Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 20 de xullo de 2000 Páx. 11.130

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 21 de xuño de 2000, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do recurso de reposición do expediente sancionador C-379/1998.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285 do 27), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan a resolución dos recursos de reposición dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG do 27 de maio), de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Os ditos interesados dispoñen dun prazo de dous meses contados a partir do seguinte día ó da publicación desta cédula, para que poidan examina-los expedientes na Delegación Territorial da Coruña da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (Ramón y Cajal, 1-Casa do Mar, 5º andar-A Coruña) e presenta-lo recurso correspondente.

Nº de expediente: C-0379/1998.

Denunciado: Juan Manuel Lestón Fabeiro.

Domicilio: A Xesta, 57-Muros.

Precepto infrinxido: artigo 6, apartado 7º.

Sanción: vintecinco mil unha pesetas (25.001).

R. reposición interposto: 27-7-1999.

A Coruña, 21 de xuño de 2000.

María J. Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña