Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Xoves, 27 de xullo de 2000 Páx. 11.326

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a instalación eléctrica denominada: L.M.T. Canteras Casaio, no concello de Carballeda de Valdeorras. (Expediente IN407A 00/9-3 A.T.).

Unión Fenosa Distribución, S.A., con domicilio para efectos de notificacións na r/ Sáenz Díez nº 45, 32003-Ourense, solicitou desta delegación provincial a autorización administrativa e a declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

No expediente cumpríronse os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e nos capítulos III e IV do regulamento de aplicación da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación ó presente expediente segundo o establecido pola disposición transitoria 1ª da indicada Lei 54/1997.

Na fase de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

1. Félix Segovia Anaya, que se refiren á existencia de erro na titularidade de determinados predios, o que xa foi corrixido oportunamente, e solicita ampliación de datos relativos á afección da liña eletrica, datos que lle foron facilitados por esta delegación provincial e pola empresa beneficiaria.

2. Herminio Blanco Remesal, que actúa en nome de Pizarras Castrelos, S.A. alega que: a liña eléctrica da súa propiedade, afectada pola expropiación, é unha «liña directa» e que polo tanto, segundo o artigo 43 da Lei do sector eléctrico, a aquela non lle é de aplicación o procedemento expropiatorio previsto no seu título IX, que a liña será de utilización exclusiva do titular, non podéndose conceder acceso a terceiros agás por venda, cesión ou achega a unha empresa transportista ou distribuidora: ademais alega que os decretos 2617 e o 2619/1966 están derrogados expresamente pola Lei 40/1994.

Estas alegacións, á vista da contestación da propia empresa beneficiaria, desestímanse xa que a liña eléctrica en cuestión non foi autorizada coma tal «liña directa», das recollidas na citada Lei 54/1997 nin Pizarras Castrelos, S.A. ten, ó día de hoxe en función do consumo anual, a consideración de productor ou consumidor cualificado. Ademais a liña a construír L.M.T. Canteras Casaio é declarable de utilidade pública polas razóns que sinala o artigo 52 da mencionada lei, puntos 1º e 2º, en especial no presente caso as de eficiencia enerxética, tecnolóxica e ambiental.

Vista sobre o terreo a citada traza da liña eléctrica proxectada, obsérvase que nela non se dá ningunha das prohibicións ou limitacións ás que se refiren respectivamente os artigos 25 e 26 do citado Decreto 2619/1966.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio das competencias atribuídas polos decretos 2617 e 2619/1966

RESOLVO:

1) Autorizar a Unión Fenosa Distribución, S.A. o establecemento da instalación eléctrica que conta cos seguintes datos básicos para un orzamento de 16.272.827 ptas.:

L.M.T. aérea a 20 kV de 3.236 m en conductor LA-110, sobre apoios de formigón, derivada da liña ó C.T. de Casaio con remate no apoio nº 26.

2) Declara-la utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do sector eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios dos mesmos e zonas de servidume pública.

3) Que o representante da Administración, en cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, dea comezo ó levantamento das actas previas á ocupación, nos días e horas que a cada interesado se lle notifique individualmente, dos predios contidos na resolución desta delegación provincial do 2 de marzo de 2000, que se publicou no DOG do 10 de abril, no BOP de Ourense do 10 de abril e no xornal diario La Región do 1 de abril.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 26 de xuño de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense