Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Mércores, 26 de xullo de 2000 Páx. 11.275

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/312-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Coto-Balvís-Neda.

Situación: Neda.

Descricións técnicas: L.M.T.S. a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 730 m de lonxitude, con orixe na liña de enlace C.T. Fervenzas con C.T. Neda (expte. 52403) e remate no C.T. centro de saúde, que se vai instalar. C.T. en caseta prefabricada de formigón, de 400 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV, en centro de saúde, do que parte rede subterránea de baixa tensión, en conductor R.V. de 30 m de lonxitude seguida de rede aérea, sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. de 2.352 m de lonxitude. Rede de baixa tensión desde C.T. Coto-Balvís, subterranea, en conductor R.V. de 30 m de lonxitude, seguida de rede aérea, sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. de 2.775 m de lonxitude. Neda.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 16 de xuño de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña