Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Mércores, 26 de xullo de 2000 Páx. 11.277

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/62-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: S. Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Chao-Valdepereira.

Situación: Ribadavia.

Descricións técnicas: liña soterrada a 20 kV en conductor R.H.Z. 12/20 kV, de 745 m coa orixe no C.T. Chao e pasando polo C.T. fábrica Chao remata na L.M.T. aérea a Ribadavia. Reforma dos CC.TT. Chao e fábrica Chao. Rede de baixa tensión soterrada derivada co C.T. Chao.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 16 de xuño de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense