Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 31 de xullo de 2000 Páx. 11.398

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 17 de xullo de 2000 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala superior de finanzas.

De conformidade co establecido no Decreto 103/2000, do 5 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas prazas de corpos e escalas de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2000, esta consellería, no uso das competencias que lle atribúe a Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia segundo a redacción que lle deu a Lei 3/1995, do 10 de abril, (DOG nº 76, do 20 de abril),

DISPÓN:

Convocar proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala superior de finanzas, con suxeición ás seguintes:

Bases da convocatoria

I. Normas xerais.

I.1. O obxecto do proceso selectivo será a cobertura de 10 prazas do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala superior de finanzas, polos sistemas de promoción interna e acceso libre, polo procedemento de oposición.

O proceso selectivo constará dunha fase de probas selectivas e outra fase consistente na superación dun curso selectivo, coas probas, puntuacións e materias que se sinalan nesta orde e os seus anexos.

I.1.1. O número total de vacantes reservadas ó sistema de promoción interna ascenderá a 5 prazas, correspondente ó 50 % do total de vacantes.

O número total de vacantes reservadas ó sistema de acceso libre ascenderá a 5 prazas.

I.1.2. De conformidade coa disposición adicional sétima da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia e co Decreto 103/2000, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas prazas de corpos e escalas de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2000 do total de prazas do sistema de acceso libre reservarase unha (1) para ser cuberta por persoa con minusvalidez co grao de discapacidade igual ou superior ó 33%.

No suposto de que esta praza non sexa cuberta, excluirase da dita cota de reserva e pasará a integrarse nas restantes prazas correspondentes ó sistema de acceso libre.

I.1.3. As prazas sen cubrir das reservadas ó sistema de promoción interna acumularanse ó sistema de acceso libre.

I.1.4. Os aspirantes só poderán participar nun dos dous sistemas.

I.1.5. Ó presente proceso selectivo seralle aplicable a Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada polas leis 4/1991, do 8 de marzo e 3/1995, do 10 de abril; a Lei 30/1984, do 2 de agosto, modificada pola Lei 23/1988, do 28 de xullo; o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e demais normas concordantes, así como o disposto na presente convocatoria.

I.1.6. O programa que rexerá as probas selectivas é o que figura como anexos I, II e III desta convocatoria.

I.1.7. Rematada a fase de oposición procederase á distribución das prazas convocadas entre as especialidades da escala superior de finanzas. A opción entre cada unha das especialidades realizarase, polos aspirantes que superen a fase de oposición, de acordo coa suma das puntuacións obtidas nos exercicios da dita fase. Os aspirantes procedentes da quenda de promoción interna terán, en todo caso, preferencia sobre os aspirantes que proveñan do sistema xeral de acceso libre, para elixi-la especialidade correspondente.

I.1.8. A adxudicación das prazas ós aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa puntuación total obtida por estes ó longo de todo o proceso, dentro de cada unha das especialidades da escala superior de finanzas, unha vez aplicado o disposto na base VI.7 desta convocatoria.

I.2. Requisitos dos candidatos.

I.2.1. Para seren admitidos á realización das probas selectivas os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos:

I.2.2. Para promoción interna:

I.2.2.1. Estar en posesión ou en condicións de obte-lo título de licenciado, enxeñeiro, arquitecto ou equivalente.

I.2.2.2. Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

I.2.2.3. Os aspirantes deberán ser funcionarios da Administración da Xunta de Galicia e pertencer, o día da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, a algún dos corpos ou escalas integrados no grupo A (corpo superior de Administración ou corpo facultativo superior da Xunta de Galicia) ou no grupo B (corpo de xestión e corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia) de acordo co disposto no Decreto 91/1991, do 20 de marzo, de integración dos funcionarios na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, ter unha antigüidade de, polo menos, dous anos no corpo ou escala de orixe e posuí-la titulación requirida para o acceso ó corpo.

I.2.3. Para acceso libre:

I.2.3.1. Ser español.

I.2.3.2. Ter cumpridos os dezaoito anos.

I.2.3.3. Estar en posesión ou en condicións de obte-lo título de licenciado, enxeñeiro, arquitecto ou equivalente.

I.2.3.4. Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

I.2.3.5. Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin encontrarse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

I.2.4. Tódolos requisitos enumerados na base I.2.2. e I.2.3. deberán posuírse no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

I.3. Solicitudes.

I.3.1. Os que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán facelo constar mediante instancia que se axustará ó modelo que se publica como anexo IV desta convocatoria. Á instancia xuntarase fotocopia do documento nacional de identidade e xustificante de ter aboados os dereitos de exame, expedido pola entidade bancaria correspondente, así como, de se-lo caso, a copia cotexada da cualificación de minusvalidez, para os efectos da exención prevista no parágrafo quinto desta base e do disposto nas bases I.I.2 e I.3.3.

Para os efectos de información o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 en horario de 9 ás 19 horas de luns a venres e de 9 ás 14 horas os sábados.

Por imperativo legal, de conformidade co disposto no artigo 30 dous punto terceiro da Lei 7/1999, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2000, que modifica o punto 03 do artigo 18 do Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril, polo que se aproba o texto articulado das bases contidas no capítulo 3 do título II da Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, como requisito necesario para participar no proceso selectivo, deberase aboar previamente en concepto de dereitos de exame o importe de 7.525 pesetas e, de se-lo caso, os gastos de transferencia correspondentes, utilizando para iso o impreso de autoliquidación sinalado no anexo V. O dito impreso facilitaráselles ós interesados no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais, e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia; debendo cubrirse cos códigos que figuran no

referido anexo V. Non obstante o anterior, para o cumprimento deste requisito poderase utilizar unha fotocopia do documento correspondente que como anexo forma parte desta convocatoria.

Estarán exentos do pagamento das taxas por dereitos de inscrición os que posúan unha discapacidade igual ou superior ó 33%, circunstancia que deberá ser acreditada documentalmente xunto coa instancia, presentado copia cotexada da cualificación da minusvalidez.

A non presentación do xustificante do ingreso das taxas, no que figure o selo da entidade bancaria, determinará a exclusión do aspirante. En ningún caso a presentación deste xustificante suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude.

O importe aboado en concepto de dereitos de exame devolveráselles, logo dos trámites correspondentes, ós aspirantes excluídos que o soliciten no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución definitiva da Dirección Xeral da Función Pública á que fai referencia o punto terceiro da base I.4.2.

I.3.2. A presentación de solicitudes farase no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, no das súas delegacións provinciais, oficinas comarcais da Xunta de Galicia e oficinas de correos, así como nos lugares previstos no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común no prazo de vinte días naturais, a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e dirixiranse ó director xeral da función pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

As solicitudes subscritas no estranxeiro poderanse cursar, no prazo expresado no parágrafo anterior, a través das representacións diplomáticas ou consulares españolas correspondentes, que as remitirán seguidamente ó organismo competente.

I.3.3. Os aspirantes con algunha discapacidade deberán indicalo na solicitude. Así mesmo, deberán solicita-las posibles adaptacións de tempo e medios para a realización dos exercicios en que esta adaptación sexa necesaria, todo isto conforme o contido na Lei 13/1982, do 7 de abril e no Decreto 103/2000, do 5 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2000.

Estes requisitos tamén os deberán cumprir, se é o caso, os aspirantes con minusvalideces con un grao de discapacidade igual ou superior ó 33%, a que se refire a base I.1.2. Tales aspirantes terán que declarar expresamente nas solicitudes que posúen a condición de discapacidade anteriormente citada, especificando claramente o tanto por cento de discapacidade recoñecida polo órgano competente.

I.3.4. Na solicitude os aspirantes deberán indica-lo grupo de materias correspondente á parte específica do programa, dos tres contidos no anexo I, polo que optan para a realización do primeiro exercicio. Soamente poderá optarse por un grupo de materias do programa das probas.

I.4. Admisión de aspirantes.

I.4.1. Expirado o prazo de presentación de instancias, o director xeral da función pública dictará resolución de conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, que se publicará no Diario Oficial de Galicia así como oportunamente nos lugares determinados pola normativa vixente e na que se declarará aprobada a lista de admitidos e excluídos, así como as causas da súa exclusión e a indicación do lugar no que están expostas as listas de admitidos. Na lista deberán constar, en todo caso, os apelidos, nome e número de documento nacional de identidade.

I.4.2. Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da resolución, para poder emendar, se é o caso, o defecto que motivase a exclusión.

Para tal efecto a estimación ou desestimación das peticións de emendas entenderase implícita na resolución pola que se publique a lista definitiva.

Unha vez transcorrido o dito prazo, a Dirección Xeral da Función Pública dictará resolución definitiva, contra a que se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte o da súa publicación, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O feito de figuraren na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoca. Cando da documentación que debe presentarse, no caso de supera-lo proceso selectivo, se desprenda que non posúen algún dos requisitos, os interesados decaerán en tódolos dereitos que puidesen derivarse da súa participación no procedemento.

II. Fase de oposición.

II.1. Exercicios.

II.1.1. As probas da oposición consistirán na superación dos seguintes exercicios, todos eles eliminatorios, e obrigatorios, agás para os aspirantes ás prazas pola quenda de promoción interna e os aspirantes ós que se refire o segundo parágrafo da base seguinte, que estarán exentos da realización do primeiro exercicio, sen prexuízo do disposto no último parágrafo da base II.I.7.

II.1.2. Na vindeira convocatoria destas probas, poderán acceder directamente ó segundo exercicio os aspirantes que aproben o primeiro na presente, conservando a cualificación obtida.

De igual xeito, na presente convocatoria poderán acceder directamente ó segundo exercicio os aspirantes que aprobaron o primeiro na convocatoria realizada pola Orde do 30 de outubro de 1997 (DOG nº 220, do 13 de novembro), conservando a cualificación obtida naquel momento no dito exercicio.

II.1.3. Primeiro exercicio: consistirá na resolución, por escrito, dun cuestionario de 150 preguntas tipo test con catro respostas alternativas propostas polo tribunal, correspondentes ás partes común e específica do temario, que será o resultante do sorteo de entre dous cuestionarios elaborados previamente polo tribunal e que este proporá para cada un dos tres grupos de materias seguintes: materia xurídica, materia de economía xeral e materia de economía de empresa. O aspirante deberá optar expresamente por un só destes grupos de materias correspondentes á parte específica na súa instancia, segundo dispón a base I.3.4., figurando o seu temario no anexo I desta convocatoria. No caso de que non se exerza a opción entenderase que o aspirante opta pola materia xurídica.

Cada opositor poderá obter copia do exercicio realizado ó remate del.

No prazo das vintecatro horas seguintes ó da celebración farase pública, nos taboleiros de anuncios da Consellería de Economía e Facenda e nos das súas delegacións territoriais, a guía do test, indicando as respostas correctas.

O exercicio terá unha duración máxima de 3 horas. Cualificarase de 0 a 20 puntos, sendo necesario para superalo obter un mínimo de 10 puntos. Para iso terase en conta que por cada tres respostas incorrectas descontarase unha correcta.

Corresponderá ó tribunal determina-lo número de respostas correctas esixido para acada-la puntuación mínima.

As puntuacións publicaranse unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios.

II.1.4. Segundo exercicio: consistirá na resolución, por escrito, dun caso práctico proposto polo tribunal que será o resultante do sorteo levado a efecto entre dous elixidos previamente por este, sobre as materias sinaladas no anexo II da presente convocatoria.

O exercicio terá unha duración máxima de cinco horas. Cualificarase de 0 a 30 puntos sendo necesario para superalo obter un mínimo de 15 puntos, correspondendo ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixidos para acada-la puntuación mínima.

As puntuacións publicaranse unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios.

II.1.5. Terceiro exercicio: este exercicio constará de dúas partes. A primeira parte consistirá na resolución por escrito, dun cuestionario de 15 preguntas proposto polo tribunal, que será o resultante do sorteo entre dous cuestionarios elaborados previamente por este, sobre as materias comprendidas no anexo III desta convocatoria. O tempo máximo de duración será de tres horas. A segunda parte consistirá na realización, por escrito, dun caso práctico sobre liquidacións tributarias, que será o resultante do sorteo levado a efecto entre dous elixidos previamente polo tribunal. O tempo máximo de duración será de dúas horas.

Este exercicio cualificarase de 0 a 30 puntos, sendo necesario para superalo obter 15 puntos como mínimo, correspondendo ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixidos para acada-la puntuación mínima. Esta cualificación total obterase pola suma da correspondente á primeira parte que se cualificará de 0 a 15 puntos e da segunda parte que se cualificará de 0 a 15 puntos. Esta suma non poderá ter lugar no suposto de que a cualificación obtida en calquera das partes do exercicio fose inferior a 6 puntos, caso no que non se superará o exercicio.

As puntuacións publicaranse unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios.

II.1.6. Cuarto exercicio: consistirá en expoñer, de forma oral, catro temas, extraídos ó chou, durante un tempo máximo de 60 minutos. Os dous primeiros temas corresponderán ás partes 1ª, 2ª e 3ª do anexo III da presente convocatoria, e o terceiro e cuarto temas corresponderán á parte 4ª do mesmo anexo III.

Despois da extracción dos temas e antes de comenza-la súa exposición, concederase ata un máximo de dez minutos de tempo para que o aspirante elabore, en presencia do tribunal, un guión que poderá utilizar no desenvolvemento da súa exposición, consultando para iso exclusivamente o programa de oposición.

Concluída a exposición dos temas, o tribunal poderá dialogar co aspirante por un tempo máximo de dez minutos, exclusivamente sobre aspectos concretos relacionados cos temas expostos.

O exercicio cualificarase de 0 a 40 puntos sendo necesario para superalo obter alomenos 20 puntos, correspondendo ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixidos para acada-la puntuación mínima.

As puntuacións publicaranse unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios.

II.1.7. Quinto exercicio: constará de dúas probas:

Primeira proba: consistirá na traducción dun texto do castelán para o galego elixido por sorteo de entre tres propostos polo tribunal.

Segunda proba: consistirá na traducción dun texto do galego para o castelán elixido por sorteo de entre tres propostos polo tribunal.

O tempo máximo para a realización do exercicio será dunha hora.

Este exercicio valorarase como apto ou non apto sendo necesario para superalo obte-lo resultado de apto, correspondendo ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixidos para acada-lo resultado de apto.

Os resultados publicaranse unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios.

Estarán exentos da realización do quinto exercicio os aspirantes que acrediten a posesión do curso de perfeccionamento de galego, ou estudios equivalen

tes. Tal acreditación poderase presentar ata os 10 días seguintes á publicación da última das notas do cuarto exercicio.

II.1.8. Cada membro do tribunal cualificará os exercicios segundo a banda de puntuación establecida pola presente convocatoria para cada proba. A cualificación final de cada exercicio será o resultado da media aritmética das puntuacións emitidas polo tribunal.

II.1.9. Para a realización das probas que teñen por contido a resolución de casos prácticos, poderán servirse os opositores de textos legais sen comentarios, excluíndose os libros de consulta.

II.1.10. Os aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo de súa identidade, a xuízo do tribunal. Así mesmo deberán presentarse provistos do correspondente lapis do nº 2 e goma de borrar para a realización do exercicio tipo test.

II.1.11. Os exercicios celebraranse a porta pechada sen outra asistencia cá dos opositores, membros do tribunal e os colaboradores designados por este, agás a realización do cuarto exercicio, que se efectuará en sesión pública.

II.2. Desenvolvemento dos exercicios:

II.2.1. Os exames deberán desenvolverse en galego ou castelán.

II.2.2. A orde de actuación dos opositores iniciarase alfabeticamente polo primeiro da letra Z, de conformidade co establecido na resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 16 de marzo de 2000 pola que se publica o resultado do sorteo celebrado o día 15 de marzo (DOG nº 59, do 24 de marzo), ó tratarse dunha convocatoria correspondente ó ano 2000.

II.2.3. En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos polo tribunal correspondente coa finalidade de acredita-la súa personalidade.

II.2.4. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en único chamamento, sendo excluído da oposición quen non compareza, podéndose considera-los casos de forza maior, debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal, para os efectos dun posterior chamamento.

II.2.5. A publicación dos sucesivos anuncios de celebración do segundo e restantes exercicios será efectuada polo tribunal no lugar onde se celebrou o anterior exercicio, nos taboleiros de anuncios da Consellería de Economía e Facenda e nos das súas delegacións territoriais, e por calquera outro medio, se se xulga conveniente, para facilita-la súa máxima divulgación, con vintecatro horas, polo menos, de antelación á sinalada para a súa iniciación. Cando se trate de distintas fases do mesmo exercicio, o anuncio será publicado nos locais onde se celebrase, e nalgún outro medio se se xulga conveniente con doce horas, polo menos, de antelación.

II.2.6. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivera coñecemento de que algún aspirante non cumpre algún dos requisitos esixidos pola presente convocatoria, logo de audiencia do interesado, deberá acorda-la súa exclusión, se procede.

Contra tal acordo poderase interpoñer recurso de alzada conforme o previsto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

III. Fase de curso selectivo.

III.1. Tódolos aspirantes que superen as probas da oposición realizarán un curso selectivo que igualmente deberán superar con aproveitamento, como requisito indispensable para obte-lo seu nomeamento de funcionarios de carreira. O curso versará sobre as materias do programa da presente convocatoria de proceso selectivo.

O curso terá unha duración de 200 horas lectivas, distribuídas por especialidades da escala superior de finanzas, impartíndose nel o conxunto de materias relacionadas coas funcións e procedementos de cada unha delas.

Parte do curso selectivo poderá consistir nun período de realización de prácticas nos servicios centrais e territoriais da Consellería de Economía e Facenda.

Durante o período de realización do curso, os aspirantes que participen nel serán nomeados funcionarios en prácticas coa situación xurídica prevista nos artigos 16 e 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo, e demais disposicións de aplicación.

III.2. Cualificarase de 0 a 10 puntos o curso, sendo necesario para superalo obter unha puntuación mínima de 5 puntos. A cualificación do curso obterase mediante a media aritmética da suma das puntuacións obtidas en cada unha das materias del.

III.3. Os aspirantes que non superen o curso realizarán, no prazo máximo de dous meses, unha nova proba sobre as materias non aprobadas. De non superala poderán incorporarse ó curso inmediatamente posterior, conforme a opción da especialidade exercida no primeiro, coa puntuación asignada na fase de oposición, dentro da especialidade, ó último dos participantes nel. Se non o superan novamente perderán tódolos seus dereitos ó nomeamento de funcionarios de carreira.

III.4. Rematada a impartición do curso o tribunal publicará a relación de aspirantes que o superen. Celebrada a segunda proba, conforme o disposto na base III.3, publicarase a relación completa de aspirantes que o superaron definitivamente, así como a relación de aspirantes que, se é o caso, poderán incorporarse ó curso inmediatamente posterior.

IV. Tribunal.

IV.1. O tribunal cualificador do proceso será designado por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, e a súa composición será determinada polo previsto no artigo 7 do Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

O nomeamento como membro do tribunal é irrenunciable, salvo cando concorra causa xustificada ou algún dos motivos de abstención previstos no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

IV.2. Ademais do tribunal que se designe na orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, poderán nomearse máis tribunais para xulga-lo proceso, por proposta do tribunal sinalado na base anterior cando polo número de aspirantes isto fose necesario.

A autoridade convocante publicará no DOG resolución pola que se nomeen os novos tribunais, se é o caso.

IV.3. Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándoo ó director xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública, cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou se realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O presidente poderá solicitar dos membros do tribunal declaración expresa de non encontrarse incursos nas circunstancias previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorran as circunstancias previstas na presente base.

IV.4. A autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia resolución pola que se nomeen os novos membros do tribunal, que substituirán os que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas na base IV.3.

IV.5. Logo da convocatoria do presidente, constituirase o tribunal. Tal constitución entenderase válida con que asistan a ela a maioría dos membros do tribunal. A celebración da sesión de constitución terá lugar no prazo máximo de trinta días a partir da publicación do tribunal e mínimo de dez días antes da realización do primeiro exercicio.

Na dita sesión, o tribunal, adoptará tódalas decisións que lle correspondan para o correcto desenvolvemento das probas selectivas.

IV.6. A partir da sesión de constitución, o tribunal, para actuar validamente, requirirá a presencia da maioría dos seus membros, titulares ou suplentes.

IV.7. O procedemento de actuación do tribunal axustarase en todo momento ó disposto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

IV.8. O tribunal, mediante anuncio público no Diario Oficial de Galicia e demais anuncios correspondentes, fixará o lugar, a data e hora da celebración do primeiro exercicio.

IV.9. Por cada sesión do tribunal levantarase acta, que, lida ó principio da sesión seguinte e feitas, se é o caso, as rectificacións que procedan, autorizarase coa sinatura do secretario e o visto e prace do presidente.

IV.10. O tribunal poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes ós exercicios que coide pertinente, limitándose estes asesores a presta-la súa colaboración nas súas especialidades técnicas. A designación de tales asesores deberá comunicárselle ó director xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

IV.11. O tribunal cualificador adoptará as medidas precisas naqueles casos en que resulte necesario, de forma que os aspirantes con discapacidades gocen de similares condicións para a realización dos exercicios có resto dos demais participantes. Neste sentido estableceranse, para as persoas con discapacidades que o soliciten na forma prevista na base I.3.3., as adaptacións posibles en tempos e medios para a súa realización.

Se na súa realización se lle suscitasen dúbidas ó tribunal respecto da capacidade do aspirante para o desempeño das actividades habitualmente desenvolvidas polos funcionarios do corpo ó que opta, poderán solicita-lo correspondente dictame do órgano competente.

IV.12. O presidente do tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios da fase de oposición que se realicen en forma escrita sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade dos aspirantes, utilizando para iso os impresos adecuados.

O tribunal excluirá aqueles candidatos con exercicios nos que figuren marcas ou signos que permitan coñece-la identidade do opositor.

IV.13. O tribunal que actúe neste proceso selectivo terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 299/1990, do 24 de maio.

O número máximo de sesións de cada un dos tribunais será fixado por resolución da Dirección Xeral da Función Pública, podendo só ampliarse o número delas, con base en causa xustificada, pola dita dirección xeral.

IV.14. En ningún caso o tribunal poderá aprobar nin declarará que superaron o proceso selectivo un número de aspirantes superior ó de prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

IV.15. As comunicacións que formulen os aspirantes ó tribunal dirixiranse á Consellería da Presidencia e Administración Pública, Dirección Xeral da Función Pública (edificio administrativo San Caetano - Santiago de Compostela).

V. Lista de aprobados na fase de oposición.

V.1. Rematada a realización dos exercicios da fase de oposición e no suposto de empate nas puntuacións de dous ou máis aspirantes, estes serán resoltos pola

puntuación obtida no segundo exercicio e, se isto non fose suficiente, pola puntuación obtida nos sucesivos exercicios ata que se resolva este. De persisti-lo empate resolverase por orde alfabética, á que se refire a base II.2.2.

O tribunal resolverá os empates que se produzan, de acordo cos criterios expresados no parágrafo anterior.

V.2. Rematadas as probas da fase de oposición, o tribunal fará públicas no Diario Oficial de Galicia, nos taboleiros de anuncios da Consellería de Economía e Facenda, nos das súas delegacións territoriais e naqueloutros que coide oportuno, as relacións independentes de aspirantes que superaron a dita fase, tanto polo sistema de acceso libre coma polo de promoción interna, por orde de puntuacións acadadas, con indicación do seu documento nacional de identidade.

O presidente do tribunal enviaralle proposta conxunta de ámbalas dúas listas de aprobados ó director xeral da Función Pública, especificando, igualmente, o número de aprobados en cada un dos exercicios.

VI. Presentación de documentos e nomeamento de funcionarios en prácticas e de carreira.

VI.1. No prazo de vinte días naturais, contados dende o día seguinte a aquel no que se fagan públicas no Diario Oficial de Galicia as listas de aprobados na fase de oposición, os opositores que superasen os exercicios e antes de iniciarse o curso selectivo, deberán presentar na Dirección Xeral da Función Pública os seguintes documentos:

A. Fotocopia compulsada polo órgano competente (servicios de persoal, de se-lo caso, rexistros xerais ou fedatarios públicos) do título esixido na base I.2. ou certificación académica que acredite ter realizado tódolos estudios para a obtención do título ou, se é o caso, documento que acredite fidedignamente a posesión do correspondente título académico.

B. Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin encontrase inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

C. Deberá presentarse certificado médico oficial no que se acrediten os extremos sinalados na base I.2.3.4.

D. Os aspirantes con minusvalideces cun grao de discapacidade igual ou superior ó 33% (cota de reserva) deberán acreditar tal condición, se obtivesen praza, mediante certificación dos órganos competentes da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e, se é o caso, da Administración correspondente.

Así mesmo a Consellería da Presidencia e Administración Pública requirirá, respecto das persoas que accedan por esta cota de reserva, documento acreditativo do órgano competente sobre a compatibilidade co desempeño das correspondentes funcións.

VI.2. Os que tiveran a condición de funcionarios de carreira están exentos de xustificar documentalmente as condicións e demais requisitos xa probados para obte-lo seu anterior nomeamento, debendo presentar certificación do servicio de persoal da consellería ou organismo do que dependeran para acreditar tal condición, con expresión do número e importe de trienios, así como a data do seu cumprimento.

VI.3. Os que dentro do prazo fixado e salvo os casos de forza maior non presentasen a documentación ou do exame dela se deducise que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base I.2. non poderán ser nomeados funcionarios en prácticas ou de carreira, segundo corresponda, e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade na que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

VI.4. Rematada a fase de oposición e unha vez cumpridos os requisitos esixidos con anterioridade, os que a superasen serán nomeados funcionarios en prácticas mediante unha resolución do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, que se publicará no Diario Oficial de Galicia de acordo coa puntuación obtida nos exercicios da oposición. O nomeamento terá efectos dende a data do inicio do curso selectivo ó que se refire a base III.

VI.5. Rematado o curso selectivo, a orde de puntuación dos aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase, dentro de cada especialidade da escala superior de finanzas, de acordo coa suma da puntuación obtida na fase de oposición e na de curso selectivo, non podendo supera-lo proceso selectivo un número superior ó de prazas convocadas.

No caso de igualdade de puntuación acumulada entre dous ou máis funcionarios en prácticas, a prelación entre eles establecerase tendo en conta que a cualificación obtida na fase de oposición prevalecerá sobre a cualificación acadada no curso selectivo.

VI.6. A petición de destinos por parte dos funcionarios en prácticas que superaron o curso selectivo deberá realizarse unha vez rematado o proceso selectivo, logo de oferta deles.

VI.7. Os aspirantes que ingresen polo sistema de promoción interna, en virtude do disposto no artigo 22.2º do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna terán, en todo caso, preferencia sobre os aspirantes provenientes do sistema xeral de acceso libre para cubri-las vacantes correspondentes.

No sistema de promoción interna, os aspirantes que superen o presente proceso selectivo poderán tomar posesión da praza que viñeran desempeñando con carácter definitivo, cando esta, de conformidade cos requisitos esixidos nas relacións de postos de traballo, poida ser desempeñada por funcionarios pertencentes ó corpo e escala ó que accedan, de acordo co disposto no artigo 60 da Lei 4/1988, do 26 de maio, modificada pola Lei 3/1995, da función pública de Galicia.

VI.8. A adxudicación das prazas ós aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa puntuación sinalada na base VI.5 unha vez aplicado o disposto na base VI.7.

VI.9. Rematado o proceso selectivo, os que o superasen serán nomeados funcionarios de carreira mediante unha resolución do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, que se publicará no Diario Oficial de Galicia e na que se indicará o destino adxudicado de acordo coa puntuación obtida.

VI.10. A toma de posesión dos aspirantes aprobados será efectuada no prazo dun mes, contado a partir da data de publicación do seu nomeamento no Diario Oficial de Galicia, de conformidade coas diposicións previstas na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada polas leis 4/1991, do 8 de marzo e 3/1995, do 10 de abril, e demais normas concordantes.

VII. Norma derradeira.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente ante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, segundo o artigo 8.2º en conexión co artigo 10.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO I

a) Parte común:

Dereito comunitario.

Tema 1. A Unión Europea: obxectivos, natureza e fins. Nacemento e fases da súa evolución. Estado actual do proceso de unificación europea.

Tema 2. Fontes do dereito comunitario. Tipoloxía. Características e efectos. A integración do dereito comunitario en España.

Tema 3. Institucións comunitarias e o seu funcionamento: o Consello, a Comisión, o Parlamento. Os órganos xudiciais da Unión Europea. O Banco Central Europeo.

Tema 4. As competencias da comunidade. Marco de atribucións concedidas polos tratados. O desenvolvemento das competencias comunitarias. Relacións entre competencia comunitaria e competencia nacional. Participación de entes territoriais non estables no proceso decisorio.

Tema 5. As liberdades básicas: libre circulación de mercadorías, persoas, servicios e capitais.

Tema 6. O orzamento da U.E. Os instrumentos financeiros. Fondos estructurais e iniciativas comunitarias.

Tema 7. Políticas comúns. Especial referencia á política de competencia e política agraria.

Dereito constitucional.

Tema 8. A Constitución española de 1978. Estructura. Características. A reforma constitucional.

Tema 9. As Cortes Xerais. As funcións das Cortes. O funcionamento das Cortes.

Tema 10. A Coroa. O Rei. O Tribunal Constitucional.

Tema 11. O Goberno. Composición. Funcións. Relacións con outros poderes.

Tema 12. O poder xudicial na Constitución.

Tema 13. Os dereitos e liberdades na súa configuración constitucional. Suspensión. Garantías.

Dereito autonómico.

Tema 14. Os principios da organización territorial do Estado: exame do artigo 2 da Constitución. As comunidades autónomas: a súa natureza. Os estatutos de autonomía: natureza e contido.

Tema 15. A autonomía galega: orixe e evolución. O Estatuto de autonomía de Galicia: estructura e contido.

Tema 16. Bases fundamentais da autonomía galega: o territorio. Os símbolos. A lingua e a cultura galegas. O recoñecemento da galeguidade. A condición de galego. Os dereitos dos cidadáns galegos: garantías.

Tema 17. Organización política das comunidades autónomas. As institucións de autogoberno de Galicia: descrición. Sede. A Administración de Xustiza en Galicia.

Tema 18. O Goberno da Comunidade Autónoma. A Xunta de Galicia e o seu presidente.

Tema 19. O Parlamento de Galicia. Sistema electoral. Funcións do Parlamento: o control parlamentario da acción do goberno. O Valedor do Pobo.

Tema 20. A delimitación competencial entre o Estado e as comunidades autónomas na Constitución. Clases de competencias autonómicas; en especial, as leis de bases e as competencias de desenvolvemento. As transferencias de competencias do Estado ás comunidades autónomas. As leis de harmonización.

Tema 21. As cláusulas de prevalencia e supletoriedade do dereito estatal. As competencias de Galicia no Estatuto de autonomía. Os decretos de traspaso.

Tema 22. As consellerías: organización e estructura. A Administración periférica da Comunidade Autónoma. Especial referencia á Consellería de Economía e Facenda. A Administración consultiva: O Consello Consultivo de Galicia.

Tema 23. A función pública galega: bases do seu réxime xurídico. Persoal funcionario e persoal laboral. Sistemas de acceso. Provisión de postos de traballo. Promoción. Situacións administrativas dos funcionarios. Incompatibilidades. Dereitos, deberes e réxime disciplinario.

b) Parte específica:

I. Materia xurídica.

Dereito civil.

Tema 1. O dereito civil: a súa significación no ordenamento xurídico e na ciencia do dereito. O Código Civil: antecedentes, estructura e contido. Lexislación civil complementaria. As fontes do dereito en xeral e no sistema xurídico positivo español.

Tema 2. Os dereitos forais. Antecedentes e problemas da codificación foral. Os dereitos forais no sistema constitucional. Os apéndices forais. A Compilación do Dereito Civil de Galicia: antecedentes, características e estructura.

Tema 3. A aplicación e interpretación das normas xurídicas. Os efectos da norma xurídica. A integración do ordenamento xurídico: a analoxía e a equidade.

Tema 4. A persoa: adquisición e perda da personalidade. Capacidade xurídica e capacidade de obrar. As circunstancias modificativas da capacidade. Os estados civís. A incapacitación.

Tema 5. A nacionalidade. Veciñanza civil. Domicilio. Ausencia. O Rexistro Civil.

Tema 6. A persoa xurídica: regras xerais do Código Civil. As asociacións. As fundacións.

Tema 7. A representación. Influencia do tempo nas relacións xurídicas. Prescrición. Caducidade.

Tema 8. Os bens: as súas clases. Bens mobles e inmobles. O patrimonio: concepto e clases.

Tema 9. O dereito da propiedade. Contido. Protección. Os modos de adquirir: teoría xeral. A doctrina do título e o modo.

Tema 10. A ocupación. A usucapión. A accesión.

Tema 11. A comunidade de dereitos e o condominio. A posesión.

Tema 12. Usufructo, uso e habitación. As servidumes.

Tema 13. Os dereitos reais de garantía. O peñor. A anticrese. O dereito de superficie.

Tema 14. O dereito hipotecario: concepto e fontes. Trazos esenciais do sistema hipotecario español.

Tema 15. Os principios hipotecarios. Principio de inscrición. Principio de prioridade. Principio de tracto sucesivo. Principio de rogación.

Tema 16. Principio de legalidade. Principio de especialidade. Principio de fe pública rexistral.

Tema 17. A demarcación rexistral. Os libros do rexistro. O asento rexistral: concepto e clases. A cancelación. A nota marxinal.

Tema 18. A anotación preventiva: concepto e efectos xerais. Exame das recollidas no artigo 42 da Lei hipotecaria. Especial referencia á anotación preventiva de embargo.

Tema 19. A hipoteca: concepto, clases, requisitos e efectos. A prelación dos créditos tributarios e a súa relación co Rexistro da Propiedade.

Tema 20. A obrigación. Concepto. Fontes. Clasificacións: unilaterais e sinalagmáticas; puras, condicionais e a termo; específicas e xenéricas; divisibles e indivisibles. Outras clasificacións.

Tema 21. Causas de extinción das obrigacións. O pagamento. A compensación.

Tema 22. A condonación. A consignación. A perda da cousa. A confusión. A novación.

Tema 23. O contrato. Clasificacións. Xeración, perfección e consumación do contrato. Contrato preliminar e de opción. A interpretación dos contratos.

Tema 24. Ineficacia dos contratos. Nulidade, anulabilidade e rescisión. Causas e efectos.

Tema 25. Contrato de compravenda. Elementos. A compra de cousa allea. As obrigacións do comprador.

Tema 26. As obrigacións do vendedor. A entrega: teoría dos riscos. O saneamento. A permuta.

Tema 27. Dereitos de tanteo e retracto. Cesión de dereitos e accións.

Tema 28. Normas xerais sobre o arrendamento. Arrendamento de cousas. Arrendamento de servicios. Arrendamento de obras. Principais especialidades en materia de arrendamentos de predios rústicos e de predios urbanos.

Tema 29. Contrato de sociedade. O mandato.

Tema 30. O préstamo. O precario. O depósito.

Tema 31. A fianza. Contratos aleatorios. Transacción.

Tema 32. Arbitraxe. Os case contratos. Obrigacións que nacen da culpa ou neglixencia.

Tema 33. O enriquecimento sen causa. Concorrencia e prelación de créditos.

Tema 34. Dereito de familia: caracteres. O matrimonio: requisitos. Nulidade, separación e divorcio. Causas e efectos. As medidas provisionais.

Tema 35. Réximes económicos do matrimonio: o réxime económico matrimonial primario. A sociedade de gananciais. Constitución. Bens privativos e gananciais. Cargas e obrigacións. Administración e disposición dos gananciais.

Tema 36. Disolución e liquidación da sociedade de gananciais. O réxime de separación. O réxime de participación. Os réximes económicos-matrimoniais nos dereitos forais. Especial referencia ó dereito galego.

Tema 37. Patria potestade. Filiación. Alimentos entre parentes.

Tema 38. Sucesión mortis causa. O testamento: requisitos comúns. Clases de testamento. Interpretación do testamento. Institución do herdeiro.

Tema 39. A partición da herencia: as súas fases. Efectos da partición. As sustitucións hereditarias.

Tema 40. As reservas. A testamentaría.

Tema 41. As lexítimas. A desherdación. A preterición.

Tema 42. Dereito de representación e de acrecer. A sucesión intestada. A sucesión contractual. Especial referencia ó Dereito Civil de Galicia.

Dereito mercantil.

Tema 43. O concepto do dereito mercantil. Os actos de comercio. Actos mixtos e actos de comercio por analoxía. As fontes do dereito mercantil.

Tema 44. A publicidade no dereito mercantil: o Rexistro Mercantil. Principios. Organización. Obxecto de inscrición.

Tema 45. O comerciante: concepto. O comerciante individual. Condicións de capacidade. O exercicio do comercio por estranxeiros. Os auxiliares do comerciante.

Tema 46. A sociedade mercantil: concepto, natureza e clases. Personalidade da sociedade. O obxecto social. Requisitos de constitución. A sociedade irregular.

Tema 47. A sociedade regular colectiva. A sociedade comanditaria simple. Sociedade comanditaria por accións.

Tema 48. A sociedade de responsabilidade limitada. Constitución. Réxime das achegas sociais. Órganos. Modificacións dos estatutos: ampliación ou reducción do capital social. Contas anuais. A sociedade unipersoal de responsabilidade limitada.

Tema 49. A sociedade anónima. Constitución. Patrimonio e capital social. Réxime das achegas. As reservas. As accións: clases.

Tema 50. Accións sen voto. Dereitos que confiren as accións ó seu titular. Transmisión das accións: pactos limitativos. Copropiedade, usufructo e pignoración das accións. Negocios da sociedade sobre as súas propias accións.

Tema 51. A modificación dos estatutos: aumento e reducción do captial social. Órganos da sociedade. Impugnación dos acordos sociais.

Tema 52. Contas anuais das sociedades anónimas. Verificación. Aprobación e publicación. Emisión de obrigacións.

Tema 53. Disolución das sociedades mercantís: causas xerais e específicas das sociedades anónimas e de responsabilidade limitada. A liquidación das sociedades mercantís.

Tema 54. Transformación, fusión e escisión das sociedades mercantís. A súa disciplina na Lei de sociedades anónimas e de responsabilidade limitada.

Tema 55. Institucións de investimento colectivo. Sociedades anónimas laborais. Cooperativas. Sociedades de garantía recíproca. Agrupacións de interese ecónomico. Unións temporais de empresas. Sociedades e fondos de capital-risco.

Tema 56. A propiedade industrial. Patentes. Marcas. Outros dereitos de propiedade industrial.

Tema 57. Os títulos valores. A letra de cambio. Emisión e forma. O endoso da letra. A aceptación. O aval. Vencemento. Pagamento.

Tema 58. O protesto. As accións cambiarias. A intervención. Prescrición. A obriga de pagamento.

Tema 59. O cheque. Títulos ó portador e nominativos.

Tema 60. As obrigacións e os contratos mercantís: disposicións xerais do Código de comercio. A compravenda mercantil. Compravendas especiais.

Tema 61. O contrato de conta corrente. O contrato de comisión. Contrato de contas en participación. Depósito mercantil. Préstamo mercantil.

Tema 62. O leasing. O renting. O factoring. Os contratos de engineering ou transferencia de tecnoloxía. O contrato de axencia.

Tema 63. Os mercados de valores. Mercados primarios e secundarios de valores. As bolsas de valores: organización e xestión. Os contratos bolsistas. Os valores representados por anotacións en conta.

Tema 64. O sistema bancario; competencias autonómicas. O Banco de España. O crédito oficial. A banca privada. A caixa de aforros: especial referencia á normativa autonómica. Outros intermediarios financeiros.

Tema 65. Contratos bancarios. Contrato de apertura de crédito. Os bonos de caixa e certificados de depósito. Outros activos. Os contratos bancarios e a súa intervención no comercio internacional.

Tema 66. Operacións bancarias de mediación. Emisión de obrigacións e accións. Operacións sobre hipotecas. Xiros e transferencias. Compensación bancaria. Depósitos pechados e abertos. As tarxetas de crédito.

Tema 67. Contrato de transporte terrestre. Os contratos do dereito mercantil marítimo; especial referencia ó fretamento e ó subfretamento. Os contratos do dereito da navegación aérea.

Tema 68. Contrato de seguro. Clases. Elementos. Contido obrigacional xeral. Os seguros de danos: características xerais; clases. Os seguros de persoas: clases e caracteres. Os seguros obrigatorios de responsabilidade civil.

Tema 69. Os estados de anormalidade do comerciante no cumprimento das súas obrigas: principios rectores e caracterización xeral. A suspensión de pagamentos: procedemento e efectos. O convenio: efectos; impugnación.

Tema 70. A quebra. Clases e requisitos da declaración de quebra. Efectos da declaración de quebra.

A masa da quebra: delimitación. Reintegración e reducción. Tramitación xeral do procedemento. Prelación dos créditos. A reintegración do quebrado.

II. Materia de economía xeral.

Tema 1. A ciencia económica. A actividade económica. O obxecto e os problemas da economía. O método da ciencia económica.

Tema 2. Problemas centrais a toda organización económica. As posibilidades tecnolóxicas. A Lei dos rendementos decrecentes. Economía de escala. Lei dos custos relativos crecentes.

Tema 3. O pensamento económico dos clásicos. Fundamentos da economía marxista. O pensamento económico dos economistas neoclásicos.

Tema 4. O pensamento económico keynesiano.

Tema 5. Outras achegas ó pensamento económico: monetaristas, postkeynesianos e neomonetaristas. Situación actual das investigacións no campo da macroeconomía.

Tema 6. Magnitudes agregadas básicas: producto nacional, consumo e investimento, gasto nacional. Producto nacional bruto e producto nacional neto.

Tema 7. O sector público na contabilidade nacional. Contas e magnitudes.

Tema 8. Modelo de determinación da renda nunha economía pechada (I). Análise polo lado da demanda. Equilibrio no mercado de bens: a curva IS. Equilibrio no mercado de diñeiro: a curva LM.

Tema 9. Modelo de determinación da renda nunha economía pechada (II). Análise polo lado da demanda: obtención da curva de demanda, factores que explican a Lei da demanda decrecente.

Tema 10. O sector público, as transferencias ó sector privado e os impostos.

Tema 11. Efectos da política monetaria sobre os compoñentes da demanda agregada. Problemas de diagnóstico e retardos.

Tema 12. Modelo de determinación da renda nunha economía pechada (III). Análise polo lado da oferta. O equilibrio no mercado de traballo e a curva de oferta agregada da economía: a formulación keynesiana. Equilibrio no modelo keynesiano.

Tema 13. Modelo de determinación da renda nunha economía pechada (IV). Análise polo lado da oferta. O equilibrio no mercado de traballo e a curva de oferta agregada da economía: a formulación clásica. Diferencias co modelo keynesiano.

Tema 14. Modelo de determinación da renda nunha economía pechada (V). Equilibrio no modelo keynesiano. Efectos da política monetaria. Efectos da política fiscal.

Tema 15. Modelo de determinación da renda nunha economía pechada (VI). Equilibrio no modelo clásico. Efectos da política monetaria. Efectos da política fiscal.

Tema 16. Modelo de determinación da renda nunha economía pechada (VII). Equilibrio no modelo está

tico básico con oferta de traballo sensible ós cambios de nivel de prezos en menor medida que as variacións de salarios. As políticas monetarias e fiscal no modelo estático básico.

Tema 17. Ampliación do estudio da función de demanda agregada do consumo privado. A teoría keynesiana.

Tema 18. O gasto, a renda relativa de Duessemberry, demanda de consumo, renda normal. A teoría da renda permanente de Friedman. A teoría do ciclo vital de Modigliani, Brumberg e Ando.

Tema 19. Ampliación do estudio da función de investimento. O criterio de valor do investimento. A taxa marxinal do capital, o tipo de interese e a eficacia marxinal do investimento.

Tema 20. A función de aforro. A súa natureza. Equilibrio aforro-investimento. O papel do sector público na canalización do aforro.

Tema 21. Ampliación do estudio da demanda de diñeiro: a teoría cuantitativa clásica (Fisher). A formulación Cambridge. A preferencia pola liquidez keynesiana. A teoría cuantitativa moderna (Hicks, Friedman). O método de inventario aplicado á demanda de diñeiro (Baumol-Tobin).

Tema 22. Ampliación do estudio da oferta monetaria: definición M1, M2 e M3. O mecanismo de expansión monetaria. A oferta monetaria sensible ó xuro e a súa inserción no modelo estático clásico.

Tema 23. Un modelo de determinación da renda nunha economía aberta: a conta corrente e o equilibrio do mercado productivo. A conta de capital e o equilibrio da balanza de pagamentos. O axuste da balanza de pagamentos e a curva LM. Plan de acción para axusta-la balanza de pagamentos.

Tema 24. O axuste da balanza de pagamentos e a política monetaria. Introducción. O axuste da balanza de pagamentos nun sistema de cambio fixo. O axuste da balanza de pagamentos nun sistema de cambio fluctuante.

Tema 25. A política monetaria e a política fiscal ante as situacións de desequilibrio nunha economía aberta. Retardos e coordenación.

Tema 26. Nivel de emprego, salarios e prezos. Introducción. Nivel de emprego e salarios reais. Salarios monetarios e nivel de emprego na oferta do mercado de traballo. Salarios monetarios e nivel de emprego da demanda do mercado de traballo.

Tema 27. Os prezos e a política de rendas. O nivel de prezos e as súas variacións. As curvas de Philips e a política de rendas.

Tema 28. A inflación: o proceso inflacionista. Efectos da inflación.

Tema 29. A distribución da renda. Medición das diferencias persoais, espaciais e funcionais. O sector público e a función de distribución da renda.

Tema 30. O sistema financeiro (I). Estructura do sistema monetario. O Banco Central. As súas funcións.

Tema 31. O sistema finaceiro (II). Os bancos comerciais e os intermediarios financeiros non bancarios. Variacións nas reservas bancarias. Controis indirectos e controis selectivos do crédito. Equilibrio nos mercados de activos.

Tema 32. O sistema financeiro (III). Os fluxos monetarios e a transmisión dos impulsos monetarios. O problema da causación inversa.

Tema 33. O sistema financeiro (IV). A análise da oferta monetaria. Os fluxos financeiros da economía. Integración de fluxos financeiros e os fluxos reais.

Tema 34. Teoría da demanda baseada no concepto de utilidade, utilidade total e utilidade marxinal. O comportamento do consumidor. Obtención da curva de demanda. Efecto renda e efecto substitución.

Tema 35. Teoría da demanda baseada nas curvas de indiferencia. As curvas de indiferencia. As súas características. O equilibrio do consumidor. As curvas de demanda. Efecto renda, efecto substitución. Distintos tipos de curvas de demanda.

Tema 36. Outros aspectos da teoría da demanda. A teoría da demanda baixo os supostos do equilibrio parcial. O excedente do consumidor. A teoría da preferencia revelada.

Tema 37. A función de producción. Curvas isocuantas e isocustos: concepto, características e obtención. Función de producción homoxénea. As curvas de producto a curto prazo: a lei de rendementos decrecentes.

Tema 38. Os custos de producción (I). Concepto. Curto prazo: curvas de custos. Relacións e propiedades xeométricas das curvas de custo a curto prazo.

Tema 39. Os custos de producción (II). O longo prazo: curvas de custos. Economía e deseconomías de escala. Relacións entre curvas de custo a curto e longo prazo: dimensión óptima.

Tema 40. O mercado de competencia perfecta: a oferta. Características deste modelo de mercado. A curva de oferta da empresa a curto prazo. A curva de oferta da industria a curto prazo. A oferta a longo prazo da empresa e da industria.

Tema 41. O mercado de competencia perfecta. O prezo. O prezo do equilibrio. As elasticidades da oferta e a demanda. A estabilidade do equilibrio. O teorema da arañeira.

Tema 42. O monopolio da oferta (I). Concepto. Os ingresos e o prezo. O equilibrio. Discriminación de prezos. O monopolio con múltiples plantas.

Tema 43. O monopolio da oferta (II). Efectos do monopolio. A intervención sobre os monopolios. O monopolio con fins sociais. A política da marxe constante.

Tema 44. Outros modelos do mercado. O oligopolio: concepto. Tipos de interdependencia de oligopolistas. Teoría de comportamento oligopolístico. A competencia monopolística. O poder do monopolio.

Tema 45. A formación do prezo dos factores de producción. Introducción. As leis de distribución nun mercado de competencia perfecta. As leis de distribución en condicións monopolísticas.

Tema 46. Teoría económica do benestar. As condicións do óptimo. A curva de posibilidades de utilidade. A función de benestar social e o benestar económico.

Tema 47. Imperfeccións da competencia. Externalidades e fallos do mercado. Fundamento da intervención do sector público.

Tema 48. Equilibrio xeral. Explicación do funcionamento do equilibrio xeral a través da interacción de dous mercados e de tres mercados. Expresión analítica do equilibrio xeral.

Tema 49. Comercio internacional. Formulación clásica da teoría da vantaxe comparativa. A relación real de intercambio. As funcións de producción na teoría de comercio internacional.

Tema 50. O modelo de Heckscher-Ohlin. A dotación dos factores e a estructura productiva. Relacións entre prezos e factores de prezos de productos. Contrastacións empíricas.

Tema 51. A estructura do comercio mundial. Crecemento económico e comercio internacional. Formulacións teóricas.

Tema 52. A protección arancelaria. Métodos de protección.

Tema 53. A protección non arancelaria. A protección efectiva. A teoría da integración. Problemas de organización de comercio internacional.

Tema 54. A teoría do ciclo económico (I). Introducción. A teoría da innovación de Schumpeter. O modelo de Kaldor.

Tema 55. A teoría do ciclo económico (II). A interacción do multiplicador e o acelerador segundo Samuelson. A teoría de Hicks.

Tema 56. O crecemento económico (I). Introducción. Significación e medida do crecemento económico. Economías desenvolvidas e subdesenvolvidas.

Tema 57. O crecemento económico (II). A teoría do crecemento de Harrold-Domar. A teoría neoclásica do crecemento.

Tema 58. Estructura económica de España (I). O sector FAO: perfil histórico da política agraria en España: a estructura agraria actual. Breve estudio dos subsectores do sector FAO.

Tema 59. Estructura económica de España (II). O sector industrial: etapas do proceso de industrialización español. O sector público industrial. Problemas actuais da política industrial.

Tema 60. Estructura económica de España (III). O sector industrial: o sector enerxético. As industrias extractivas. A siderurxia. A construcción naval. A industria da construcción e a política da vivenda.

Tema 61. Estructura económica de España (IV). Sistema financeiro. O Banco de España. Entidades

oficiais de crédito. A banca privada. As caixas de aforro.

Tema 62. Estructura económica de España (V). As entidades de seguros. Outros intermediarios financeiros. A bolsa.

Tema 63. As sociedades mercantís. Clasificación. Requisitos de constitución. Sociedade colectiva. Sociedade comanditaria por accións.

Tema 64. A sociedade de responsabilidade limitada.

Tema 65. A sociedade anónima (I). Réxime vixente no dereito español. Fundación. Os estatutos. O capital social e as reservas. A acción. A emisión de obrigacións.

Tema 66. A sociedade anónima (II). Órganos. Censura de contas. Impugnación dos acordos sociais. O peche do exercicio social. O balance. A conta de perdas e ganancias.

Tema 67. O proceso extintivo das sociedades mercantís. Transformación, fusión e escisión de sociedades; a súa disciplina na Lei de sociedades anónimas e de responsabilidade limitada.

Tema 68. A letra de cambio (I). Emisión e forma. O endoso da letra. A aceptación. O vencemento. O protesto. As accións cambiarias.

Tema 69. A letra de cambio (II). Pagamento da letra. A intervención. O aval. Prescrición. A obriga de pagamento.

Tema 70. O cheque. Os títulos nominativos e ó portador.

III. Materia de economía de empresa.

Tema 1. Economía da empresa: concepto, obxecto e contido. A empresa como realidade económica. Funcións e elementos da empresa.

Tema 2. Concepto e clases de empresas.

Tema 3. A empresa e o seu marco institucional. A empresa e o mercado: a actividade comercial na empresa e o sistema económico. O mercado e a competencia. A demanda.

Tema 4. O empresario: o seu concepto na economía moderna. Expectativas, estratexias e política. O contorno, límites e metas.

Tema 5. Os obxectivos da empresa. Sistemas de dirección e xestión.

Tema 6. As teorías e principios de organización. Principais modelos de organización.

Tema 7. A organización estructural. As relacións e as comunicacións. Os diferentes tipos de autoridade. A responsabilidade. As relacións na empresa.

Tema 8. Os traballos en grupo. As distintas clases de grupos. Vantaxes e inconvenientes.

Tema 9. A centralización ou descentralización da autoridade. Grao de descentralización. Campo. Vantaxes e inconvenientes.

Tema 10. A estructura de organización. Análise desta.

Tema 11. A planificación na empresa: o seu concepto. O papel da planificación. Establecemento de metas. A dimensión da planificación. O proceso de planificación.

Tema 12. As decisións na empresa e os sistemas de toma de decisións: concepto e clases. O proceso de toma de decisións.

Tema 13. A información no proceso de decisións.

Tema 14. O control da empresa: concepto. Elementos. O proceso de control. O control en directo.

Tema 15. Os principais sistemas de control. Enumeración, contido e alcance.

Tema 16. A integración da planificación e o control.

Tema 17. Política de persoal: planificación, selección, formación, promoción e retribución. Motivación.

Tema 18. A estructura económico-financeira da empresa. As fontes de financiamento da empresa. Equilibrio entre investimentos e financiamentos. O concepto de fondo de rotación.

Tema 19. O investimento na empresa: concepto. Clases de investimento.

Tema 20. Os métodos clásicos de valoración e selección de proxectos de investimento. O período de maduración: concepto e cálculo.

Tema 21. Selección de investimentos: método de valor capital. Método de taxa de retorno. Similitude entre ambos métodos. O problema das taxas de retorno múltiples.

Tema 22. As decisións de investimentos secuenciais. As árbores de decisión. A análise bayesiana.

Tema 23. O investimento en bens de equipo. Determinación da duración óptima. Decisións de renovación de equipos.

Tema 24. O investimento en efectivo. O saldo óptimo da tesourería. Determinación de activo circulante.

Tema 25. O financiamento interno ou autofinanciamento. A amortización: causas da depreciación. A función financeira das amortizacións.

Tema 26. Métodos de amortización. O efecto expansivo da amortización.

Tema 27. O autofinanciamento propiamente dito. O autofinanciamento no balance. O seu efecto multiplicador. Vantaxes e inconvenientes.

Tema 28. O custo do autofinanciamento para a empresa.

Tema 29. O financiamento da empresa (I). Mercado primario e secundario de valores. A emisión de valores. O dereito de subscrición. Valoración de accións e obrigacións.

Tema 30. O financiamento da empresa (II). O crédito a longo, medio e curto prazo. O endebedamento permanente.

Tema 31. O financiamento externo da empresa: contratos de leasing, factoring, renting. Outras formas de financiamento externo.

Tema 32. Financiamentos especiais de inmobilizado. O leasing, factoring, renting. Outras formas de financiamento externo.

Tema 33. O custo do capital (I). O custo efectivo dunha fonte de financiamento particular. O custo da débeda. O custo do capital ordinario.

Tema 34. O custo do capital (II). O custo das accións privilexiadas. Custo dos beneficios retidos. O custo do capital medio ponderado.

Tema 35. A estructura financeira óptima da empresa e política de dividendos. Endebedamento e rendibilidade financeira. A estructura financeira óptima. A tese de Modigliani-Miller e a tradicional. Política e dividendos e o valor das accións. O modelo de Gordon.

Tema 36. A valoración externa da empresa. Principios básicos. Valor matemático ou contable, valor de liquidación, valor de reposición, valor substancial, valor bolsista e valor de rendemento da empresa. O concepto de goodvill. Método para determina-lo valor global da empresa.

Tema 37. Teoría do beneficio contable (I). O beneficio da empresa. A relatividade de beneficio.

Tema 38. A información contable da empresa e a inflación. O problema. As solucións. A empresa española e a inflación.

Tema 39. A planificación financeira. Concepto. Modelos de planificación financeira. Modelo simplificado de planificación financeira. O modelo de Goran Erikson.

Tema 40. O sistema de producción: concepto e elementos. Clases de procesos. Obxectivos e decisións do sistema de producción.

Tema 41. Análise e deseño do sistema de producción. Distribución de servicios e manexo de materiais.

Tema 42. Os custos de producción: concepto e clasificación. Formación do custo.

Tema 43. O control de custos. As desviacións económicas e técnicas. A desviación total.

Tema 44. Principios e modelos de producción. Volume óptimo de producción a curto prazo. Modelo inicial de programación de producción.

Tema 45. A programación de sistemas de multiproducción. A programación lineal e o método de Simplex.

Tema 46. Planificación da producción. Análise de postoptimalidade ou de sensibilidade. Variacións nas limitacións do programa de producción. Variación na contribución dos procesos ós obxectivos da

empresa. Cambios nos procesos productivos. Dualidade e prezos implícitos.

Tema 47. Programación temporal de proxectos (I). Técnicas de programación temporal. Actividades de duración aleatoria. Programación de custos e aceleración temporal.

Tema 48. Control de inventarios: concepto e clases de inventarios. Custo dos inventarios. A administración de inventarios. Determinación de existencias óptimas. Cálculo de stock de seguridade.

Tema 49. A comercialización (marketing): concepto, funcións e sistemas de marketing. Técnicas e modelos principais.

Tema 50. Investigación de mercados. Mercado e contorno. Segmentación de mercados.

Tema 51. Técnicas de avaliación da demanda: análise estatística. Investigación mediante enquisa, experimentación, outras técnicas.

Tema 52. Análise económica do programa de marketing. Sensibilidade ó óptimo e ós parámetros da función da demanda. Regras de optimización ó prezo de venda. Función de resposta publicidade-vendas. Regras de optimización do orzamento de publicidade. Relación entre elasticidade-prezo, ingreso marxinal publicitario e orzamento de publicidade. Participación de elasticidades con demanda global non expansible.

Tema 53. Política de producto (I). O producto e os seus atributos. Identificación do producto. O ciclo de vida dun producto. Liña de productos.

Tema 54. Política de producto (II). Os novos productos. Busca, selección e análise de novos productos. Introducción e lanzamento de novos productos.

Tema 55. Política de prezos. Modelos para determinación de prezos. Variacións de prezos e os seus efectos.

Tema 56. A distribución do producto. Natureza e tipos de canles de distribución e intermediarios. Elección das canles de distribución. A distribución física. Campos de acción e compoñentes. Obxectivos. Principais alternativas.

Tema 57. A dimensión da empresa. Criterios delimitadores do tamaño. Factores relacionados coa dimensión óptima. Teorías sobre o tamaño da empresa baseados nas economías de escala. Dimensión e ocupación.

Tema 58. O crecemento da empresa. Estratexias de crecemento. Planificación. Adaptación organizativa ó obxectivo de crecemento.

Tema 59. As empresas multinacionais. Evolución e causas de aparición. Estructura. Características fundamentais da súa xestión.

Tema 60. A empresa pública. Concepto. Obxectivos da empresa pública. Efectos macroeconómicos. Características fundamentais da súa xestión.

Tema 61. O sistema de control da empresa pública. Crítica do sistema de control.

Tema 62. O financiamento da empresa pública. Metodoloxía. As fontes de financiamento externas. A estructura financeira.

Tema 63. As sociedades mercantís. Clasificación. Requisitos de constitución. Sociedade colectiva. Sociedade comanditaria por accións.

Tema 64. A sociedade de responsabilidade limitada.

Tema 65. A sociedade anónima (I). Réxime vixente no dereito español. Fundación. Os estatutos. O capital social e as reservas. A acción. A emisión de obrigacións.

Tema 66. As sociedades anónimas (II). Órganos. Censura de contas. Impugnación dos acordos sociais. O peche do exercicio social. O balance. A conta de perdas e ganancias.

Tema 67. O proceso extintivo das sociedades mercantís. Transformación, fusión e escisión de sociedades; a súa disciplina nas leis de sociedades anónimas e de responsabilidade limitada.

Tema 68. A letra de cambio (I). Constitución da obrigación cambiaria. O endoso da letra. A aceptación da letra. O aval. O vencemento.

Tema 69. A letra de cambio (II). O pagamento da letra. O protesto. As accións cambiarias. A intervención. Prescrición.

Tema 70. O cheque. Títulos ó portador e nominativos. A obriga de pagamento.

ANEXO II

Programa de contabilidade, matemáticas

financeiras e estatística

1. Contabilidade.

-Contabilidade financeira superior e de sociedades.

-Consolidación de balances.

2. Matemáticas financeiras.

-Capitalización simple e composta.

-Rendas constantes, variables e fraccionadas.

-Amortizacións de préstamos e empréstitos.

-Operacións con valores mobiliarios.

3. Estatística.

-Medidas de posición e dispersión: números índices.

ANEXO III

Parte 1ª. Dereito administrativo.

Tema 1. A Administración e o dereito administrativo. As fontes do dereito administrativo. A Constitución. A lei. Os decretos-leis. Os decretos lexislativos. As leis autonómicas. Os instrumentos lexislativos do artigo 150 da Constitución.

Tema 2. A potestade regulamentaria e os seus límites; en especial, a doctrina das materias reservadas á lei. O regulamento: concepto, natureza e clases. Os regulamentos ilegais: medios de reacción.

Tema 3. Os diversos entes públicos e a súa personificación. A Administración institucional. A Administración corporativa. A súa disciplina estatal e autonómica.

Tema 4. A Administración local. O municipio: organización e competencias xerais. As provincias: organización e competencias.

Tema 5. As potestades administrativas. O principio de legalidade. A autotutela administrativa e a súa regulación legal. En especial, a autotutela executiva: medios de execución forzosa dos actos administrativos.

Tema 6. O acto administrativo. Concepto. Elementos. Clases: en especial os actos presuntos e o silencio administrativo. Eficacia do acto administrativo.

Tema 7. A invalidez dos actos administrativos. Nulidade e anulabilidade: causas e efectos. As irregularidades non invalidantes. As técnicas de emenda. A revisión de oficio dos actos administrativos: supostos e procedemento. A revogación do acto administrativo.

Tema 8. A Lei de contratos das administracións públicas. Ámbito de aplicación. Requisitos para contratar coa Administración. Actuacións administrativas preparatorias. Procedemento e forma de adxudicación. Perfección dos contratos.

Tema 9. Execución dos contratos administrativos. Prerrogativas da Administración. Extinción dos contratos. Os contratos en particular: obras, subministracións, prestación de servicios á Administración.

Tema 10. O patrimonio da Xunta de Galicia. Normas xerais. Prerrogativas. Adquisición de bens e dereitos pola Xunta de Galicia. Normas esenciais sobre o seu tráfico xurídico. En especial, o dominio público da Xunta de Galicia.

Tema 11. A noción do servicio público. Os modos de xestión do servicio público.

Tema 12. A posición xurídica do administrado. As posicións activas: dereitos subxectivos e intereses lexítimos do administrado. As posicións desfavorables do administrado: cargas, deberes e suxeicións. En especial, as sancións administrativas.

Tema 13. A expropiación forzosa: regulación. Elementos. Procedemento; en especial a expropiación urxente. A reversión. Referencia ós procedementos especiais.

Tema 14. A responsabilidade patrimonial da administración. Fundamento. Orzamentos. Procedementos. Responsabilidade dos funcionarios e dos contratistas. A responsabilidade do Estado-lexislador.

Tema 15. O procedemento administrativo; regulación. Principios. Estructura. Terminación; as súas formas.

Tema 16. Os recursos administrativos.

Tema 17. A xurisdicción contencioso-administrativa: ámbito, órganos e competencias. As partes. O obxecto. O procedemento; recursos. Referencia ós procedementos especiais.

Tema 18. Os conflictos xurisdiccionais.

Tema 19. A organización da Administración do Estado. Órganos centrais. A Administración periférica do Estado. Referencia á Administración consultiva.

Parte 2ª.-Facenda pública.

Tema 20. Actividade económica e actividade financeira: concepto e características. Funcións da Facenda pública: asignación, distribución e estabilización. Instrumentos e medios. Coordenación das devanditas funcións.

Tema 21. O suxeito da actividade financeira. O sector público. Delimitación. Operacións que realiza. Índices para aprecia-la súa dimensión.

Tema 22. Teoría dos bens sociais: os bens sociais e os erros do mercado. Limitacións. Os bens case públicos. A elección colectiva: sistemas políticos de representación. Interese público e grupos sociais.

Tema 23. O orzamento (I): concepto e fins. Principios clásicos e crise. O orzamento agregado do sector público.

Tema 24. O orzamento (II). Estructura. As distintas técnicas orzamentarias: orzamento administrativo, funcional, de contas de renda nacional, de caixa, de execución PPBS, orzamento de base cero. Situación actual e perspectiva.

Tema 25. O gasto público. Concepto e clasificación. Estructura e crecemento. Límites do gasto público.

Tema 26. A teoría do gasto público. Criterios de elección social. A eficacia e a eficiencia no gasto público. A análise custo-beneficio.

Tema 27. Efectos económicos das diferentes clases de gasto público.

Tema 28. Os ingresos públicos. Concepto. A clasificación dos ingresos públicos. Os ingresos públicos de natureza contractual: clases e conceptos. Os ingresos públicos de carácter coactivo: concepto.

Tema 29. O imposto: concepto. Fundamento. Clasificación. Os efectos económicos da imposición. A percusión, traslación, incidencia e evasión impositiva. A difusión, a amortización e a remoción impositiva.

Tema 30. Os principios da imposición. Principios político-sociais. Principios político-económicos. Principios técnico-tributarios. Relación destes principios cos fins da Facenda pública. Esixencias impositivas derivadas dos principios impositivos.

Tema 31. O financiamento dos bens case públicos. Os impostos finalistas. Os prezos. Os ingresos administrativos.

Tema 32. O sistema da Seguridade Social e o seu financiamento.

Tema 33. O déficit público (I). Diversas acepcións do concepto. Causas do déficit público.

Tema 34. O déficit público (II). Efectos económicos. O financiamento do déficit público e os seus efectos.

Tema 35. A Facenda pública extraordinaria: concepto e fundamento. Ingresos públicos extraordinarios. A inflación como imposto. Teorías. Fundamento e efectos.

Tema 36. Concepcións sobre a débeda pública. Concepción clásica. Nova ortodoxia e revisión de Buchanan: a débeda pública como instrumento de estabilidade.

Tema 37. A política fiscal ó servicio dos fins de estabilidade e crecemento económico. Os estabilizadores fiscais automáticos discrecionais. A fórmula do orzamento con equilibrio anual.

Tema 38. A fórmula do superávit orzamentario do pleno emprego. Política monetaria versus política fiscal.

Parte 3ª.-Dereito financeiro e orzamentario.

Tema 39. O dereito financeiro: concepto, autonomía e contido. O dereito orzamentario: concepto e contido.

Tema 40. A Lei xeral orzamentaria: estructura e contido. O Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia: estructura. O contido da Facenda pública de Galicia.

Tema 41. O orzamento da Comunidade Autónoma. Contido e aprobación. Os créditos orzamentarios e as súas modificacións. Liquidación. Especialidades dos organismos autónomos e sociedades públicas.

Tema 42. O gasto público. O procedemento administrativo de execución do gasto público no Decreto lexislativo 1/1999. Axudas e subvencións públicas: disciplina autonómica.

Tema 43. A Tesourería da Comunidade Autónoma: concepto e funcións. Réxime xurídico do endebedamento do sector público e dos avais da Comunidade Autónoma. O Igape.

Tema 44. O dereito da contabilidade pública. O plan xeral da contabilidade pública. A conta xeral da Comunidade Autónoma. As contas económicas do sector público.

Tema 45. O control da actividade financeira (I). Concepto. Clases. Órganos que o realizan. O control externo. O Consello de Contas. O control parlamentario.

Tema 46. O control da actividade financeira (II). O control interno: a Intervención da Comunidade Autónoma de Galicia. Funcións. Organización. Formulación e tramitación de reparos.

Tema 47. O control financeiro; as auditorías. Réxime de responsabilidade na xestión financeira pública.

Tema 48. Ingresos orzamentarios. Créditos orzamentarios. Remanentes. Contraído, formalización, intervención. Devolucións de ingresos.

Parte 4ª.-Dereito tributario.

Tema 49. O dereito tributario: concepto e contido. As fontes do dereito tributario. Os principios do ordenamento tributario español.

Tema 50. A aplicación e a interpretación das normas tributarias. Ámbito temporal e ámbito espacial. A fraude de lei. A analoxía no dereito tributario.

Tema 51. Os tributos. Impostos, taxas e contribucións especiais. A relación xurídica-tributaria. O feito impoñible; supostos de non suxeición. O devengo. Exencións tributarias.

Tema 52. Base impoñible e base liquidable. Réximes de determinación ou estimación da base impoñible. Cota e débeda tributaria. Garantía do crédito tributario.

Tema 53. Os elementos persoais da débeda tributaria. Os suxeitos pasivos. Os responsables tributarios. O retedor. Capacidade, representación e domicilio.

Tema 54. A extinción da obrigación tributaria. O pagamento. A prescrición. Outras formas de extinción.

Tema 55. O procedemento de xestión tributaria. A declaración. As liquidacións tributarias. As autoliquidacións. A comprobación de valores. A consulta tributaria.

Tema 56. A recadación dos tributos. Órganos recadadores; en especial, a organización recadatoria da Xunta de Galicia. Procedemento. O convenio de recadación.

Tema 57. A inspección dos tributos. Órganos. Funcións. Facultades. O procedemento de inspección tributaria. A documentación das actuacións inspectoras.

Tema 58. Infraccións tributarias. Concepto e clases. Sancións tributarias. Delicto fiscal. Contrabando.

Tema 59. A revisión de actos en vía administrativa. Procedementos especiais de revisión. O recurso de reposición. O procedemento económico-administrativo: natureza e órganos de resolución. En especial, os órganos económico-administrativos da Xunta de Galicia.

Tema 60. O procedemento económico-administrativo: materias e actos impugnables. Extensión da revisión. Suspensión do acto impugnado. O procedemento en única ou primeira instancia. Os recursos.

Tema 61. O sistema tributario español. Imposición directa e indirecta: estructura e relacións. Harmornización fiscal comunitaria.

Tema 62. O imposto sobre a renda das persoas físicas (I): natureza, obxecto e ámbito de aplicación. O feito impoñible. Rendas exentas. Contribuíntes. Período impositivo, devengo do imposto e imputación temporal. Determinación da base impoñible. Ren

dementos do traballo, do capital e de actividades económicas.

Tema 63. O imposto sobre a renda das persoas físicas (II). Ganancias e perdas patrimoniais. Integración e compensación de rendas. Mínimo persoal e familiar. A cota íntegra e líquida da estatal. Base liquidable.

Tema 64. O imposto sobre a renda das persoas físicas (III). O gravame autonómico ou complementario. A cota diferencial. A tributación familiar. Réximes especiais. Xestión do imposto.

Tema 65. O imposto sobre a renda de non residentes: natureza, obxecto e ámbito de aplicación. Elementos persoais. Suxeición ó imposto. Rendas obtidas mediante establecemento permamente ou sen mediación de establecemento permamente: réximes respectivos. Gravame especial sobre inmobles de entidades non residentes.

Tema 66. O imposto sobre o patrimonio das persoas físicas. Natureza, obxecto e ámbito de aplicación. Feito impoñible. Suxeito pasivo. Exencións. Base impoñible e liquidable. A débeda tributaria. Xestión do imposto.

Tema 67. O imposto sobre sociedades (I). Feito impoñible. Suxeitos pasivos por obrigación persoal ou real de contribuír. Exencións. Período impositivo e devengo do imposto.

Tema 68. O imposto sobre sociedades (II). Base impoñible: correccións de valor; regras de valoración e imputación temporal. Débeda tributaria: tipos de gravame, cota íntegra, bonificacións, deduccións, retencións, devolucións e pagamentos á conta.

Tema 69. O imposto sobre sociedades (III). Réximes especiais. Xestión do imposto.

Tema 70. O imposto sobre sucesións e doazóns (I). Feito impoñible: presuncións. Suxeito pasivo e responsables. Base impoñible. Normas especiais sobre adquisicións mortis causa.

Tema 71. O imposto sobre sucesións e doazóns (II). Base impoñible (continuación): normas especiais sobre adquisicións gratuítas inter vivos e en materia de seguros. Comprobación de valores. A base liquidable. A tarifa. A débeda tributaria. Devengo e prescrición.

Tema 72. O imposto sobre sucesións e doazóns (III). Normas especiais sobre o dereito de usufructo, uso, habitación, substitucións, fideicomisos, reservas, partición e excesos de adxudicación, repudiación, renuncia e doazóns. Obrigas formais. Xestión do imposto.

Tema 73. O imposto sobre o valor engadido (I). Natureza e ámbito de aplicación. Feito impoñible. Breve referencia ás exencións. Lugar de realización do feito impoñible. Devengo do imposto. Base impoñible. Suxeitos pasivos e responsables.

Tema 74. O imposto sobre o valor engadido (II). Repercusión. A base impoñible. A débeda tributaria: tipos impositivos. Deduccións. Devolucións. Réximes especiais. Xestión.

Tema 75. O imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados (I). Natureza e contido. Ámbito de aplicación territorial. Transmisións patrimoniais: feito impoñible, suxeito pasivo, base impoñible e cota tributaria. Transmisións patrimoniais onerosas: feito impoñible, suxeito pasivo, base impoñible e débeda tributaria.

Tema 76. O imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados (II). Regras especiais sobre determinados bens e dereitos. Tributación das operacións societarias: feito impoñible, suxeito pasivo, base impoñible, débeda tributaria.

Tema 77. O imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados (III). Actos xurídicos documentados: principios xerais e tramitación dos documentos administrativos, mercantís e notariais. Disposicións comúns: beneficios fiscais, comprobación de valores, devengo, prescrición, obrigas formais, xestión e devolución.

Tema 78. Os impostos especiais. Os impostos especiais de fabricación. Disposicións comúns e principais normas reguladoras. O imposto especial sobre determinados medios de transporte. O imposto sobre as primas de seguros.

Tema 79. Os dereitos de aduanas. O arancel aduaneiro común. Os impostos aduaneiros. Os réximes aduaneiros económicos. Zonas francas e depósitos francos.

Tema 80. A tributación sobre o xogo: máquinas recreativas, casinos, bingos, rifas, tómbolas e combinacións aleatorias. Especial referencia á lexislación autonómica.

Tema 81. As taxas e prezos públicos. Lei de taxas e prezos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tema 82. O financiamento das comunidades autónomas (I): conceptos xerais. A LOFCA: estructura e contido. Recursos financeiros. Participación nos ingresos do Estado. Taxas. Os réximes especiais: País Vasco, Navarra. O réxime económico-fiscal de Canarias.

Tema 83. O financiamento das comunidades autónomas (II): a cesión de tributos: alcance das facultades cedidas, en especial a cesión parcial do IRPF. Capacidade normativa das comunidades autónomas en relación cos impostos cedidos. Recargas sobre impostos do Estado. Outros medios de financiamento. Tributos propios: imposto sobre a contaminación atmosférica. Canon de saneamento.

Tema 84. O sistema tributario local (I). A Lei reguladora das facendas locais. Estructura e contido. Os impostos municipais preceptivos: IBI, IAE e imposto sobre vehículos de motor.

Tema 85. O sistema tributario local (II). Os impostos potestativos. Outros recursos. Taxas e contribucións especiais. Recargas e participacións nos tributos do Estado.

Instruccións para o/a interesado/a.

-Instruccións xerais.

Escriba soamente á máquina ou con bolígrafo sobre superficie dura, empregando maiúsculas de tipo imprenta.

Asegúrese de que os datos resultan claramente lexibles.

Evite dobra-lo papel e realizar correccións, emendas ou riscaduras.

Non escriba nos espacios sombreados ou reservados.

Non esqueza asina-lo impreso.

Non esqueza achega-lo impreso de autoliquidación de taxas debidamente cuberto e selado pola entidade bancaria.

Non esqueza xuntar fotocopia do seu DNI ou documentación acreditativa segundo a base I.3.1 da convocatoria

Non esqueza xuntar copia cotexada da cualificación da minusvalidez, de se-lo caso.

-Instruccións particulares.

1. Corpo. Consigne o texto e o código correspondente segundo a táboa seguinte:

01. Grupo A. Corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala superior de finanzas.

02. Grupo B. Corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, escala técnica de finanzas.

2. Grupo. Sinale a letra do grupo correspondente.