Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 20 de xullo de 2000 Páx. 11.123

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 30 de xuño de 2000, da Dirección Xeral de Tributos, pola que se notifica resolución de tercería de dominio a María Peña Hernández.

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificado polo artigo 28 da Lei 66/1997, de medidas fiscais, administrativas e de orde social, relaciónase a tercería de dominio pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse ante o Servicio Central de Recadación da Dirección Xeral de Tributos da Consellería de Economía e Facenda, edificio administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó de vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2000.

María Casais Mira

Directora xeral de Tributos

ANEXO

Interesada: María Peña Hernández.

NIF: 35316528 M.

Tercería de dominio:

-Piso 1º A, edificio nº 3 e 5 da rúa Placer, de Vigo, superficie: 92,84 m, tomo: 831, folio: 121, predio: 64.038.

-Cinco enteiros con corenta e oito centésimas por cento do predio soto 3º máis profundo, que se concreta na praza de garaxe nº 48, tomo: 831, folio: 84, predio: 64.031.-Setenta e dúas centésimas por cento do predio soto 1º, que se concreta no rocho nº 36, tomo: 831, folio: 96, predio: 64.033.