Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 31 de xullo de 2000 Páx. 11.445

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia a licitación 1/2000 de asistencias técnicas, mediante o sistema de concurso con procedemento aberto e tramitación ordinaria.

A Delegación Provincial de Ourense resolve convoca-la seguinte licitación de asistencias técnicas polo sistema de concurso, procedemento aberto, tramitación ordinaria:

1. Obxecto.

Contratación de asistencias técnicas para a redacción dos proxectos ou execución dos traballos que figuran na relación, de acordo coas bases e os pregos aprobados para iso.

O orzamento, prazo de execución e clasificación dos contratistas serán os que se sinalan na relación.

2. Fianza provisional.

Exenta.

3. Exposición de documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, como tamén o correspondente proxecto de cada un dos servicios técnicos que se relacionan, estarán á disposición dos licitadores para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións de 9 a 14 horas na Secretaría da Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria en Ourense, rúa Florentino L. Cuevillas nº 4 e 6 baixo.

4. Prazo de presentación de proposicións.

Comezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio e rematará ás 14 horas do vixésimo día natural seguinte ó da publicación, que non cadre en sábado.

5. Lugar de presentación de proposicións.

No rexistro da delegación provincial do lugar antes citado e na forma legalmente establecida (artigo 100 R.X.C).

6. Documentación que deberán presenta-los licitadores.

A que se sinala nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

7. Apertura de proposicións.

Ás 12 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil ou sábado, posporase ó primeiro día hábil seguinte.

8. Gastos de publicación.

Por conta dos adxudicatarios.

-Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a realización de planos parcelarios e elaboración das bases na zona de concentración parcelaria de Santo André de Camporredondo (concello de Ribadavia-Ourense) LB-2817-ES/OUR-00.06.

Orzamento: vinteún millóns duascentas quince mil duascentas setenta e catro pesetas (21.215.274).

Prazo de execución: vintecatro (24) meses.

Clasificación dos contratistas: non se necesita.

-Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a realización de planos parcelarios e elaboración das bases na zona de concentración parcelaria de Mourazos-Tamagos (concello de Verín-Ourente) LB-2822-ES/OUR-00.07.

Orzamento: trinta e tres millóns seiscentas vintetrés mil duascentas noventa e sete pesetas (33.623.297).

Prazo de execución: vintecatro (24) meses.

Clasificación dos contratistas: non se necesita.

-Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a realización de planos parcelarios e elaboración das bases na zona de concentración parcelaria de Mandín-Feces (concello de Verin-Ourense) LB-2816-ES/OUR-00.08.

Orzamento: trinta e tres millóns oitocentas noventa e oito mil setecentas vintetrés pesetas (33.898.723).

Prazo de execución: vintecatro (24) meses.

Clasificación dos contratistas: non se necesita.

-Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a realización de planos parcelarios e elaboración das bases na zona de concentración parcelaria de San Victorio-Urros (concello de Allariz-Ourense) LB-2849-ES/OUR-00.09.

Orzamento: vinteseis millóns duascentas sesenta mil catrocentas setenta e nove pesetas (26.260.479).

Prazo de execución: vintecatro (24) meses.

Clasificación dos contratistas: non se necesita.

Ourense, 17 de xullo de 2000.

José Manuel Baltar Blanco

Delegado provincial de Ourense