Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Venres, 28 de xullo de 2000 Páx. 11.374

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/146-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: avda. de arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C., R.B.T. Venezuela-Xubín.

Situación: Oleiros.

Descricións técnicas: liñas eléctricas subterráneas de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al. De 905 m de lonxitude, con orixe na liña SAD 709 Sada-Pezoca e final no C.T. avda. Venezuela, que se vai instalar. De 75 m de lonxitude, con orixe na liña SAD 709 Sada-Pezoca e final no C.T. Xubín, que se vai instalar. Centros de transformación, tipo caseta prefabricada formigón, de 400 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV na avda. de Venezuela e Xubín de Sada, dos que partirán redes de baixa tensión, desde o C.T.C. avda. Venezuela de 255 m, sobre apoios de formigón e conductor R.Z. e de 45 m subterránea en conductor R.V. e desde o C.T.C. Xubín, subterránea de 75 m en conductor R.V. que se conectarán a redes existentes. Oleiros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 26 de xuño de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña