Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 21 de xullo de 2000 Páx. 11.185

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para a execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 135/2000).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, (BOE do 28 de novembro), e decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24 de outubro), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese a información pública a solicitude de Unión Fenosa Distribución, S.A. con domicilio na avenida de Arteixo, 171 da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e aprobación do proxecto de execución das instalacións de:

Liñas eléctricas aéreas de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e metálicos e con conductor LA-56:

-De 733 m de lonxitude, con orixe na liña de Liste e final no C.T.A. Castro, que se vai instalar.

-De 529 m de lonxitude, con orixe na liña de Raxide e final no C.T.A. Rebordelos, que se vai instalar.

Centros de transformación sobre apoios de formigón, de 100 kVA o de Castro e 50 kVA o de Rebor

delos e tensións de 20/0,380-0,220 kV, partindo redes de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 1.345 m de lonxitude o de Castro e 510 m de lonxitude o de Rebordelos. Coa finalidade de mellora-la seguridade e calidade da subministración da zona de Castro e Rebordelos, no termo municipal de Ordes (expediente 135/2000).

O que se fai público para coñecemento xeral, en especial dos propietarios e demais titulares afectados dos que se insire relación no anexo desta resolución, así como as persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos, para que poidan examina-lo expediente no que constan as características e afeccións derivadas do proxecto nesta Delegación Provincial, situada no edificio administrativo Monelos s/n, 15071 A Coruña, e presenta-las alegacións oportunas no prazo de 30 días, contados desde o seguinte á última publicación desta resolución.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resultaren os titulares dos predios propostos como descoñecidos ou cando se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 22 de xuño de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 135/2000Provincia: A Coruña.

L.M.T. ó C.T.A. do CastroTermo municipal: Ordes

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

20FormigueiroLabradíoJosé Casas Souto e

Estrella List Castro

Parada

15689 Ordes

C.T.A.180430

Expediente: 135/2000Provincia: A Coruña.

L.M.T. ó C.T.A. de RebordelosTermo municipal: Ordes

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

4Prado do MiñocoPradoEnrique Liste LouzaoValiño-Parada, s/n

15689 Ordes

1141410

Estrella Louzao del RíoValiño-Parada, s/n

15689 Ordes

José Liste LouzaoValldaura Passeig, polígono 6, casa 4, 178

08042

María Liste LouzaoTravesía de Vigo, 142, 8º A

36206 Vigo

Rufino Liste LouzaoRúa O Catasón-Sta. Cruz, 92

15173 Oleiros

Teresa Liste LouzaoC/ Barcelona, 32, 1º A

36203 Vigo