Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 31 de xullo de 2000 Páx. 11.432

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2000 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, para a execución das obras de urbanización de dúas prazas en Vilanova dos Infantes (praza do Balcón e praza do Recreo), en Celanova (Ourense).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Direción Xeral de Urbanismo.

c) Nº de expediente: 0001 CELA.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: execución das obras de urbanización de dúas prazas en Vilanova dos Infantes (praza do Balcón e praza do Recreo), en Celanova (Ourense).

b) Lugar de execución: Celanova (Ourense).

c) Prazo de execución: seis (6) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Corenta e dous millóns seiscentas dezasete mil trescentas setenta e nove (42.617.379) pesetas (256.135,61 euros), IVE incluído.

5. Garantías.

a) Provisional: esixirase unha fianza provisional de oitocentas cincuenta e dúas mil trescentas corenta e oito (852.348) pesetas (5.122,71 euros), segundo o definido na letra H do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Definitiva: un millón setecentas catro mil seiscentas noventa e cinco (1.704.695) pesetas (10.245,42 euros), segundo o definido no apartado I do citado cadro.

Estas fianzas poderán ser presentadas na modalidade y polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

6. Obtención de documentación e información.

a) Solicitude de documentación: Copynino, rúa Xeneral Pardiñas, nº 2, 15701 Santiago de Compostela, teléfono 981 58 89 38.

O custo total para adquiri-la copia de toda a documentación ascende a 4.725 pesetas (28,40 euros) IVE incluído.

b) Solicitude de información:

Entidade: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Dirección Xeral de Urbanismo.

Enderezo: edificios administrativos San Caetano.

Localidade e código postal: 15704 Santiago de Compostela (A Coruña).

Teléfono: 981 54 43 82; 981 54 43 71.

Telefax: 981 54 43 43; 981 54 53 35.

c) Data límite de obtención de documentación e información: durante o prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo: C, subgrupo: 6, categoría: C; grupo: G, subgrupo: 6, categoría: C.

Outros requisitos: datos referentes á situación do empresario, así como ás condiciones mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o contratista.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación de proposicións: ata as 12 horas do vixésimo sexto día contado a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Enderezo ó que deberán enviarse as ofertas:

Consellería de Política Teritorial, Obras Públicas e Vivenda, Dirección Xeral de Urbanismo.

Rexistro xeral, edificios administrativos San Caetano, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Prazo durante o cual o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses desde a apertura de proposicións, de conformidade co artigo 116 do Regulamento xeral de contratación.

9. Apertura das proposicións: acto público o día 5 de setembro de 2000 ás 10 horas na sede da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de contratistas adxudicataria do contrato: escritura pública.

11. Gastos do anuncio: os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2000.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda