Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 21 de xullo de 2000 Páx. 11.184

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para a execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 134/2000).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, (BOE do 28 de novembro), e decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre instalacións

eléctricas (BOE do 24 de outubro), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese a información pública a solicitude de Unión Fenosa Distribución, S.A. con domicilio na avenida de Arteixo, 171 da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e aprobación do proxecto de execución das instalacións de:

Liña eléctrica de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 672 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 63 da liña A Lavacolla-Frades (expediente 30896) e final en C.T. Piñeiro-Enfesta, a instalar. Centro de transformación, sobre apoio de formigón, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, do que parte rede de baixa tensión en conductor R.Z. de 15 m e do C.T. Frades parte rede de baixa tensión en conductor R.Z. de 86 m de lonxitude que se conectan a instalacións existentes. Coa finalidade de mellora-la seguridade e calidade da subministración da zona de Enfesta e Carballal, no termo municipal de Santiago de Compostela. (Expediente 134/2000).

O que se fai público para coñecemento xeral, en especial dos propietarios e demais titulares afectados dos que se insire relación no anexo desta resolución, así como as persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos, para que poidan examina-lo expediente no que constan as características e afeccións derivadas do proxecto nesta Delegación Provincial, situada no edificio administrativo Monelos s/n, 15071 A Coruña, e presenta-las alegacións oportunas no prazo de 30 días, contados desde o seguinte á última publicación desta resolución.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resultaren os titulares dos predios propostos como descoñecidos ou cando se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 22 de xuño de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 134/2000Provincia: A Coruña

L.M.T., C.T., R.B.T. Piñeiro-EnfestaTermo municipal: Santiago de Compostela

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1Prado de GuntinPradoGenerosa Fontad CarbaleiraR/ Abaixo, 59, 2º D

Santiago de Compostela

œ-11455

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

2Prado de GuntinPradoEnrique Leboran RamosGunin-S. Cristovo-Enfesta, 3

15884 Santiago de Compostela

œ-1134266

3Prado de GuntinPradoMaría Ferreiro PortaLamas-S. Cristovo-Enfesta, 3

15884 Santiago de Compostela

27

4Prado de GuntinPradoEnrique Leboran RamosGunin-S. Cristovo-Enfesta, 3

15884 Santiago de Compostela

œ-211721.750

5Prado de GuntinPradoEmilio Diaz ToiranRaxeria San Marcos-estrda. Aeroporto

San Marcos

44430

6Prado de GuntinPradoJosé Villaverde MiguezGunin-S. Cristovo-Enfesta, 1

15884 Santiago de Compostela

œ-2132320

13O MuroLaborMaría Fernández TorresPiñeiro-Enfesta, 11-1588

15884 Santiago de Compostela

4286882