de obra:

1. Obxecto: mellora da rede de saneamento de Vilaselán (POS/2000).

2. Tramitación: urxente.

3. Procedemento: aberto.

4. Sistema de adxudicación: poxa.

5. Prezo e financiamento: dezaseis millóns seiscentas mil pesetas (16.600.000 pesetas), (99.768,01 euros) IVE incluído, con cargo á partida orzamentaria 2000/512-601.01.

6. Prazo de execución: catro meses.

7. Período de garantía: un ano.

8. Fianza provisional: excluída.

9. Fianza definitiva: 4% do importe da adxudicación.

10. Clasificación: como empresa de obras, grupo E, subgrupo 1, categoría c, non obrigatoria.

11. Presentación de ofertas: durante os 8 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no DOG, cos requisitos do artigo 8 do prego de condicións, presentándoas no rexistro do concello ou remitíndoas por correo, comunicándoo neste caso mediante telegrama ou fax.

O prego de condicións económico-administrativas particulares está á disposición de tódolos contratistas interesados nas oficinas xerais do Concello de Ribadeo, plaza de España nº 1, 27700 Ribadeo-Lugo, teléfono 982 12 86 50, Fax: 982 13 09 75, horario de atención ó público das 9 ás 14 horas de luns a venres.

12. Modelo de proposición:

D/Dª..... veciño de....., con enderezo en....., titular do DNI....., en nome propio (ou en representación de....., conforme acredito con poder do que se verificou a suficiencia), sabedor da poxa tramitada polo Concello de Ribadeo para a adxudicación, mediante procedemento aberto, das obras de mellora da rede de saneamento en Vilaselán, manifesta o coñecemento e conformidade cos pregos de condicións económico-administrativas particulares e de prescricións técnicas, e comprométese a executalas na forma determinada nos citados pregos por un prezo de..... pesetas (en letra e número).

13. Apertura de proposicións: realizaraa a mesa de contratación en acto público, segundo a cláusula 11 do prego, dentro dos 10 días seguintes ó de remate de presentación de ofertas logo da convocatoria ós licitadores.

Ribadeo, 20 de xullo de 2000.

José Carlos Rodríguez Andina

Alcalde