Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 24 de xullo de 2000 Páx. 11.242

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CASTRO DE REI

RECTIFICACIÓN de anuncio de contratación (obras números 0016 e 0017 do Plan provincial de cooperación /2000).

Remitido ó BOP de Lugo, un anuncio de rectificación do publicado número 137 do dito boletín, con data do 16 de junio de 2000, no que se suprime a esixencia de clasificación como requisito específico dos contratistas para concorrer á licitación das obras de pavimentación, beirarrúas e servicios en avenida de Outeiro de Rei, Castro de Ribeiras de Lea (obras nº 0016 do P.prov. de coop./2000, cun tipo de licitación de 4.000.000 de pesetas), e

de abastecemento de auga en Castro de Ribeiras de Lea. Rede de distribución e reforzamento da dotación ó parque empresarial (obra nº 0017 do dito Plan provincial, cun tipo de licitación de 14.840.000 pesetas). Ábrese de novo o prazo para a presentación de proposicións e documentación complementaria, durante 13 días naturais, contados desde o seguinte á publicación do último dos anuncios de rectificación no BOP de Lugo e no Diario Oficial de Galicia.

Castro de Rei, 26 de xuño de 2000.

Arturo Pereiro Vilariño

Alcalde