Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Venres, 28 de xullo de 2000 Páx. 11.388

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OUTES

EDICTO.

O Pleno do Concello, en sesión do 28-6-2000, adoptou o acordo de tomar coñecemento do documento do avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) deste concello, redactado por Estudio

Técnico Gallego, S.A., e abrir un período de información pública por prazo de dous meses, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia, e nun dos xornais de maior circulación da provincia, durante o cal (que comezará a partir do día seguinte ó da derradeira publicación) as entidades e os particulares poderán suxeri-lo que estimen oportuno e presentar propostas e convenios urbanísticos que estimen procedentes.

O que fai público para xeral coñecemento consonte co establecido no artigo 41 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Outes, 4 de xullo de 2000.

O alcalde

Rubricado