Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 20 de xullo de 2000 Páx. 11.130

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2000, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de recuperación do curso e marxes do río Eo, na Pontenova (Lugo) e promovido por Confederación Hidrográfica del Norte.

En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, de 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte días o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude:

RESOLVO:

1. Someter a información pública, o estudio de efectos ambientais do proxecto de recuperación do curso e marxes do río Eo no concello da Pontenova (Lugo).

2. Para os devanditos efectos informativos, porase á disposición dos administrados, exemplares nas seguintes dependencias:

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

* Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Lugo.

* Concello da Pontenova.

3. As alegacións formularanse durante o prazo de vinte días, contados a partir do seguinte día á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2000.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade

e Avaliación Ambiental