Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 24 de xullo de 2000 Páx. 11.242

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARRO

ANUNCIO de licitación.

O pleno do Concello de Barro en sesión que tivo lugar o día 25 de maio de 2000 aprobou o prego e o expediente para a contratación por concurso da asistencia técnica para a realización dos traballos de revisisón e actualización do inventario municipal de bens do Concello de Barro. Anúnciase a licitación coas características que se sinalan:

1. Obxecto do contrato.

a) Proxecto: asistencia técnica para realización dos traballos de revisión e actualización do inventario municipal de bens do Concello de Barro.

b) Orzamento de execución por contrata: 4.000.000 de pesetas.

2. Tramitación.

a) Sistema: concurso.

b) Procedemento: aberto.

c) Tramitación: ordinaria.

3. Prazo de execución: un ano.

4. Garantías.

a) Provisional: 80.000 ptas.

b) Definitiva: 4% do orzamento de licitación.

5. Proposicións e documentación.

a) Prazo: 15 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP ou DOG (última publicación).

b) Lugar de entrega: no rexistro xeral do concello.

c) Horario: de 9 a 15 horas os días laborables e de 9 a 14 horas os sábados.

6. Apertura de plicas.

a) Lugar e tipo: acto público no salón de sesións da casa do concello.

b) Data: o terceiro día hábil seguinte ó do remate de presentación de proposicións.

c) Hora: 13 horas.

7. Documentación: a sinalada na base 9ª do prego de condicións. Utilizaranse os modelos de proposición e de sobres que recolle o anexo do citado prego.

8. Clasificación do contratista: non se esixe.

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

10. Observacións: someterase a adxudicación á condición suspensiva de conformidade co artigo 70.4º da LCAP.

Barro, 22 de xuño de 2000.

José Antonio Landín Eirín

Alcalde