Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 19 de xullo de 2000 Páx. 11.081

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (646/1999-4).

Eu, Ángel-Javier Martín Sánchez, secretario xudicial do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña, fago saber:

Que en virtude do acordado na acta da vista oral de data do 23 de xuño de 2000, do procedemento abreviado número 646/1999-4, cítase a Genoveva-Carmen Ferreiro Pumariños, en virtude da seguinte:

«Cédula de citación.

En virtude do acordado por José Manuel Ramírez Sineiro, maxistrado-xuíz do Xulgado do Contencioso-Administrativo númer un da Coruña, en expediente que co número 646/1999-4 se segue neste xulgado por instancia do Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia, representado polo procurador Juan Lage Fernández Cervera contra a Consellería de

Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, pola presente:

Cítase a Genoveva-Carmen Ferreiro Pumariños, con domicilio en r/ Primavera nº 20-2º Lugo, co fin de que o próximo día vinteoito (28) de xullo do ano en que estamos ás 10.30 horas compareza ante este xulgado en calidade de codemandada para a celebración da vista oral do xuízo anteriormente indicado, baixo a advertencia de que de non comparecer nin alegar xusta causa, recaerá sobre ela o prexuízo que tivese lugar en dereito.

E para que conste e sirva de citación á persoa indicada, expido e asino o presente edicto na Coruña o nove de xuño de dous mil».

E para que sirva de citación á codemandada Genoveva-Carmen Ferreiro Pumariño, en paradoiro descoñecido, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Na Coruña, vinteseis de xuño de dous mil.

Ángel-Javier Martín Sánchez

Secretario