Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Mércores, 26 de xullo de 2000 Páx. 11.277

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/334-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. Arteixo, 171, 15009 A Coruña.

Denominación: R.B.T. Delicias-Porto Alto (Corrubedo).

Situación: Ribeira.

Descricións técnicas: redes eléctricas aéreas de baixa tensión a 380/220 V, sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. de 260 m de lonxitude, con orixe no C.T. Delicias (expediente 23489) e descorrendo polo lugar de Delicias-Porto Alto de Corrubedo. De 665 m de lonxitude, con orixe no C.T. Porto Alto e descorrendo polo lugar do mesmo nome. Ribeira.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución;

tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 16 de xuño de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña