Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Venres, 28 de xullo de 2000 Páx. 11.374

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/145-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: praza da Constitución, 17, 15000 Cee.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Almozara, Campelo e Loureiro.

Situación: Santa Comba.

Descricións técnicas: liñas eléctricas aéreas de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56. De 786 m de lonxitude, con orixe na liña Corveira-Pereira e final no C.T. Campelo que se vai instalar. De 254 m de lonxitude, con orixe na liña que alimentara o C.T. Campelo e final no C.T. Loureiro, que se vai instalar. De 17 m de lonxitude, con orixe na liña que alimentará a C.T. Campelo e final en C.T. Almozara, que se

vai instalar. Centros de transformación, tipo intemperie, de 100 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, de Campelo, Loureiro e Almozara, dos que parten redes de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z., de 515 m, 1.345 m e 615 m de lonxitude, respectivamente. Santa Comba.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 26 de xuño de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña