Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 31 de xullo de 2000 Páx. 11.431

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2000 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, da asistencia técnica para a redacción do proxecto técnico de acondicionamento dun espacio público en Celanova (Ourense) e para a dirección facultativa de execución das obras.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Xunta de Galicia. Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Urbanismo

c) Número de expediente: 0019ESUR

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: redacción do proxecto técnico de acondicionamento dun espacio público en Celanova (Ourense) e para a dirección facultativa das obras.

b) Lugar de execución: Comunidade Autónoma de Galicia. Termo municipal de Celanova (Ourense).

c) Prazo de execución ou data límite de entrega (meses):

Para a redacción de proxecto: 45 días.

Para a dirección facultativa: igual ó prazo que resulte para a execución das obras.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: cinco millóns trescentas cincuenta mil (5.350.000) pesetas (32.154,15 euros).

5. Garantías.

a) Provisional: cento sete mil (107.000) pesetas (643,08 euros).

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Dirección Xeral de Urbanismo.

b) Enderezo: edificios administrativos San Caetano.

c) Localidade e código postal: 15704 Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Teléfono: 981 54 43 82; 981 54 43 71.

e) Telefax: 981 54 43 43; 981 54 53 35.

f) Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Os licitadores deberán acredita-la súa solvencia económica e financeira, e a súa solvencia técnico-profesional por aplicación do disposto no artigo 16 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, aprobado polo Real decreto lei 2/2000, do 16 de xuño, sobre solvencia económica e financeira, e no artigo 19, sobre a solvencia técnica ou profesional.

A solvencia económica e financeira acreditarase mediante informe de institucións financeiras (artigo 16.1º a) do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, aprobado polo Real decreto lei 2/2000, do 16 de xuño).

A solvencia técnica e profesional acreditarase, de acordo co artigo 19 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas aprobado polo Real decreto lei 2/2000, do 16 de xuño, mediante a presentación dos seguintes documentos:

Descrición do equipo humano que se propón para a realización do traballo, expresando a titulación académica, acreditándoa mediante copia compulsada do título ou certificación académica, e experiencia profesional de cada un dos seus integrantes. É condición indispensable que no equipo figure un arquitecto superior, como responsable da sinatura do proxecto.

No caso de non pertencer ó cadro de persoal da empresa, documento de colaboración, aceptado e asinado polo arquitecto superior responsable da redacción do proxecto e da dirección facultativa da obra.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: vinteseis días, contados a partir do da publicación no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares e prego de prescricións técnicas que rexen para o concurso.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos San Caetano, Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres (3) meses desde a apertura de proposicións, de conformidade co artigo 116 do Regulamento xeral de contratación.

e) Admisión de variantes (concurso): ver prego de cláusulas administrativas particulares (punto 1.1.1).

9. Apertura das ofertas: acto público.

a) Entidade: sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Enderezo: edificios administrativos San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: o día 4 de setembro de 2000.

e) Hora: dez (10) horas.

10. Outras informacións: ver prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos de anuncios: os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2000.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda