Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Venres, 28 de xullo de 2000 Páx. 11.388

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2000, da presidencia do organismo autónomo local Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra, pola que se anuncia a licitación para a contratación das obras incluídas no proxecto de reforma de instalacións, aseos e servicios no pavillón multiusos da Xunqueira.

1. Entidade adxudicadora: organismo autónomo local Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra, rúa J.M. Pintos s/n, 36071 Pontevedra.

a) Órgano de contratación: xunta rectora.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: execución das obras comprendidas no proxecto de referencia.

b) Prazo de execución: un mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Orzamento da licitación: 26.871.393 pesetas, incluídos todo xénero de gastos IVE e dirección técnica da obra.

5. Garantías.

a) Provisional: 537.428 pesetas.

b) Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Lugar: Pavillón Municipal de Deportes de Pontevedra. Rúa J.M. Pintos, s/n. Pontevedra 36005. Teléfono: 986 87 20 12. Fax: 986 87 20 12.

b) Data límite de obtención de documentos e información: trece (13) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: trece días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: cláusula 12ª do prego.

c) Lugar da presentación: rexistro do organismo autónomo Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra. En horario de 9 a 13 horas.

8. Apertura das ofertas: pola mesa de contratación, o día seguinte hábil ó da terminación do prazo sinalado para a presentación das ofertas. Se coincidise en sábado, a apertura realizarase ó día seguinte hábil, ás 11 horas, na sala de xuntas do concello.

9. Gastos: serán por conta do adxudicatario os gastos de publicación de anuncios e cantos outros se orixinen con motivo dos trámites preparatorios do contrato, así como todo tipo de tributos, incluído o imposto estatal sobre o valor engadido e o imposto municipal sobre actividades económicas.

Pontevedra, 14 de xullo de 2000.

Manuel Xesús Fontán Bouzas

Presidente

Adolfo Castro Pérez

Secretario