Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 20 de xullo de 2000 Páx. 11.124

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2000, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai público o cambio de titularidade da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada exclusivamente a feiras e mercados: F-2346; XG-221, de Loiba a diversas localidades.

O acordo directivo do 4 de xuño de 1997 autorizou a transmisión da concesión de referencia a favor de Manuel Francisco Rodríguez Vidal por cesión do seu anterior titular, Autos Eugenio Muíños, S.L.

O que se publica unha vez cumpridos os requisitos a que se condicionou a dita autorización, quedando subrogado o novo concesionario nos dereitos e obrigas da concesión.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2000.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes