Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 31 de xullo de 2000 Páx. 11.397

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 10 de xullo de 2000 pola que se conceden axudas para a realización de accións de integración laboral e estímulo da formación empresarial dos alumnos que rematan estudios de formación profesional regrada, de educación secundaria obrigatoria ou bacharelatos LOXSE no curso 1999-2000, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.

Por Orde do 30 de marzo de 2000 (DOG do 14 de abril) convocáronse axudas para a realización de actividades de formación empresarial dirixidas ós alumnos que rematan estudios de formación profesional regrada, de educación secundaria obrigatoria ou bacharelatos LOXSE.

Vista a proposta da comisión de selección prevista no artigo 8 da devandita orde,

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder, con cargo ó concepto orzamentario 07.04.322S.483.0 da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, as axudas que se relacionan no anexo I.

Segundo.-Denegar, polas causas que se indican, as solicitudes que se relacionan no anexo II.

Terceiro.-De conformidade co punto noveno da Orde do 30 de marzo de 2000 as axudas serán aboadas do seguinte xeito:

* O 10% da contía subvencionada logo da aceptación da devandita subvención, certificación do comezo da actividade por parte do director/a do centro onde se realiza esta, calendario das actividades e relación nominal e DNI dos asistentes e dos relatores.

* El 70% en concepto de pagamentos parciais.

* A cantidade restante librarase unha vez finalizada a actividade no momento da súa completa xustificación económica e entrega da súa memoria de actividades (en todo caso antes do 15 de setembro) xuntando certificación acerca da percepción ou non percepción doutras axudas e subvencións para a mesma finalidade subvencionada, para o efecto do disposto no artigo 6 da Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa (DOG do 31).

Cuarto.-Nas convocatorias públicas, publicidade e propaganda das accións que se desenvolven ó abeiro desta orde, así como os lugares nos que se realizan as referidas accións, deberá figurar que estas están cofinanciadas pola Xunta de Galicia, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o Fondo Social Europeo, ámbalas dúas institucións cos seus respectivos logotipos.

Quinto.-Contra esta orde os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante ó Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

EntidadesImporte

Federación de Cooperativas Sinerxia4.000.000 ptas.

APA colexio El Castro150.000 ptas.

APA do colexio San Miguel II (antes Nebrija)150.000 ptas.

APA do colexio San Miguel150.000 ptas.

Forem Galicia (Fundación Formación e Emprego)500.000 ptas.

APA do IFP Roberto Vidal1.000.000 ptas

APA Fraga de Novio350.000 ptas.

Asociación Formativa Rural Cabo-Estai1.350.000 ptas.

Asociación Cultural XERFA2.800.000 ptas.

Forum Galicia de estudios sociais1.200.000 ptas.

Asociación Cultural-Deportiva Lobeira600.000 ptas.

Fundación GALFOR12.000.000 ptas.

APA Xulián Magariños750.000 ptas.

Confederación de Empresarios de A Coruña2.200.000 ptas.

Fondo Formación5.000.000 ptas.

APA do I.F.P. de Viveiro1.000.000 ptas.

Asociación de Empresarios Iniciativas por Fene800.000 ptas.

Fundación Belarmino Fernández Iglesias200.000 ptas.

Federación Galega de Academias2.000.000 ptas.

APA Colexio Caixa Galicia350.000 ptas.

Fundación Mestre Mateo1.000.000 ptas.

Fundación Comarca de Ordes200.000 ptas.

Asociación Escola Familiar Agraria Piñeiral600.000 ptas.

Confederación Prov. de Empresarios de Pontevedra1.200.000 ptas.

U.C.E.T.A.G.1.600.000 ptas.

CIMO4.600.000 ptas.

APA do IESP de Curtis450.000 ptas.

APA A Salgueira650.000 ptas.

ANEXO II

EntidadesCausa denegación

Consello da Xuventude de GaliciaEntidade de dereito público

Confederación de Empresarios de GaliciaFóra de prazo

APA IFP Laxeiro de LalínFóra de prazo

APA do IES da Pobra do CaramiñalFóra de prazo