Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 31 de xullo de 2000 Páx. 11.437

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2000, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o proxecto de autorización de instalacións rede de subministración a Marín, Bueu e Cangas promovido pola empresa Gas Galicia SDG, S.A.

De acordo co disposto na Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles, aprobado por Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, artigos 17 da Lei de expropiación forzosa e 56 do seu regulamento, Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia e demais normativa específica de aplicación, e efectos previstos no acordo do Consello da Xunta do 6 de maio de 1993, polo que se designa á Consellería de Industria e Comercio como órgano competente por razón da materia para a tramitación da unidade de expediente e resolución única do procedemento, sométese a información pública o proxecto rede de subministración a Marín, Bueu e Cangas declarado de utilidade pública polo artigo 103 da citada Lei 34/1998.

Peticionario: Gas Galicia SDG, S.A., con enderezo en Edificio Área Central, local 31-I, 15703 Santiago de Compostela.

Por ordes do conselleiro de Industria e Comercio do 3 de novembro 1995 e 25 de setembro de 1998, Gas Galicia SDG, S.A é titular da concesión administrativa outorgada para a prestación do servicio público de subministración de gas natural en distintos termos municipais da provincia de Pontevedra, entre os que se atopan os de Pontevedra, Marín, Cangas e Bueu, devida en autorización segundo se establece na disposición adicional sexta da Lei 34/1998, do 7 de outubro, xa mencionada.

Obxecto da petición: autorización administrativa e aprobación do proxecto de instalacións rede de subministración a Marín, Bueu e Cangas.

A autorización de instalacións que se solicita comportará, de acordo co que establecen os artigos 103 e 105 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, os beneficios da declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación urxente para o efecto de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións e da imposición e o exercicio da servidume de paso e doutras limitacións de dominio.

Características das instalacións: as ditas características afectan ós termos municipais de Pontevedra, Marín, Bueu e Cangas e son as que se expoñen a continuación:

-Termo municipal de Pontevedra.

A conducción de 6'' de diámetro parte da ERM G-250 na Pos. I-022/1. Discorre por un ermo en paralelismo coa C-550 cara ó sur para cruzala e continuar pola súa marxe esquerda cara a Marín. Ó chegar á confluencia coa N-558, cruza e discorre pola avda. de Ourense e polo lado próximo da ría.

A lonxitude da conducción neste municipio é de 1.717 m.

-Termo municipal de Marín.

Continúa pola avda. de Ourense pola área portuaria e máis tarde crúzaa para discorrer polas proximidades da área urbana.

Ó aproximarse á area da Escola Naval, bordea a rotonda e discorre pola avda. do Exército da Mariña onde se deixa unha derivación.

Segue cara ó sur, cruza a C-550 e continúa pola avda. Alcalde Xosé do Río e posteriormente por rúas e estradas ata Seixo, onde toma a C-550 e discorre cara ó sur pola súa marxe esquerda ata chegar ó municipio de Bueu.

A lonxitude da conducción neste municipio é de 9.694 m.

-Termo municipal de Bueu.

A conducción de 6'' segue pola calzada da C-550 na súa marxe esquerda cara a Bueu, e ó chegar á confluencia coa PO-320 a Cangas, realízase unha derivación de 4'', para cruza-la C-550.

Sobre a liña principal redúcese, colócase unha válvula de corte de 4'' e continúa cara ó sur pola PO-320 para posteriormente tomar unha rúa cara ó este e discorrer pola mesma e un predio de ermo ata tomar un camiño cara ó sur, polo que discorre a conducción de 4'' cara a Portela, pasando ó municipio de Cangas.

A lonxitude da conducción no municipio de Bueu é de 6.818 m.

-Termo municipal de Cangas.

A conducción de 4'' discorre por un camiño sen asfaltar ata as urbanizacións para chegar ó núcleo urbano de Cangas e fronte ás instalacións deportivas, onde remata este proxecto.

A lonxitude da conducción neste municipio é de 4.351 m.

A lonxitude total da rede é de 22.580 m con diámetros de 6'' (14.652 m) e 4'' (7.928 m).

-Termos municipais afectados: Pontevedra, Marín, Bueu e Cangas.

Orzamento: o orzamento ascende a cento trinta e sete millóns catrocentas sesenta e seis mil novecentas sesenta pesetas (137.466.960 ptas.).

Afección a predios particulares: a afección a predios particulares derivada da construcción do gasoducto, concrétase na seguinte forma:

Un.-Expropiación forzosa dos terreos sobre os que se construirán os elementos de instalación fixa en superficie.

Dous.-Para as canalizacións.

A) Imposición de servidume permanente de paso de gas ó longo do trazado da conducción, cunha longura de dous (2) metros, un (1) a cada lado do eixe, por onde discorrerá soterrado o encanamento ou encanamentos que se requiran para a conducción do gas. Esta servidume que se establece estará suxeita ás seguintes limitacións:

1. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a cincuenta (50) centímetros, así coma de plantar árbores ou arbustos a unha distancia inferior a dous (2) metros contados desde o eixe do encanamento.

2. Prohibición de realizar calquera tipo de obras, construcción, edificación ou efectuar acto algún que puidera danar ou perturba-lo bo funcionamento das instalacións, a unha distancia inferior a cinco (5) metros do eixe do trazado, a un e outro lado do mesmo. Esta distancia poderá reducirse sempre que se solicite expresamente e se cumpran as condicións que, en cada caso, fixe o órgano competente da Administración.

3. Libre acceso do persoal e equipos necesarios para poder manter, reparar ou renova-las instalacións, con pagamento, se é o caso, dos danos que se ocasionen.

4. Posibilidade de instala-los fitos de sinalización ou delimitación e os tubos de ventilación, así como

de realiza-las obras superficiais ou subterráneas que sexan necesarias para a execución ou funcionamento das instalacións.

B) Ocupación temporal dos terreos necesarios para a execución das obras, da franxa que se reflicte para cada predio nos planos parcelarios de expropiación. Nesta zona farase desaparecer, temporalmente, todo obstáculo e realizaranse as obras necesarias para o tendido e instalación da canalización e elementos anexos, executando os traballos ou operacións precisas ós ditos fins.

Tres.-Para o paso dos cables de conexión, equipos de telecomunicación e elementos dispersores de protección catódica.

A) Imposición de servidume permanente de paso nunha franxa de terreo dun (1) metros de largo, por onde discorrerán soterrados os cables de conexión. Para os leitos dispersores da protección catódica, a franxa de terreo, onde se establece a imposición de servidume permanente de paso, terá como largura, a correspondente á da instalación máis un (1) metro a cada lado. Esta franxa estará suxeita ás seguintes limitacións:

1. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a cincuenta (50) centímetros, a plantar árbores ou arbustos e realizar calquera tipo de obras, construcción ou edificación a unha distancia inferior a un metro e medio (1,5), a cada lado do cable de conexión ou do límite da instalación soterrada dos leitos dispersores, podendo exerce-lo dereito a cortar ou arrinca-las

árbores ou arbustos que houber a distancia inferior á indicada.

2. Libre acceso do persoal e elementos necesarios para poder vixiar, manter, reparar ou renova-las instalacións, con pago, se e o caso, dos danos que se ocasionen.

B. Ocupación temporal, como necesidade derivada da execución das obras, da zona que se reflicte para cada predio nos planos parcelarios de expropiación, e no que se poderá facer desaparecer todo obstáculo, así coma realiza-las obras necesarias para o tendido e montaxe das instalacións e elementos anexos, executando as obras ou operacións precisas os ditos fins.

O proxecto inclúe planos parcelarios e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados.

O que se fai público para coñecemento xeral e especialmente dos propietarios de terreos e demais titulares afectados polo dito proxecto, a dita relación insírese ó remate deste anuncio, para que poidan examina-la mesma na Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio, edificio administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, e na Delegación Provincial de Pontevedra, rúa Eduardo Pondal 64, e presentar por triplicado nos ditos centros as alegacións que consideren oportunas no prazo de vinte días a partir do seguinte á publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2000.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria

Relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados.

Proxecto: rede de subministración a Marín-Bueu-Cangas.

Predio nºTitular e enderezoAfecciónCatastroNatureza

L.M.O.T. mPolíg.Parcela

-Termo municipal: Pontevedra

PO-PO-1Ministerio de Medio Ambiente. Servicio de Costas, r/ San Xosé, 6, 36071 Pontevedra1501.20

0

21256Matogueira

PO-PO-2Deputación Provincial de Pontevedra, r/ Montero Ríos, s/n, 36071 Pontevedra473682177Monte alto

PO-PO-3COTOPV. Edf. Administrativos San Caetano, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña7380Estrada

PO-PO-4Ministerio de Fomento. Demarcación de Estradas do Estado. Unidade de Estradas do Estado, r/ San Roque, 36701 Pontevedra450Rotonda

PO-PO-5Ministerio de Fomento. Demarcación de Estradas do Estado. Unidade de Estradas do Estado, r/ San Roque, 36701 Pontevedra7680Estrada

-Termo municipal: Marín

PO-MA-1Ministerio de Fomento. Demarcación de Estradas do Estado. Unidade de Estradas do Estado, r/ San Roque, 36071 Pontevedra1.0990Avenida

PO-MA-2Concello. Avda. de Ourense. 36900 Marín-Pontevedra3720Avenida

PO-MA-3COTOPV Edf. Administrativos de San Caetano, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña120Estrada

PO-MA-4Deputación Provincial de Pontevedra, r/ Montero Ríos, s/n, 36701 Pontevedra7560Estrada

Predio nºTitular e enderezoAfecciónCatastroNatureza

L.M.O.T. mPolíg.Parcela

PO-MA-5Concello, avda. de Ourense, 36900 Marín, Pontevedra7580Pista asfaltada

PO-MA-6Deputación Provincial de Pontevedra, r/ Montero Ríos, s/n, 36071 Pontevedra2.1230Estrada

PO-MA-7Concello, avda. de Ourense, 36900 Marín-Pontevedra5060Pista asfaltada

PO-MA-8COTOPV edf. Administrativos de San Caetano, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña3.1000Estrada

-Termo municipal: Bueu

PO-BU-1COTOPV edf. Administrativos de San Caetano, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña2.7970Estrada

PO-BU-2Concello, r/ Eduardo Vicenti, 8, 36930 Bueu-Pontevedra. Instituto Social da Mariña. Dirección Provincial. R/ Beiramar, 51, 36204, Vigo-Pontevedra410Parque

PO-BU-3COTOPV edf. Administrativos de San Caetano, 15704 Santiago de Compostela-A Coruña3070Estrada

PO-BU-4Deputación de Pontevedra, r/ Montero Ríos, s/n, 36071 Pontevedra1750Estrada

PO-BU-5Concello, r/ Eduardo Vincenti, 8, 36930 Bueu-Pontevedra5440Pista asfaltada

PO-BU-6Carmen Malvido Otero. A Cividá, 41, 36939 Bueu-Pontevedra55023328Labradío

PO-BU-7Consuelo Curras Acuña, Torre, nº 50-Cela, 36938 Bueu-Pontevedra77023316Vide

PO-BU-8Adolfo Vidal Curras, Chan do Penedo, 2, 36930 Bueu-Pontevedra810023317Vide

PO-BU-9Carmen San Pedro Otero, A Cividá, 40, 36939 Bueu-Pontevedra1010023327Horta

PO-BU-10María Freire, r/ Doutor Carracido, 45-2º A, 36205 Vigo-Pontevedra5337123318Carballos

PO-BU-11Concello, r/ Eduardo Vincenti, 8, 36930 Bueu-Pontevedra0150Camiño de formigón

PO-BU-12Concello, r/ Eduardo Vincenti, 8, 36930 Bueu-Pontevedra1.1970Pista asfaltada/

pista sen asfaltar

PO-BU-13Deputación de Pontevedra, r/ Montero Ríos, s/n, 36071 Pontevedra4980Estrada

PO-BU-14Concello, r/ Eduardo Vincenti, 8, 36930 Bueu-Pontevedra6060Pista asfaltada

-Termo municipal: Cangas

PO-CN-1Concello, r/ Castelao, s/n, 36940 Cangas-Pontevedra1.3970Pista asfaltada

PO-CN-2Deputación de Pontevedra, r/ Montero Ríos, s/n, 36071 Pontevedra580Estrada

PO-CN-3Concello, r/ Castelao, s/n, 36940 Cangas-Pontevedra9900Pista asfaltada/camiño

PO-CN-4Deputación de Pontevedra, r/ Montero Ríos, s/n, 36071 Pontevedra8730Estrada

PO-CN-5Concello, r/ Castelao, s/n, 36940 Cangas-Pontevedra2380Rúa

PO-CN-6Jesús, Concepción, Carmen, Pilar, Mercedes, Santiago e Rosario Santos Castroviejo, r/ Real, 46 36940 Cangas-Pontevedra60Acceso

Relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados instalacións auxiliares.

Proxecto: rede de subministración a Marín-Bueu-Cangas.

Abreviaturas utilizadas: PO=posición.

Predio nºTitular e enderezoAfecciónCatastro Natureza

L.M.O.T. mExp. mPolíg.Parcela

-Termo municipal: Pontevedra

PO-PO-1-POMinisterio de Medio Ambiente. Servicio de Costas, r/ San Xosé, 6, 36071 Pontevedra00421256Matogueira

-Termo municipal: Marín

PO-MA-2-POConcello, avda. de Ourense, 36900 Marín-Pontevedra0018Avenida

Predio nºTitular e enderezoAfecciónCatastro Natureza

L.M.O.T. mExp. mPolíg.Parcela

-Termo municipal: Bueu

PO-BU-1-POCOTOPV edf. Administrativos de San Caetano, 15704 Santiago de Compostela-A Coruña004Estrada

PO-BU-2-POConcello, r/ Eduardo Vincenti, 8, 36930 Bueu-Pontevedra. Instituto Social da Mariña. Dirección provincial, r/ Beiramar, 51, 36204 Vigo-Pontevedra0014Parque

-Termo municipal: Cangas

PO-CN-6-POJesús, Concepción, Carmen, Pilar, Mercedes, Santiago e Rosario Santos Castroviejo, r/ Real, 46, 36940 Cangas-Pontevedra0014Acceso