Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Mércores, 26 de xullo de 2000 Páx. 11.276

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/49-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: variantes L.M.T.S. r/ Ramón de la Sagra.

Situación: A Coruña.

Descricións técnicas: recuamento L.M.T. subterránea e C.T. por aparcamento r/ Ramón de la Sagra, L.M.T. de 15/20 kV de 184 m de lonxitude en conductor R.H.V. 240 mm Al que proceden de la L.M.T. do CC.LL. San Cristovo e final na L.M.T. a C.T. Damas, a C.T. Mantelería e Linares Rivas. Reforma do C.T. Primo de Rivera e ampliación potencia a 630 kVA. A Coruña.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

A Coruña, 16 de xuño de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña