Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 19 de xullo de 2000 Páx. 11.082

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2000 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público con tramitación urxente, do contrato de obra relativo á construcción dunha pista de atletismo, bancadas e vestiarios no concello de Cangas (Pontevedra) e tres máis.

A Secretaría Xeral para o Deporte, ultimados os trámites administrativos pertinentes, resolveu anuncia-lo procedemento de adxudicación dos contratos ó que se refire esta resolución e que posúe as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora: a Xunta de Galicia por medio da súa Secretaría Xeral para o Deporte.

2. Obxecto do contrato: construcción de pista de atletismo, bancadas e vestiarios, no concello de Cangas (Pontevedra).

a) Prazo de execución: vinte (20) meses.

b) Orzamento de execución por contrata: douscentos trinta e nove millóns catrocentas oitenta e sete mil duascentas trinta pesetas (239.487.230 ptas.).

c) Requisitos específicos do contratista: clasificación empresarial grupo C; subgrupo todos; categoría e.

d) Garantía provisional: non se esixe, ó abeiro do disposto no artigo 35.1º da Lei de contratos das administracións públicas.

3. Obxecto do contrato: construcción de piscina pública descuberta, no concello da Gudiña (Ourense).

a) Prazo de execución: sete (7) meses.

b) Orzamento de execución por contrata: sesenta e tres millóns trescentas corenta mil seiscentas oitenta e seis pesetas (63.340.686 ptas.).

c) Requisitos específicos do contratista: clasificación empresarial: grupo C; subgrupo todos; categoría d.

d) Garantía provisional: non se esixe, ó abeiro do disposto no artigo 35.1º da Lei de contratos das administracións públicas.

4. Obxecto do contrato: construcción de edificio de vestiarios na piscina descuberta, no concello de Baños de Molgas (Ourense).

a) Prazo de execución: tres (3) meses.

b) Orzamento de execución por contrata: trece millóns setecentas trinta e catro mil cincocentas oitenta e catro pesetas (13.734.584 ptas.).

c) Requisitos específicos do contratista: clasificación empresarial: non se esixe (artigo 25 da Lei de contratos das administracións públicas).

d) Garantía provisional: prestarase en calquera das formas admisibles, por importe do 2% do orzamento de licitación. Duascentas setenta e catro mil seiscentas noventa e dúas pesetas (274.692 ptas.).

5. Obxecto do contrato: acondicionamento da zona deportiva de Codeso, concello de Boqueixón (A Coruña).

a) Prazo de execución: catro (4) meses.

b) Orzamento de execución por contrata: once millóns de pesetas (11.000.000 de ptas.).

c) Requisitos específicos do contratista: clasificación empresarial: non se esixe (artigo 25 da Lei de contratos das administracións públicas).

d) Garantía provisional: prestarase en calquera das formas admisibles, por importe do 2% do orzamento de licitación. Duascentas vinte mil pesetas (220.000 ptas.).

6. Obtención de documentación e información: no Servicio de Contratación e Xestión Económica da Secretaría Xeral para o Deporte, (Estadio Multiusos de San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela. Teléfono 981 54 26 26. Fax 981 54 26 39).

As fotocopias dos pregos de cláusulas administrativas, prescricións técnicas e proxecto técnico poderán ser solicitados directamente en Xeneral Pardiñas, nº 2 de Santiago de Compostela. Teléfono 981 58 89 38.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite: ás 14 horas do décimo terceiro (13) día natural posterior ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

Os contratistas que se atopen inscritos no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma e así o fagan constar na carauta do sobre A (Documentación administrativa) quedarán exonerados de presenta-la documentación á que se refire o artigo 5 da Orde do 23 de outubro de 1995 (DOG do 10 de novembro), modificada pola Orde do 9 de decembro de 1996 (DOG do 23).

c) Lugar de presentación: o Rexistro de Documentos da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos. San Lázaro. 15890 Santiago de Compostela. Prescricións Fax: 981 54 26 39), ou no Xeral da Xunta de Galicia (edificios administrativos de San Caetano. Santiago de Compostela), ou de acordo cos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

d) Admisión de variantes: non se admiten variacións en canto ás solucións técnicas ou constructivas adoptadas no correspondente proxecto técnico. Son admisibles variantes que melloren a calidade dos materiais prescritos ou acorten o prazo de execución da obra, sen exceder do prazo mínimo consignado no punto 4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Apertura de ofertas: levarase a cabo ás 9.30 horas do quinto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas, que non sexa sábado, na sala de xuntas da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos, San Lázaro, 15890 Santiago de Compostela).

9. Gastos de anuncios: será por conta do adxudicatario o custo da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e, se é o caso, da inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2000.

P.D. (Orde 22-2-1999)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte